2012-2013
GURCA, UNHA NENA DA PREHISTORIA
FAI UNS DÍAS A PROFE VIQUI FALOUNOS DUNHA HISTORIA "O CONTO DE ALTAMIRA"
NESE CONTO HAI UNHA NENA CHAMADA GURCA QUE VIVE NUNHA TRIBU AO LADO DUN RÍO
UN DÍA, POR CASUALIDADE, ATOPAN UNHA COVA, A COVA DE ALTAMIRA,
E NESTE LUGAR DECIDEN VIVIR CANDO CHEGUE O INVERNO.
...E DECÓRANNO ENTRE TODOS....GURCA VAI EXPLICÁNDONOS COMO FAN...
*****
PARA QUE SE QUEDE NA NOSA ESCOLA, FIXEMOS ENTRE TODOS A NOSA GURCA E
ELA, FARÁ CONNOSCO UN PERCORRIDO POLA PREHISTORIA.
DUNHA PEQUENA MALETA VERMELLA FOMOS SACANDO PEZAS, AO PRIMEIRO
NON SABÍAMOS MOI BEN QUE PODÍA SER.
LOGO, ENTRE TODOS, MONTAMOS Á NOSA AMIGA
SE QUEREDES VER COMO FIXEMOS, MIRADE...
- APIs de Blogue
BENVID@S!!!
Compartir un sorriso con tod@s (compañeir@s, metres e familias)
é a mellor forma que se nos ocorre para dar comezo a este novo curso.
Sen dúbida, o sorriso máis especial adicámosllo aos compañeir@s nov@s,
pois os inicios, por moi ben que se leven, sempre son momentos difíciles.
A todas e a todos:
BENVID@S!
- APIs de Blogue
LORENA, ADRIÁN E ALICIA VISITAN A NOSA ESCOLA
FAI UNS DÍAS, LORENA, ADRIÁN E ALICIA, ESTIVERON NA ESCOLA DE PAZO.
LORENA E ADRIÁN XA VIÑERAN UN DÍA O ANO PASADO. PARA ALICIA ERA A PRIMEIRA VEZ,
E PARECE QUE O PASOU BASTANTE BEN.
COMO LORENA XA É UNHA NENA MAIOR ESTIVO COS NOSOS COMPAÑEIROS/AS DE PRIMARIA.
ADRIÁN E ALICIA ESTIVERON CONNOSCO. MIRADE....
AH, O SEU PAI É O NOSO PROFE RUBÉN.
ATA CANDO QUEIRADES!
- APIs de Blogue
UN NOVO CURSO EN PAZO INFANTIL
COMEZA UN NOVO CURSO E NÓS FACÉMONOS MAIS MAIORES
E VEÑEN NOVOS COMPAÑEIROS/AS.....
AQUÍ ESTAMOS OS NENOS E NENAS DE PAZO INFANTIL
BO CURSO A TODOS/AS!
- APIs de Blogue
Inicíamonos na Prehistoria
HOXE HELENA CHEGOU A CLASE PREGUNTANDO CAL ERA O PRIMEIRO HOME OU MULLER QUE APARECERA NO MUNDO. COMO A RESPOSTA NON ERA DOADA DE ATOPAR, DECIDIMOS MERGULLARNOS NO PRIMEIRO MOMENTO DA HISTORIA NO QUE TEMOS CONSTANCIA DA VIDA DOS PRIMEIROS HOMES E MULLERES...
A PREHISTORIA
- APIs de Blogue
EXPOSICIÓN CADRO ARTÍSTICO AIRIÑOS
O profesorado do CRA realizou o martes 25 de setembro unha visita á exposición que o grupo de teatro "Airiños" instalou nas Escolas vellas de Asados .
Xesús Santos, actor da compañía teatral e ex-director da mesma, guiou o percorrido por 75 anos de historia dun grupo que foi quen de manterse en activo dende 1933.
- APIs de Blogue
CONCERTO DIDÁCTICO DE JAZZ
A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIANXO ESTÁ A OFERTAR UNS CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA ACERCAR O JAZZ ÓS CENTROS DE ENSINO DO CONCELLO.
O CRA DE RIANXO PARTICIPOU NA SESIÓN CELEBRADA O 17 DE SETEMBRO
Período de Adaptación Curso 2012-2013
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO NOVO ALUMNADO
Co fin de facilitar a incorporación do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) ou aquel que se incorpora por vez primeira ao colexio, levarase a cabo o período de adaptación do nen@ á escola, período que non se poderá prolongar con posterioridade ao día 21 de setembro do 2012.
NOME DOS NEN@S:
- LUCÍA BERMÚDEZ ALCALDE
MÉRCORES, 12 |
XOVES, 13 |
VENRES, 14 |
|
|
10:00 – 11:00 h |
09:00 – 10:00 h |
FESTIVO |
|
|
LUNS, 17 |
MARTES, 18 |
MÉRCORES, 19 |
XOVES, 2O |
VENRES, 21 |
09:00 – 11:00 h |
9:00 – 11:00 h |
9:00 – 12:00 h |
9:00 – 12:00 h |
Horario habitual 09:00 – 14:00 h |
(*) Horas de estancia no colexio.
Este horario é orientativo, e poderá sufrir modificacións en función do ritmo que determine o propio neno/a, aumentando ou disminuíndo as horas de estancia no colexio. Ao finalizar a primeira semana (neste caso o xoves 13 de setembro) confirmarase a pauta a seguir para a seguinte semana.
- APIs de Blogue
REUNIÓN INICIAL
O LUNS 10, ÁS 10:00, TERÁ LUGAR A REUNIÓN INICIAL COAS FAMILIAS
NA ESCOLA DE RAÑÓ. ESTADES TOD@S INVITADOS!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- seguinte ›
- última »