2013-2014
ÚLTIMA MISIÓN!!!!!!
GRAZAS CAPITÁN PLANETA POR ENCOMENDARNOS ESTA ÚLTIMA MISIÓN!!!!! PASÁMOLO EN GRANDE E DEIXAMOS A PRAIA MOI PERO QUE MOI LIMPA!!!!
- APIs de Blogue
AXUDANDO AO CAPITÁN PLANETA
HOXE 30 DE XUÑO, OS NEN@S DO CRA DE RIANXO FOMOS Á PRAIA DA TORRE (EN TARAGOÑA) PARA LEVAR A CABO UNHA IMPORTANTE MISIÓN ENCOMENDADA POLO NOSO AMIGO O CAPITÁN PLANETA.
A MISIÓN CONSISTÍA EN LIMPAR A PRAIA DO LIXO QUE ALGUNHA XENTE TIRA SEN IMPORTARLLE NADA. ASÍ QUE CON GUANTES E BOLSAS TOD@S XUNT@S NOS PUXEMOS MANS Á OBRA.
E AÍNDA QUE TRABALLAMOS MOOOOITO E RECOLLEMOS MOITAS BOLSAS DE LIXO...TAMÉN TIVEMOS TEMPO PARA DIVERTIRNOS E XOGAR A UNHA GRAN CANTIDADE DE XOGOS...
I
FOI UNHA MAÑÁ MOI DIVERTIDA , NA QUE TOD@S NOS CONCIENCIAMOS DA GRAN IMPORTANCIA QUE TEN O COIDADO E O RESPECTO POLA NATUREZA E OS ENTORNOS QUE NOS RODEAN.
GRAZAS CAPITÁN PLANETA !!
ESPERAMOS A TÚA PRÓXIMA MISIÓN !!
- APIs de Blogue
PEQUENOS XESTOS
AS VECES, TAMÉN ENTRE OS MÁIS PEQUENOS XURDEN "CONFLICTOS"
QUE OS PODEN FACER SUFRIR PERO, SÓ BASTA OLLAR ESTA FOTO
PARA VER UN XEITO SINXELO DE RESOLVELOS.
OGALLÁ OS ADULTOS SOUBERAMOS APRENDER DELES.
- APIs de Blogue
AXUDAMOS AO CAPITÁN PLANETA
FAI UNHOS DÍAS RECIBIMOS UNHA CARTA DO CAPITÁN PLANETA,
NA QUE NOS PEDÍA AXUDA PARA LIMPAR A PRAIA DA TORRE.
DESPOIS DE FACER A SEPARACIÓN DO LIXO DURANTE TODO
O CURSO FOI UNHA COUSA DOADA FACER A SELECCIÓN
DO RECOLLIDO ENTRE TODOS.
COS PLÁSTICOS, LATAS, BOTELLAS.....
FIXEMOS UN "ARREPIANTE MONSTRUO" ANTES DE
IR AOS CONTENEDORES.
ESPERAMOS QUE A XENTE QUE VAIA ESTE ANO
ATA ALÍ SEXA COIDADOSA E RESPETE O ENTORNO.
- APIs de Blogue
VISITA DOS NENOS DO CRA DE RIANXO AO CEIP CASTELAO
ONTE 29 DE MAIO, OS NENOS/AS DO CRA DE RIANXO FOMOS A VISITAR O COLEXIO CASTELAO, PARA ONDE IMOS IR O PRÓXIMO CURSO.
ALÍ, ADEMAIS DE COÑECER AS INSTALACIÓNS E COMPAÑEIROS/AS DO VINDEIRO CURSO, REALIZAMOS DISTINTAS ACTIVIDADES.
UNHA DELAS FOI A INVENCIÓN DUN FERMOSÍSIMO CONTO QUE REALIZAMOS ENTRE TODOS OS NENOS/AS DE 2º DE PRIMARIA E QUE QUEREMOS COMPARTIR CON TODOS VÓS.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!
UNHA BIBLIOTECA EN PERIGO
Nunha vila mariñeira chamada Rianxo, vivían tres pandillas de nenos/as: os Chupalibros, os Inventores de Palabras e os Libros Rotos.
Os Chupalibros adicábanse a levar moitos libros para a casa e alí manchalos de tinta, de zume, de leite, de sopa...
Os Inventores de Palabras non lían nin unha palabra ao dereito, nunca entendían nada do que aparecía nos libros...
Os Libros Rotos rompían tódolos libros que caían nas súas mans: libros de aventuras, poesías, comics... ás veces incluso utilizaban algunha tesoira.
A biblioteca da vila daba pena vela: os andeis estaban cheos de arañeiras, os libros rotos e cheos de manchóns, ulía fatal e, o máis importante, a penas tiña visitantes. Era unha biblioteca triste.
Un día de primavera chegou un grupo de artistas á vila, os Rescatalibros. Chamábanse: Borja, Brais, Daniel, Helena, Samuel, Aitana, Lucas, Maira, Xaquín e Samuel.
Na praza adicábanse a ler poesías, facían teatro, contaban fermosas historias, inventaban e escribían contos.
Os nenos e nenas na vila observaban coma os Rescatalibros disfrutaban coas historias, sorrían, divertíanse, emocionábanse e , sobre todo, observaban que eran felices.
Un neno da vila chamado Sergio tivo a gran idea de imitar o que facían aqueles artistas e, pouco a pouco, tódolos nenos e nenas empezaron a disfrutar coa poesía, co teatro e con todas as lecturas que caían nas súas mans.
Decidiron facer da biblioteca o lugar máis agradable da vila. Decoraron con murais as súas paredes, limparon as arañeiras, arranxaron os libros, expuxeron as súas propias poesías e contos,...
Un día de primavera os Rescatalibros desapareceron da vila. Todo o mundo se preguntaba a onde irían. Sergio sabía a resposta:
OS RESCATALIBROS VAN FACER FELICES A OUTROS NENOS/AS!!
FIN
Nenos e nenas de 2º do colexio Castelao e do CRA de Rianxo.
- APIs de Blogue
OS NOSOS AMIGOS OS GAITEIROS!!!
UN ANO MÁIS, POR SANTA RITA, OS NOSOS AMIGOS OS GAITEIROS
PARARON DIANTE DA NOSA ESCOLA PARA DELEITARNOS CUNHA PEQUENA ALBORADA!
E NÓS, AGRADECIDOS, BAILAMOS AO SEU SON E ADICAMOSLLE UN FORTE APLAUSO.
ATA O ANO POR ESTAS DATAS!!!
- APIs de Blogue
LIMPEZA NA PRAIA
O VENRES 30 A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DESPLAZARASE ATA A PRAIA DA TORRE (PRAIA DO SALGUEIRIÑO), EN TARAGOÑA, PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL
ver a nova na
SECCIÓN "EN BOAS MANS"
- APIs de Blogue
HIXIENE BUCODENTAL
A ANPA IRMÁNS ÍNSUA ORGANIZA UNHA SESIÓN DE EDUCACIÓN DA SAÚDE BUCODENTAL O VENRES 30 DE MAIO A PARTIR DAS 13:30 h NA ESCOLA DE CRUCEIRO
A SESIÓN ESTÁ DIRIXIDA A NENAS E NENOS DE 3 A 8 ANOS E SERÁ DESENVOLVIDA POR ESPECIALISTAS DA CLÍNICA DENTAL MARES
- APIs de Blogue
ABELLAS
ESTA É A NOSA NOVA AMIGA: A ABELLA MELÍFERA.
COÑECÍMOLA DURANTE A VISITA A APÍPOLIS, E DENDE AQUELA MOITO APRENDIMOS DELA ...
TEN 1 AGUILLÓN , 2 ANTENAS, 3 PARTES DIFRENCIADAS , 4 ÁS, 5 OLLOS, 6 PATAS ... CO SEU CORPO PRACTICAMOS MATEMÁTICAS!
AS COLONIAS DE ABELLAS ESTÁN FORMADAS POR UNHA SOA RAÍÑA, UNS POUCOS ABÁZCAROS E MULTITUDE DE ABELLAS OBREIRAS
AS OBREIRAS DESEMPEÑAN DISTINTOS TRABALLOS AO LONGO DA SÚA (CURTA) VIDA
AS OBREIRAS RECOLECTORAS REALIZAN DISTINTAS DANZAS PARA COMUNICARLLE ÁS SÚAS COMPAÑEIRAS ONDE PODEN ATOPAR POLE E NÉCTAR
DENDE QUE A RAÍÑA DEPOSITA O OVO, O CORPO DAS ABELLAS SOFRE UNHA TRANSFORMACIÓN QUE SE CHAMA METAMORFOSE
SOUBEMOS TAMÉN DA IMPORTANCIA DAS ABELLAS PARA A BIODIVERSIDADE ( A DIVERSIDADE DA VIDA)
PERO, O QUE MÁIS NOS GUSTOU APRENDER FOI QUE O MEL É MOI SABOROSO!
E COA LECTURA DUN LIBRO DA BIBLIOTECA DE DANIEL PLANTEXOUSENOS UNHA DÚBIDA:
CANTO MEL É QUEN DE ELABORAR UNHA ABELLA OBREIRA NA SÚA ETAPA DE RECOLECTORA? 7 GRAMOS? 70 GRAMOS? 7 QUILOS?
A RESPOSTA DO MEL
VÉDELA NO DEDO DE ABEL
aula de 5 e 4 anos
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »