ANIMAIS COMA OS DEMAIS

O VENRES 21 DE DECEMBRO O CRA DE RIANXO CELEBROU O FESTIVAL DE NADAL 2018, DESTA VEZ BAIXO O NOME DE
"ANIMAIS COMA @S DEMAIS".

" A ORQUESTRA DOS ANIMAIS", " O PITÑO ", " O APALPADOR ", " O ENTROIDO DOS ANIMAIS ", " A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER...", SON ALGUNHAS DAS ACTUACIÓNS DAS QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PUIDO GOZAR AO LONGO DA MAÑÁ.

OS DEREITOS DOS ANIMAIS

Declaración Universal dos Dereitos dos Animais,  redactada no ano 1978, establece os dereitos fundamentais que todos os animais, independentemente da súa especie, deben ter garantidos. Os 14 artículos que conforman esta Declaración Universal, poden sintetizarse en catro dereitos básicos: dereito á vida, á libertade, non ser sometidos a situacións que lles provoque dor, e non ser considerados como propiedade.

Cada 10 de decembro conmemórase o Día internacional dos dereitos dos animais co obxecto de divulgar e defender os seus dereitos.

O SEÑOR MAGO E A FOLLA

DANIEL CONVIDOU ÁS SÚAS AMIGAS E AMIGOS A PASAR A MAÑÁ DO DÍA 29 DE NOVEMBRO NA SÚA BIBLIOTECA.

OBRADOIROS DE PLÁSTICA, ACTIVIDADES MUSICAIS E CONTACONTOS XIRARON AO REDOR DA FERMOSA HISTORIA DE "O SEÑOR MAGO E A FOLLA". ESTE LIBRO E MÁIS  TOÑO NUÑEZ, O SEU AUTOR,  ASUMIRON O MANDADO DE DANIEL  DE  ENCHER DE POESÍA A SÚA BIBLIOTECA E NOSO CORAZÓN.

CONTRA AS VIOLENCIAS

 

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e convidou gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboación respecto á situación de violencia na que viven moitas mulleres, unha violencia estrutural e multidimensional (física, económica, psicolóxica ou sexual) e un fenómeno global desde o punto de vista territorial, social, económico e cultural.

https://ennegrocontraasviolencias.gal/novas/en-negro-contra-as-violencias-mais-alo-dos-escaparates

O CRA DE RIANXO PARTICIPA ACTIVAMENTE NA CAMPAÑA RIANXO EN NEGRO

MAGOSTO EN RAÑÓ

 FAMILIAS, ALUMNADO E PROFESORADO DA ESCOLA DE RAÑÓ FIXÉRONNOS CHEGAR O CONVITE PARA O MAGOSTO.

O VENRES 16 GOZAMOS DA MELLOR FESTA DO OUTONO!

MAGOSTO 2018

(Ilustración de Suso Cubeiro para O Señor Mago e a folla, de Toño Nuñez)

XA ESTAMOS NO TEMPO DAS FOLLAS SECAS E DAS CASTAÑAS!
PERO PARA CELEBRARMONOS O MAGOSTO PRECISAMOS DUNHA MAÑÁ SEN CHUVIA, PARA ENCHER O PATIO DA ESCOLA DE RAÑÓ COS NOSOS XOGOS E CANTOS.
TAN PRONTO SAIBAMOS QUE ESCAMPA POÑEREMOS DATA E HORA A NOSA PRIMEIRA GRANDE FESTA DO CURSO.
ATENTAS E ATENTOS!
 

DÍA DA BIBLIOTECA

HOXE É O DÍA DA BIBLIOTECA.

DANIEL TEN A SÚA AÍNDA EN OBRAS, PERO NON POR ISO HAS DE DEIXAR DE PODER FESTEXALO ! AS BIBLIOTECAS DE AULAS DO CRA E A BIBLIOTECA MUNICIPAL ESTÁN AGARDANDO POR TI , EN RIANXO COS CONTOS DE PABLÍSIMO A PARTIR DAS 18:30 HORAS !

 E XA QUE ES AMIGA E AMIGO DA BIBLIOTECA DE DANIEL, POR QUE NON APROVEITAS O DÍA PARA SELO TAMÉN DA BIBLIOTECA DO CONCELLO, A BIBLIOTECA CASTELAO? ANÍMATE, PIDE O TEU CARNÉ  E... FELIZ DÍA !

DANIEL ESTÁ DE VOLTA!

Benqueridos amig@s!

Despois dun longo verán estou de volta convosco! Que ledicia vervos a tod@s de novo nas escolas. Sei que moit@s de vós tedes ganas de vir á biblioteca, pero nestes momentos estámola arranxando, xa que de tanto disfrutala estaba xa moi velliña. Pero prométovos que cando a vexades de novo, pagará moito a pena a espera!
Polo momento, estou desexando que me presentedes a tod@s os vosos novos amig@s de 3 anos! E para iso déixovos aquí este bonito video sobre min e as cousas que fixen, para que me presentedes aos nov@s amig@s!
Benvid@s de novo e moitos moitos bibliobicos para tod@s!

Daniel.

 

Distribuir contido