2012-2013
BICHOS
ESTE ANO, QUE APRENDEMOS QUE HAI QUE COIDAR A TODOS OS SERES VIVOS, QUIXEMOS FACER UNS BICHOS CON PINZAS PARA PODELOS COIDAR NA CASA ...
- APIs de Blogue
POLIDEPORTIVO
UNHA MAÑÁ NO POLIDEPORTIVO PARA PRACTICAR O DEPORTE E A AMIZADE
A ENERXÍA
QUIQUE CONVIDOUNOS A IR NOVAMENTE A AULA ACTIVA DO MAR.
DESTA VEZ APRENDEUNOS QUE COA FORZA DAS MAREAS PÓDESE PRODUCIR ENERXÍA. E, AMOSÁNDONOS UN LIBRO DOS BOLECHAS, DESCUBIUNOS MOITAS MÁIS COUSAS INTERESANTES SOBRE A ENERXÍA.
PERO O MÁIS IMPORTANTE DE TODO FOI ...
SABER QUE NÓS, NA ESCOLA E NA CASA, PODEMOS EVITAR QUE SE MALGASTE A ENERXÍA !!!
- APIs de Blogue
POLIDEPORTIVO
OS DÍAS 27, 28 E 29 DE NOVEMBRO AS AULAS DO CRA DESPLAZÁRONSE ATA O POLIDEPORTIVO DE RIANXO PARA REALIZAR DISTINTAS ACTIVIDADES MOTRICES.
PREVIAMENTE, NA "AULA ACTIVA DO MAR", OS NENOS E NENAS PUIDERON FAMILIARIZARSE CO MUNDO DA ENERXÍA E O AFORRO ENERXÉTICO.
ver
ALXIBES
A PROFE PAULA CONVIDOUNOS A POÑER A PROBA NA PIZARRA DIXITAL OS NOSOS COÑECEMENTOS SOBRE A CULTURA CASTREXA E A DESCUBRIR INFORMACIÓN DA QUE NON OÍRAMOS AÍNDA FALAR.
GRAZAS A ELA DESCUBRIMOS, POR EXEMPLO, QUE NOS CASTROS FACÍANSE ALXIBES: DEPÓSITOS TALLADOS NA ROCHA, AMPLOS PERO DE POUCA PROFUNDIDADE, PARA RECOLLER A AUGA DA CHUVIA PARA O SEU USO DIARIO.
ALXIBE DO CASTRO DE ELVIÑA
- APIs de Blogue
GALLAECIA PETREA
"GALLAECIA PETREA", "GALICIA DE PEDRA" . PAULA É QUEN DE ENTENDER A LÍNGUA QUE FALABAN OS ROMANOS...
A NOSA COMPAÑEIRA PAULA SABE LATÍN !!
- APIs de Blogue
IDADE DE FERRO
NA ESCOLA DESCUBRIMOS QUE OS CASTREXOS COÑECÍAN A METALURXIA E ERAN QUEN DE ELABORABAR ARMAS E DISTINTOS UTENSILIOS CON METAL FUNDIDO.
NA EXPOSICIÓN "GALLAECIA PETREA" SOUBEMOS QUE OS HISTORIADORES CHAMAN "IDADE DE FERRO" Á ÉPOCA NA QUE VIVIRON ESTES NOSOS ANTEPASADOS.
PUIDEMOS TAMÉN CONTEMPLAR ALGUNHAS MOSTRAS DA ARTE CASTREXA EN PEDRA...
E COÑECER A JORGE, UN AUTÉNTICO ARQUEÓLOGO !!
- APIs de Blogue
1ª SESIÓN DE POLIDEPORTIVO
COMO OUTROS ANOS, OS NENOS E NENAS DE PAZO ESTIVEMOS NA 1ª SESIÓN DE POLIDEPORTIVO
XUNTO COS NOSOS AMIGOS DE RAÑÓ E ABUÍN.
PASÁMOLO MOI BEN COAS ACTIVIDADES QUE TIÑA PROGRAMADAS O PROFE ÓSCAR.
- APIs de Blogue
VISITAMOS A AULA ACTIVA DO MAR
ESTE MÉRCORES VISITAMOS A AULA ACTIVA DO MAR,
E ASÍ DEIXAMOS A NOSA ESCOLA...DENTRO DO ARCO DA VELLA
ESTÁ BEN BONITA, OU NON?
XA NA AULA ACTIVA, QUIQUE E OS BOLECHAS FALÁRONNOS DA
IMPORTANCIA DO AFORRO DA ENERXÍA E COMO PODEMOS CONTRIBUIR A DIARIO
CON ACTUACIÓNS MOI SINXELAS: APAGANDO A LUZ CANDO NON A PRECISEMOS,
PECHANDO BEN AS PORTAS E VENTANAS PARA QUE NON ESCAPE O CALOR,
USANDO O TRANSPORTE PÚBLICO,...
- APIs de Blogue
A ESCOLA DE PAZO VISITA "GALLAECIA PETREA"
OS NENOS E NENAS DE PAZO VISITAMOS
A EXPOSICIÓN DE GALLAECIA PETREA, NA CIDADE DA CULTURA,
COA INTENCIÓN DE DESENTERRAR AS PEDRAS DO NOSO PASADO.
ESTIVEMOS ACOMPAÑADOS DOS NENOS E NENAS DE
TODAS AS ESCOLAS DO CRA DE RIANXO.
Mirade o resumo da nosa visita:
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- …
- seguinte ›
- última »