Taboleiro

CURSO 2019/2020

 

Segundo a Orde 20 de xuño de 2019 que determina o Calendario Escolar na comunidade Autónoma de Galicia

INICIO DAS CLASES EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA: MÉRCORES 11 SETEMBRO

INICIO DAS CLASES ESO: LUNS 16 SETEMBRO

XORNADAS DA DIVERSIDADE

No pasado mes de xuño, tiveron lugar no CPI Luís Díaz Moreno, unhas xornadas da diversidade, organizadas polo Departamento de Orientación en colaboración con diferentes Asociacións de Lugo. Velaí unhas imaxes desas xornadas...

 

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS FONDO SOLIDARIO EDUCACIÓN SECUNDARIA 2019/2020

En arquivo adxunto publicamos as listaxes provisionais de admitidos en FONDO SOLIDARIO ESO curso 2019/2020. Non hai ningún alumno/a excluído.

COMEDOR ESCOLAR curso 2019/2020

 

 

Instrución 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e O.U., do 6 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2019-2020.

Prazo de presentación  para solicitar praza no comedor escolar: mes de xullo.

 

Infórmase tamén que se abre o proceso de selección de persoal colaborador de comedor para o vindeiro curso. Anotarse na Secretaría do Centro ata o 21 de decembro.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS/EXCLUÍDOS FONDO SOLIDARIO EDUCACIÓN PRIMARIA 2019/2020

Hoxe publícanse en arquivos adxuntos as listaxes definitivas de admitidos e excluídos de Fondo Solidario en Educación  Primaria.

 

Recollida de lotes os días 15, 16 e 17 de xullo en horario de10.30h a 13.30h

PLAN PROXECTA: PROXECTO RÍOS

 

 

Resultado de imagen de proxecto ríos

 

No seguinte vídeo podedes ver as actividades que se foron facendo ao longo do curso ao abeiro do Proxecto Ríos.

 

 

PROXECTO RÍOS

PROXECTO DEPORTIVO DO CENTRO

 

Comezou o Proxecto Deportivo de Centro co obxectivo de fomentar a práctica de actividade física entre o alumnado.

O proxecto garantirá que todas as actividades deportivas que realicen os alumnos/as teñan un carácter eminentemente educativo. Debemos aproveitar a actividade física, o deporte como un excelente medio para educar persoas.

OUTUBRO

A primeira actividade proposta é a dos recreos saudables, que se realiza xa dende comezos de outubro.

O material do que dispoñen nos períodos de lecer é o seguinte:

2 balóns de fútbol – 3 balóns de baloncesto – 2 pelotas de espuma – 5 aros – 6 cordas.

Con esta actividade conseguimos que o alumnado faga máis actividade física durante os tempos de lecer, que amosen máis interese polo exercicio, que se relacionen con todos os alumnos/as do centro…

Por outra banda, o centro busca mascota deportiva. O alumnado terá de ata o 5 de novembro para presentar as propostas. Unha vez rematado o prazo elixirase a mascota deportiva do centro premiando a orixinalidade e o emprego de materiais de refugallo.

O próxima mes chega a liga de baloncesto

 

Para dar a benvida ao proxecto deportivo unha das actividades propostas  para o mes de outubro foi a elaboración dunha “mascota deportiva de centro”.

O alumnado elaborounas na casa coa familia empregando materiais de refugallo. Puidemos ver nesta actividade ganas, traballo, ilusión, afán de superación, creatividade, orixinalidade…A verdade que os nosos alumno/as fixeron verdadeiras xenialidades . Foi realmente difícil a elección.

Comprobade vós mesmos no seguinte vídeo o traballo realizado polos nenos/as.

 

 

NOVEMBRO

 

Hoxe, 30 de novembro, finalizou a liga de baloncesto, que se disputou durante todo o mesno tempo de lecer da maña.

Tivemos 3 grupos: o alumnado de 1º e 2º os martes, os de 3º e 4º os mércores e 5º e 6º xogaron os xoves.

Os equipos son mixtos e mesturando alumnado de ambos cursos.

Deixámosvos un vídeo para que poidades observar como se desenvolveu esta iniciativa que foi de bo agrado para o alumnado; de aí a alta participación.

Continuando co proxecto deportivo, no mes de decembro, teremos as merendas saudables do 10 ao 14.

DECEMBRO

 

 

Ao longo desta semana, do 10 ao 14 de decembro, dentro do Proxecto Deportivo de Centro, realizamos un calendario de merendas durante o período de lecer.

O calendario que seguimos foi o seguinte:

- Luns:Froita

- Martes: Bocadillo ou sandwich

- Mércores: Lácteos ou derivados

- Xoves: Froita

- Venres: Libre

Con esta actividade tratamos de  concienciar ao alumnado da importancia dunha dieta suficiente e variada; que sexan conscientes de que alimentarse ben é fundamental para a práctica de actividade física, entre outras cousas.

 

XANEIRO E FEBREIRO

Durante os meses de xaneiro e febreiro xogamos unha liga de tenis de mesa no tempo de lecer dos martes, mércores e xoves.

É unha maneira de achegalos aos deportes de raqueta, unha nova posibilidade. Amosaron gañas de disfrutar, de compartir momentos lúdicos cos seus amigos/as, de esforzarse, de superarse

Xogamos en tres grupos:

- 1º e 2º: Pretendemos que se inicien, que coñezan o tenis de mesa, que disfruten xogando.

- 3ºe 4º: Buscamos que o pasen ben , que sexa un momento de divertimento.

- 5º e 6º: Incidindo un pouco máis nas regras, en algún aspecto técnico sinxelo.


MARZO

 

O 27 de marzo compartimos mestres e alumn@s, un almorzo saudable. É a comida máis importante do día xa que pasa un período bastante longo dende que inxerimos alimentos por última vez. Vainos permitir obter os nutrientes necesarios para afrontar todas as actividades que realizamos durante a mañá. Por tanto, debe ser un almorzo saudable, variado e equilibrado.

Nun almorzo saudable non pode faltar a froita (uvas, melón, fresas, kiwi), torrada con tomate e xamón, zume de laranxa, leite con cereais…

 

 

ABRIL

 

 

Do 8 ao 12 de abril programamos unha semana do deporte,  coa que buscamos fomentar no alumnado a práctica de actividade física.

O deporte é un medio moi apropiado para educar ás persoas, para inculcar valores coma o compañeirismo, o traballo en equipo, o respeto polo demais, acatar unhas normas. Fai que medre o noso afán de superación.

A semana comezou o luns cas miniolimpiadas, onde o atletismo se elixiu protagonista. O deporte rei combina habilidades que facemos de forma innata xa dende pequenos: correr, saltar e lanzar. Aporta un alto grado de coordinación. Fixemos salto de lonxitude, carreiras de valados, de velocidade…

O martes e o mércores montamos un pequeno circuíto de tráfico no pavillón, no que o alumnado se desprazou sobre rodas (patinete, patíns, bicicleta…). Buscamos fomentar o uso da bicicleta, de patíns...  medios de transporte sans, que son moi recomendables para os nosos nenos/as. Aproveitamos para traballar a educación viaria: coñecer sinais coma o stop, o ceda, dirección prohibida; así como cumprir o que nos ordenan os semáforos, respectar os pasos de peóns… Os maiores, cos seus carnés por puntos, concienciáronse da importancia de adquirir uns bos hábitos viarios.

O xoves continuamos coas miniolimpiadas.

No seguinte vídeo deixámosvos un resumo desta semana.

Tod@s quedamos moi satisfeitos con esta semana; foi unha experiencia positiva, enriquecedora, proveitosa. Foron momentos de moita unión, de ilusión, de divertimento.

LIGAZON AOS VIDEOS.

LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS/EXCLUÍDOS FONDO SOLIDARIO EDUCACIÓN PRIMARIA 2019/2020

Hoxe publícanse as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as no FONDO SOLIDARIO para Primaria no vindeiro curso.

 

Podedes consultar en arquivo adxunto.

 

 As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019/2020

 

 

En arquivo adxunto podedes consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2019/2020.

HORARIO MES DE XULLO 2019

Resultado de imagen de horarioO CENTRO PERMANECERÁ ABERTO ATA O DÍA 26 DE XULLO EN HORARIO DE 10:30 H A 13:30 H

 

Resultado de imagen de ENTREGA DE LIBROS

 

 

PARA A RECOLLIDA DE CHEQUES E LOTES DE LIBROS DE FONDO SOLIDARIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA SERÁ OS DÍAS 15-16 E 17 DE XULLO NO HORARIO ANTES CITADO.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet