2012-2013

GALLAECIA PETREA

O XOVES 22 AS ESCOLAS DO CRA REALIZARON UNHA VISITA A EXPOSICIÓN "GALLAECIA PETREA", EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
A VISITA DIDÁCTICA PERMITIU REALIZAR UNHA VIAXE POLA HISTORIA DE GALICIA A TRAVÉS DA PEDRA E APORTOU MOTIVACIÓN E INFORMACIÓN Ó TRABALLO DE INVESTIGACIÓN DO NOSO PASADO QUE SE ESTÁ A DESENVOLVER NAS AULAS

ver

Escola de Pazo

Escola de Cruceiro:
Idade de Ferro   e    Gallaecia petrea

Escola de Capela

FROITA NA ESCOLA

O CRA de Rianxo, continuando co programa de Educación para a Saúde, pon en marcha nesta semana o "Plan de Consumo de froitas nas escolas" 

Tendas de alimentación cercanas ás escolas son as encargadas de subministrar a froita a consumir, co que participan activamente na campaña para promover o consumo destes alimentos e contribúen a promoción de hábitos saudables.

 O "Plan de Consumo de froitas nas escolas" desenvólvese coa axuda financieira da Comunidade Europea.

ver

Escola de Cruceiro

Escola de Pazo

ATENCIÓN EDUCATIVA

 

En atención educativa celebramos o magosto facendo moitas castañas coa profe Mª Carmen.


O CONVITE DE DANIEL

O VENRES 16 DE NOVEMBRO, ACEPTANDO O CONVITE DO NOSO AMIGO, FOMOS Á BIBLIOTECA DE DANIEL.

XOGOS, MÚSICA ,CONTOS, AGASALLOS E ATA UNHA VIAXE Ó TEMPO DOS CASTREXOS, ESTABAN A ESPERAR POR NÓS...

DESENTERRANDO O PASADO

O CRA DE RIANXO EDITA ESTE CURSO UN NOVO LIBRO WEB,
" DESENTERRANDO O PASADO "
ADICADO Ó COÑECEMENTO DA NOSA HISTORIA, DENDE A PREHISTORIA ATA O MEDIEVO, COA AXUDA DA ARQUEOLOXÍA E A MITOLOXÍA.

O LIBRO WEB IRASE ENCHENDO DE CONTIDO Ó LONGO DE TODO O CURSO COAS APORTACIÓNS DA COMUNIDADE ESCOLAR.

VISITAMOS A BIBLIOTECA DE DANIEL

 

 

AUNIA E TUNIA ESPÉRANNOS NA ENTRADA DA BIBLIOTECA.

SEGURO QUE TEÑEN PREPADADA UNHA SESIÓN MOI DIVERTIDA!!!

 

PAZO NA SESIÓN DE MÚSICA-1º TRIMESTRE

 

 

NESTA PRIMEIRA SESIÓN DE MÚSICA O PROFE RUBÉN

PROGRAMOU  UNHAS ACTIVIDADES MOI DIVERTIDAS.

MIRADE QUE BEN O PASAMOS!

TEMPO DE MAGOSTO

MOITAS GRAZAS TAMARA POLAS FOTOS TAN FERMOSAS QUE NOS SACACHES!


AS NOSAS GURQUIÑAS

HOXE, AO FINAL, LEVAMOS PARA A CASA AS NOSAS PEQUENAS GURCAS.

UNS EN FORMA DE BROCHE E OUTRAS DE PINZA PARA O PELO,

FIXÉMOLAS CON MOITAS GANAS E ILUSIÓN.

E AQUÍ AS TENDES PARA QUE AS VEXADES.


 

Así  foi a súa elaboración...


UN BONITO MAGOSTO EN OUTEIRO

 

MOITAS GRAZAS AMIGOS E AMIGAS DE OUTEIRO POR INVITARNOS AO MAGOSTO NA VOSA ESCOLA

MOITAS GRAZAS ÁS VOSAS FAMILIAS POR PREPARARNOS UNS DOCES TAN RICOS

E ESE CHOCOLATE QUENTIÑO,....

PASÁMOLO MOI BEN!

 

Distribuir contido