Articles

Orientación - Sub Categories

UN DÍA MOI CHUVIOSO!

OS NEN@S DAS ESCOLAS DE CUVIDE, CRUCEIRO, OUTEIRO E CAPELA, FIXERON NO TALLER DE LINGUAXE UN OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTOS CO PROFE PABLO.

FIXERON ENTRE TOD@S UN CONTO CREANDO A HISTORIA, OS MURALES PARA ILUSTRAR O TEXTO, E POR SUPOSTO GRABARON AS SÚAS VOCES CONTANDO O SEU CONTO. 

EN CADA ESCOLA CREOUSE UN CONTIÑO DIFERENTE, ONDE CADA UN APORTOU O SEU GRAN DE AREA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS O DA ESCOLA DE CRUCEIRO.

APERTAS LINGÜÍSTICAS!

 

RECORDANDO A ROSALÍA DE CASTRO

CON TOBÍAS RECORDAMOS A FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO

NO DÍA DO SEU ANIVERSARIO, 24 DE FEBREIRO:

LEMOS E DECORAMOS ESTROFAS DE DOUS DOS SEUS POEMAS E DESPOIS...

...TOBÍAS GRABOUNOS RECITANDO:

" ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES

ADIOS REGATOS PEQUENOS..."

UN PASEO POLO BOSQUE.

OS NEN@S DAS ESCOLAS DE CUVIDE, CRUCEIRO, OUTEIRO E CAPELA, FIXERON NO TALLER DE LINGUAXE UN OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTOS CO PROFE PABLO.

FIXERON ENTRE TOD@S UN CONTO CREANDO A HISTORIA, OS MURALES PARA ILUSTRAR O TEXTO, E POR SUPOSTO GRABARON AS SÚAS VOCES CONTANDO O SEU CONTO. 

EN CADA ESCOLA CREOUSE UN CONTIÑO DIFERENTE, ONDE CADA UN APORTOU O SEU GRAN DE AREA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS O DA ESCOLA DE CUVIDE E EN CANTO POIDAMOS ENSINARÉMOSVOS OS DEMAIS!

APERTAS LINGÜÍSTICAS!

 

 

Paxaros

GAVOTA, GAVOTA,

QUE LEVAS NO PAPO?

SARDIÑAS ASADAS?

QUEN CHAS ASOU

MARÍA POUPOU

 

 

OBRADOIRO DA LINGUAXE

ESTE É  UN RESUMO DAS DIFERENTES SESIÓNS QUE TOBÍAS NOS PREPARA

DENTRO DO PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL.

A GALIÑA AZUL, A FORMIGA ESQUIADORA, ZICO, LEONCIO,...

SON MOITAS DAS PERSOAXES DOS CONTOS QUE XA COÑECEMOS!!!

 

A FORMIGA ESQUIADORA

XOGO INTRODUCTORIO
Clasificación de animales (Xogo de lóxica). Importante que os nenos e nenas verbalicen. Facemos un camiño seguindo un criterio, grande pequeño, os nenos e nenas deben verbalizar que animaliño é.

PRAXIAS:
Lembramos as praxias que aprendimos na sesión anterior: clac, clac, abrir e pechar a boca, botar a língua, limpar os beizos, limpar os dent, Apretar os beizos debaixo dos dentes, Lamber os beizos da arriba
Praxia nova: Xogar a botar a língua, aberta, acartuchada, realizar o movemento antes coa man

O PORQUIÑO E A FORMIGA ESQUIADORA
Despois de ler co conto e de durmir, a porquiña Quina, quedou a durmir. Pola mañán coas primeiras raiolas de sol ergueuse e achegouse á casa.
Onda a porta observou unha ringleira de formigas que saian por debaixo da porta todas cunha pedriña de azucre na boca.
Quina era moi observadora e estivoas mirando moito tempo.
Como eran tan pequeniñas colleu unha lupa e observounas con moito coidado e veu que unha formiguiña camiñaba fora da fila, camiñaba moi a modo e coxeaba algo.
Seguiu observando e descubriu que tiña unha pata rompida, por eso andaba tan amodiño.
A Quiniña pensou, “como o outro día nevou, o mellor andivo esquiando e partiu unha pata.
E por esto lle chamou a Formiga Esquiadora.


ACTIVIDADES:
Observamos cousas que son doces e cousas que non o son. Ficha da lupa (Dentro da lupa debuxamos a formiga esquiadora)

POESÍA FINAL.
Nome dos dedos: Este meniño, este seu sobriño, este o pai de todos, este o furabolos e este o mata-piollos

Lembramos:
A señora Pita
leva a súa rolada
como unha señora
moi señoreada

Caracol, col col
Caracol, caracoleiro:
¡Pon os teus cornos ao sol
xa que eres tan frioleiro!

O sol chámse Lourenzo
i é un señor moi finchado
que está no outo do ceo
todo o día relumbrando

NOVA.
Arre, ¡corre
Meu burro trotón
meu burriño manso
meu burriño bon.!

A HISTORIA DO PEIXE DA FONTE, AMIGO DE ZICO E DE LEONCIO

XOGO INTRODUCTORIO
Dominó de figuras incompletas.- Importante que os nenos e nenas verbalicen. Facemos un camiño seguindo un criterio, grande pequeño, os nenos e nenas deben verbalizar que animaliño é.
PRAXIAS:
Lembramos as praxias de ruidos do corpo, clac, coa língua, palmas,pitos cos dedos e tentamos introducir o asubío.
Praxia nova: Tentamos facer ritmos co corpo: clac – clac, pitos pitos, palmas, clac – clac, pitos pitos, asubío,
A HISTORIA DO PEIXE DA FONTE AMIGO DE ZICO E DE LEONCIO
Un día o burriño Zico foi beber á fonte que había onda a súa casa, e ao chegar cerca viu un peixiño morto. Asustouse moito.
Ah!, que lle pasou a este peixe??, como morreu?? QUE OS NENOS E NENAS REPITAN ESTA EXPRESIÓN.
Ah!, que lle pasou a este peixe?? como morreu??, variamos a expresión
Oh! Que lle pasou a este peixe,
Eh que lle pasou a este peixe,
Uih que lle pasou a este peixe
Ali cerca da fonte estaba Leoncio, que era amigo de Lorenzo. Leoncio sabía moitas historias. Era electricista e inventor. Inventou un idioma para falar cos paxaros, chamábase o idioma PAPA-PÍO, xogasmos coa palabra:
POPO PIO - PEPE PIO - PIPI PÍO - PUPU PÍO
Leoncio explicoulle: Pola mañán houbo moita, moita calor. Un paxariño quixo beber na fonte pero estaba tan canso e sedento que non daba chegado e case morria de sede. Entón o peixiño da fonte que o veu dou un brinco moi grande, saltou da fonte e púxose debaixo do peteiro do paxaro. Ao sentir o fresquiño, o paxaro reviviu, mollou o peteiro no corpo mollado do peixiño e voou ata a fonte.
O peixiño tentou vovler á fonte pero estaba tan fatigado e canso que pechou os ollos e finou.
ACTIVIDADES: Xogo das velas. Do bolso sacamos varias velas, velóns, observámolos, para que serven?, como se encenden??. Encendemos varios velóns e xogamos a apagalos soplando. Logo facemos o xogo de mover a lapiña da vela, soplando suave para movela pero sen apagala.
POESÍA FINAL
O gorrión é moi probiño
nunca sale de viaxe
¡ O gorrión é tan probiño
que tan soio ten un traxe

A HISTORIA DE LEONCIO E A BOMBA DA FELICIDADE

 

XOGO INTRODUCTORIO:  Xogo de figuras xeométicas co de distintas forma e cores, sobre un soporte vanse agrupando según o criterio acordado

PRAXIAS: Lembramos as praxias de ruidos do corpo, clac, coa língua, palmas,pitos cos dedos e tentamos xogar con pauciños postos nos beizos.

Praxia nova: Co pauciño nos beizos: subímolo, abaixámolo, movémolo hacia un lado, hacia o outro ...

A HISTORIA DE LEONCIO E A BOMBA DA FELICIDADE

Un día que estaba chuvioso e había frio, estaban na casa de Zico, a galiña Churra e a porquiña Quina. Estaban tristes e aburridos. Como estamos tristes?? (Poñemos caras tristes). Case non falaban, so se queixaban do tempo.Nun momento sentiron que viña do camiño ruido coma dunha moto, puxeron a man na orella para escoitar mellor, (facemos o aceno), e efectivamente, viña un ruido coma dunha moto (Brrrum, brrummmm …) Parou onda o portal (brrmmmm,... ) e sentiuse pitar (piiii – piiiiii). Era Leoncio que viña na moto, con casco e cunha zamarra, moi abrigado. Viña moi contento, (poñemos caras de contentos).- Bo día dixo Leoncio. Podemos repetir o saudo. - Bo día dixeron Zico, a galiña Churra e a porquiña Quina, podemos repetir. Leoncio era electricista e inventor e hoxe viña todo contento porque viña de inventar a bomba da felicidade.

Lemos o conto de Carlos Casares “A bomba da felicidade”

- A bomba da felicidade inventouna o Leoncio unha noite que durmíu nun portal pasando moito frío. Para botala teráse que subir nun paxaro e voar un quilómetro ceo arriba. Cando suba ben alto, tenlle que decir o paxaro en idioma "papapío": "Pas-pallis pío pío pían", que quere deir: "Prepárate que imos botar a bomba". Entón o paxaro respóndelle "Raspapín pau", que quere decir: "Estou preparado"

Cando diga esto, o Leoncio abre a mau dereita e deixa caer a bomba que é moi pequeniña. No pobo onde estoura, aparecen de repente vinte bandas de música tocando alboradas, pasodobles, muiñeiras e demáis. Chove roscós, rosquillas, e globos de cores. E por se fora pouco, o ceo ponse todo azul e o sol non queima. E a xente sinte unha grande  felicidade.

ACTIVIDADES: (Reflexionar sobre as emocións, "ser feliz")

Descubrir o obxecto do bolso, (figura africana dunha muller) ver fotografías de Africa. A figura representa unha figura feminina, unha muller, cunha xarra na cabeza, para transportar a auga, cun bebé nas costas atado cunha faixa, a muller está embarazada.Observamos a figura fixámonos nos detalles. Na figura a cabeza non ten forma, e un óvalo liso, faltan os ollos, o nariz ...Despois de observalo prlantexamos, Esta muller, mamá está feliz ?? porqué??

 

POESÍA FINAL

O muiño roula roula

o muiño é roulador

¡Volta as augas do regato

en marmurio cantador!

 

A porquiña Quina

 

PRAXIAS:

 

Clac, clac coa boca

 Clac, clac, clac

 Coordenar clac con palmas

 clac, palmas, clac, palmas, clac palmas

 Abrir a boca, pechar: Coordenar abrir a boca e pechar con abrir a pechar as dúas mans

Botar a língua, meter: Coordenamos con abrir e pechar unha man

Abrir os ollos, pechar: Coordenar coas dúas mans

Abrir os ollos, pechar: Coordenar coas dúas mans e con respirar

 

CONTO: A PORQUIÑA QUINA

A porquiña Quina anda polo camiño do regato.  Estivo toda a tarde a pasear e a comer.  Comeu mazás, peras, cenorias, tamén landras e castañas.  Pasou onda a casa do burriño Zico            .

 “Boa tarde Zico,”, lle dixo Quina.

 “Boa tarde Quina, vas xa para a casa?

 O burriño Zico estaba fora do cuberto, arranxando un cesto de vimbios

 “Estás a arranxar o cesto, Zico”

 “Hai Quiniña, faime falta para coller as uvas que xa están moi maduras”

 “ Pois Zico, anda con coidado cos vimbios e coas tesoiras, non te manques”

 “ Non me manco, Quina, non te preocupes”

 “ Bon adeus, amigo Zico, xa me vou, que é tarde”

 " Adeus, amiga Quina”, ata mañán”

Quina camiñou a modo ata a casa e entrou no cuberto, alí estaba a galiña Churra Churriña e os seus filliños

“ Boa noite Churra Churriña”

 “ Boa noite, amiga Quina”

“ Boa noite Piros Piriños”

“ Adeus Quina Quiniña”

 Antes de entrar na corte, limpou os pezuños e sacudiu as orellas. Tamén limpou o nariz, e o fuciño. Coa língua, lambiu os beizos. Coa língua tamén limpou os dentes: primeiro arriba, logo abaixo.

Ao final abriu a boca moito, moito e soplou, primeiro moi forte, logo suave, suave. Abriu a porta e con coidado entrou na corte. Colleu un libro moi gordo, gordísimo e leu un pouco. Afora fíxose de noite, todo se puxo escuro, viase algunha estrela e a lúa.

 Todo estaba en silencio, durmía a galiña Churra e os seus pitiños Piros Piriños, tamén durmían o burriño Zico, e tamén os paxaros. So de vez en cando se escoitaba a raposa chiar: Ahhhh, ahhhh!!!

 ACTIVIDADES:

 1.- Comentar a Historia:

 2.- Como se chaman? Da caixa sacamos varias cousas: Unha maza, … e preguntamos como se chaman?

 3.- Onde están? No conto lembramos onde estaban: Quina Quiniña, Zico Ziquiño, Churra Churriña e Piros Piriños e debuxamolos

FICHA

POESÍA FINAL

A señora Pita

leva a súa rolada

como unha señora

moi señoreada

 

Que aporta a investigación sobre o medio á formación dos alumnos e alumnas?

 

Na actualidade valórase que a calidade na educación vai unida á capacitación dos alumnos e alumnas para a resolución autónoma dos retos e opcións da  vida cotidiana. Por esto se dí  que os sistemas educativos deben facilitar nos alumos e alumnas "unha actitude aprendizaxe permanente ao longo da vida".

Estase a pasar dunha educación na que o principal eran os contidos, os coñecementos memorísticos moitos deles, e na cal correspondía ao mestre/a un protagonismo fundamental a unha educación na que os protagonistas principais son os alumnos e a finalidade principal da educación é a capacitación dos alumnos para coñecer de forma crítica. A LOE, no seu artigo 2. Fins da Educación, no punto K define como un fin da educación: A preparación  para o exercicio da cidadanía e para a participación activa na vida económica, social e cultural, con actitude crítica e responsable e con capacidade de adaptación ás situacións cambiantes da sociedade do coñecemento.

Podemos pois afirmar que por educar se entende sobre todo axudar aos alumnos e alumnas a actuar cada vez con máis autonomía, responsabilidade e sentido solidario, na sociedade e no mundo no que viven.

Non é concebible pois conseguir estes obxectivos educativos que procuran persoas capaces de exercer unha cidadanía responsable, cunha educación virada de costas á realidade e ao entorno no que viven os alumnos  e alumnas. Non se pode conseguir este obxectivo dende unha intervención educativa que ignore os valores, os logros  e os coñecementos dos entornos aos que pertencen os alummos e alumnas.

O estudio e a investigación do entorno aporta aos alumnos e alumnas:

  1. Coñecementos para actuar nel con autonomía e responsabilidade.
  2. Actitudes de compromiso para a mellora e transformación deses entornos
  3. Sentido de pertenza a colectivos que actúan e transforman o medio no que viven.