TARDES CON DANIEL

Este martes 31 de outubro, a Biblioteca de amigos e amigas de Daniel abre as súas portas para todos vos, dende as 16:00 ata as 18:00 h.As cinco a profe Tamara cóntanos "Corre corre cabaciña" Agardámosvos para pasar unha aterradora tarde de Samaín todos xuntos!

SAMAÍN 2017

O vindeiro martes 31 de outubro celebraremos o Samaín nas nosas escolas.

Tallaremos cabazas arrepiantes, daremos moitos sustos e nos deleitaremos con historias de medo.

E lembrade nesta noite máxica non abrades as portas a ninguén, que as almas en pena non vos leven familias!!

Programación Xeral Anual curso 2017-18

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL

O Consello Escolar na reunión de 25 de Outubro 

dou aprobación inicial a Programación Xeral Anual do C.R.A..

A P.X.A. está integrada por todos os documentos

que organizan a actividade do centro para o presente curso:

obxectivos, recursos, horarios, relacións coa contorna,

programcións de departamento etc.

Podedes consultar esta documentación no seguinte enlace

e se o desexades facer achegas ao correo

cra.rianxo@edu.xunta.es

PXA 17-18-AULA VIRTUAL

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

Este martes 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Nós celebrarémolo nas nosas bibliotecas de aula. Trala festa lectora ensinarémosvos todo o que fixemos nas aulas.

Feliz Día das Bibliotecas e felices lecturas!!

Lendo e explorando en Cruceiro

Tobías hoxe estivo na escola de Cruceiro que tamén se chama escola Rosalía de Castro. Dende as nove ata as  dez estivo na aula de Educación e Valores.

Logo estivo na aula dos maiores. Aquí deixo dúas fotos.

NA ESCOLA DE CRUCEIRO
Momento de lectura.
Seguindo a ruta da Balea Azul

TARDES CON DANIEL

Mañá martes 17 de outubro a Biblioteca de Daniel abre as súas portas para nos ofrecer unha tarde de ledicia entre libros, no seu horario habitual de 16:00-18:00h. O contacontos, que terá lugar como sempre ao redor das 17:00h, corre a cargo do profe Ana de Abuin que nos vai contar "A princesa do Caurel" (o profe Baltasar interpretará á princesa). Animádevos a participar

TARDES CON DANIEL

       O próximo martes 10 de outubro, a Biblioteca de Daniel volverá  a abrir as súas portas despois do descanso estival. Nestes inicios de curso o noso amigo Daniel dános a súa benvida e convídanos a pasar con el unhas divertidas tardes de martes na compaña dos libros. A vindeira semana recibiredes un tríptico informativo onde se recollen, entre outras cousas, todas as sesións para este primeiro trimestre, abriremos en horario de 16:00-18:00 h como ven sendo habitual, e ao redor das 17:00h teremos as sesións de contacontos. Este martes a profe Celia cóntanos El libro inquieto, así que xa sabedes, animádevos a participar. Vémonos o martes!

 

ASEMBLEA ANPA IRMÁNS ÍNSUA

A presidenta da ANPA Irmáns Insua do noso centro, convoca Asemblea Xeral:

- Martes 19 de setembro

- 18:30 horas

- Sede do C.R.A. en Atalaia - Asados

- Asuntos: Cambio entidade bancaria e outros

En Rianxo a 18 de setembro de 2017

Distribuir contido