Visita da TRADESCOLA ao noso cole

 

Resultado de imagen de tradescola

A

Tradescola,

proxecto

educativo

xestionado

pola

Asociación

de 

Gaiteiros

Galegos.

 

En Novembro de 2008, xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos,  botou a andar en Lugo a Tradescola, unha escola de música tradicional especializada cunha proposta educativa que busca a formación integral para todas e todos aqueles que queiran achegarse á música tradicional con diferentes obxectivos e pretensións, e que que lle permitirá ao alumnado adquirir unha formación integral na música e no baile tradicional.

O pasado venres día 22 de febreiro varios mestres da Tradescola de Lugo achegáronse ao noso centro, convidados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, para amosar ao alumnado de Educación Infantil e Primaria algúns dos instrumentos propios da terra e deleitarnos con varias pezas de música tradicional galega. Velaí unhas imaxes...

 

Powered by Drupal - Design by artinet