Taboleiro

CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL, 1º,2º E 3º DE PRIMARIA

O pasado 28 de Febreiro , os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º,2º e 3º de Primaria, gozaron dun contacontos a cargo da Editorial Xerais.

Iago  López dramatizou o seu conto "O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS". Velaí unhas imaxes...

 

 

 

ENCONTRO CON PAULA CARBALLEIRA

 

 

Paula Carballeira Cabana,naceu en Fene (A Coruña) o 7 de setembro de 1972-), é unha escritora, contacontos e actriz galega.

 

 

Resultado de imagen de PAULA CARBALLEIRAResultado de imagen de PAULA CARBALLEIRA

Reside en Santiago de Compostela (A Coruña) dende 1989, donde estudiou Filoloxía hispánica. Escribe relatos infantís e  juveniles, e pertence á compañía de teatro Berrobambán.

O pasado luns 11 de marzo achegouse ao noso centro para realizar unha sesión de contacontos para o alumnado de Educación Infantil e Primaria e aproveitou para presentar o seu libro "BRUXA E FAMILIA" , lectura coa que gozarán o alumnado de 3º e 4º de Primaria.

Esta actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co CLub de Lectura do centro.

Velaí unhas imaxes... 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Resultado de imagen de DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe día 8 de marzo celebramos o día da  Internacional da Muller cun contacontos de Lucía, alumna de 6º de Educación Primaria para todos os compañeir@s que a viñeron escoitar...

 

 

ENTROIDO 2019

 

O pasado venres 1 de marzo de 2019 celebramos o festival de Entroido no cole co desfile de comparsas e queima do boneco. Velaí unhas imaxes desa xornada tan vistosa , colorida e divertida...

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/2020

Resultado de imagen de admision de alumnado

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NOVO ABRANGUERÁ DENDE O DÍA 1 AO 20 DE MARZO, AMBOS INCLUSIVE.

 

 

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN PASAR POLA SECRETARÍA DO CENTRO.

Visita da TRADESCOLA ao noso cole

 

Resultado de imagen de tradescola

A

Tradescola,

proxecto

educativo

xestionado

pola

Asociación

de 

Gaiteiros

Galegos.

 

En Novembro de 2008, xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos,  botou a andar en Lugo a Tradescola, unha escola de música tradicional especializada cunha proposta educativa que busca a formación integral para todas e todos aqueles que queiran achegarse á música tradicional con diferentes obxectivos e pretensións, e que que lle permitirá ao alumnado adquirir unha formación integral na música e no baile tradicional.

O pasado venres día 22 de febreiro varios mestres da Tradescola de Lugo achegáronse ao noso centro, convidados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, para amosar ao alumnado de Educación Infantil e Primaria algúns dos instrumentos propios da terra e deleitarnos con varias pezas de música tradicional galega. Velaí unhas imaxes...

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O pasado mércores día 30 de xaneiro de 2019, celebramos no centro, o Día da Non Violencia e da Paz coa elaboración dun mural feito pola maior parte do alumnado e un acto simbólico no patio ás 12:30h, onde todo o alumnado e profesorado do centro participaron na interpretación da peza "Madre Tierra " de Chayanne.

Velaí unhas imaxes...

 

Aquí podedes ver o vídeo da interpretación da peza "Madre Tierra" de Chayanne"...

 

OS BOLECHAS E A RECICLAXE

Hoxe luns día 28 de xaneiro tivemos a visita dos Bolechas no cole, foi unha actividade moi agradable na que lles ensinaron aos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º  de Educación Primaria a importancia dos residuos RAEE( residuos de aparellos eléctricos e electrónicos).

Velaí unhas imaxes da actividade

FESTIVAL DE NADAL 2018

O pasado venres 21 de decembro, celebramos o Festival de Nadal no cole, coas actuacións dos diferentes grupos que nos agasallaron coa súa creatividade, ilusión e humor...

Velaí unha pequena mostra dese día...

 Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración e ás familias por acompañarnos neste día...

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS/AS AO CONSELLO ESCOLAR

Hoxe, luns 19 de novembro, reuniuse a XUNTA ELECTORAL que regula o proceso de renovación de membros ao Consello Escolar e proclamáronse os seguintes candidatos:

 

 

Candidaturas alumnado

 

Caldeiro Caloto, Paula

García López, Carla

Méndez Rodríguez , María

Rubianes Val, Andrea

Trabado Rivero, Nerea

                         

Candidaturas profesorado

 

Arias Couso, Julio Alberto

García Ouro, María Cristina

Hidalgo Cortijo, Raúl

Toirán Vázquez, Lois Manoel

 

Candidaturas pais, nais, titores-,as legais

 

Fraga González, María Candelaria

Vázquez Díaz, Ana

 

Resultado de imagen de votaciones

 

As votacións terán lugar o xoves 29 de novembro do seguinte xeito:

. de 12:45 h a 13:15 h votación alumnado

. de 15:00 h a 16:00 h votación pais/nais ou titores legais.

 

Powered by Drupal - Design by artinet