Taboleiro

DÍA DA NON VIOLENCIA - 25 NOVEMBRO -

 

Resultado de imagen de 25 noviembre 2019 violencia de genero

 

 

O pasado luns 25 de novembro, o alumnado e profesorado do Cpi Luís Díaz Moreno, celebramos o día da NON VIOLENCIA cun acto moi emotivo no patio e unha exposición de fotos dando a cara en contra da violencia.

Velaí unhas imaxes...

Programa XOGADE - Badminton en San Román de Cervantes

Xogade

O pasado martes 19 de novembro, o alumnado de 5º de Educación Primaria xunto co mestre Lois Garrido de Educación Física, acudiu ao centro de San Román de Cervantes para desfrutar dunha competición de badminton en colaboraciópn con outros centros da montaña lucense ao abeiro do programa XOGADE.

Foi un pracer pasar esta xornada cos cativos/as e mestres/as  da contorna e agradecer ao centro de San Román a hospitalidade e agarimo co que nos acolleron.

O programa XOGADE combina o programa deportivo e competitivo (escolar e federado)  cun programa lúdico e participativo para os escolares dos centros educativos de toda Galicia. Este é o  camino que sigue la Secretaría Xeral paraol Deporte cara un deporte humanista, educativo e saudable.

Velaí unhas imaxes...

 

 

 

Magosto e Samaín

Resultado de imagen de samaínResultado de imagen de magosto

O pasado venres, 8 de novembro, celabramos o Magosto e Samaín no cole...

Velaí unhas imaxes da xornada...

 

Patios Divertidos

Os nenos e nenas do Cpi Luís Díaz Moreno, están de noraboa porque poden desfrutar no seu tempo de lecer dos xogos que se pintaron nos patios...

Botádelle un ollo haber que vos parece!!!

 

Galiña de Mos

O pasado mes de outubro e parte do mes de novembro, tivemos no cole unha incubadora con ovos de "galiña de Mos" e puidemos observar todo o proceso de incubación ata o nacemento dos pitiños.

Foi toda unha experiencia motivadora e interesante para todo o alumnado. O que moitos non saben é que os pitiños aínda seguen con nós!!!...

 

SAMAÍN

Recursos para celebrar o SAMAÍN...

 

 

 

 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO

 

 

Un ano máis o CPI Luís Díaz Moreno colabora coa Campaña Solidaria Mariola na campaña de recollida de roupa e calzado usado.

As familias que queiran colaborar teñen as bolsas na Secretaría do centro; o día de recollida remata o venres 4 de outubro

Grazas pola vosa colaboración.

BENVIDOS/AS AO CURSO 2019/2020

Resultado de imagen de BENVIDOS AO COLE

O CPI LUÍS DÍAZ MORENO DE BARALLA QUERE DAR A BENVIDA A TOD@S OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA. NOVOS PROXECTOS ENCHEN AS NOSAS CARPETAS E ILUSIÓN DE COMEZAR... IMOOOOOSSSSSSS.....

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO ESO 2019/2020

 

 

En arquivo adxunto, achégase listaxe de alumnado definitivo de FONDO SOLIDARIO ESO para o vindeiro curso.

 

Os lotes de libros e cheques de material, entregarásellle aos alumnos/as o primeiro día de clase, luns 16.

PECHADO POR VACACIÓNS

 

 

O CPI LUÍS DÍAZ MORENO PECHA POR VACACIÓNS ATA O VINDEIRO 2 DE SETEMBRO.

DESEXAMOS A TOD@S OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA UN BO VERÁN!!!...

Powered by Drupal - Design by artinet