Taboleiro

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019-2020

 

 

 Orde do 3 de maio de 2019 pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto( fondo solidario e libros de texto) e material escolar.

En arquivo adxunto podedes consultar toda a información .

LETRAS GALEGAS 2019

O pasado 16 de maio, celebramo no centro o Día das Letras Galegas cun festival moi entretido e animado; que comezou cunha lembranza do autor homenaxeado "Antón Fraguas"

Velaí unhas imaxes...

 

PLAN PROXECTA: ANDAINA POLA IGUALDADE

 

O CPI LUÍS DÍAZ MORENO, FINALIZA O PLAN PROXECTA CO QUE SE TRABALLOU AO LONGO DO CURSO COA TEMÁTICA DA IGUALDADE DE XÉNERO.

Unha andaina pola igualdade en Baralla da comezo aos actos finais de O Mundo que queremos

PARABÉNS A UN TRABALLO BEN FEITO...

 

 

 

Todo o alumnado do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla participou a mañá  do xoves día 9 nunha Andaina pola igualdade que saíu do centro educativo as 11h e que os levou  ao local sociocultural do Concello.

 

Alí  demos  a coñecer o traballo en prol da igualdade de xénero que levamos realizando durante todo o curso escolar no marco do proxecto de educación para a cidadanía global Cooperación Galega: O mundo que queremos.

 

Os asistentes  puideron ver unha exposición de bonecas de plastilina que representan a distintas mulleres,  léronse diferentes manifestos creados polas mozas e mozos de secundaria en contra do machismo  e escoitouse o programa de radio feminista feito polo alumnado.

 

Este encontro foi a última parada de O Mundo que Queremos, un proxecto no que o centro educativo de Baralla participou durante todo o curso con diversas visitas que lles axudaron a afondar en torno a desigualdade que sofren as mulleres en todo o mundo.  Con ferramentas como os xogos de rol, a radio, o teatro ou a visita de dous activistas LGTBI do Salvador,  os mozos e mozas reflexionaron sobre o machismo e construíron as súas propias mensaxes para combatelo.

 

O mundo que queremos, forma parte do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, e nesta sexta edición levouse a cabo grazas a unión de cinco ong´s: Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@s (Agareso), Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e o colectivo 100Tolas, que traballan conxuntamente para fomentar una xuventude máis critica, responsable e participativa.

 

 

Aquí podedes escoitar e descargar o programa de RADIO ESCOLAR FEMINISTA feito pola rapazada de secundaria de Baralla

 

 programa final baralla omqq.mp3

 

ENLACE DO VIDEO REALIZADO PLAN PROXECTA

https://drive.google.com/open?id=1uxlFFIUbwjLYFNeypXRAVhlhkLbgYcD0

MUSIQUEANDO 2019

O pasado xoves 11 de abril,organizado polo Departamento de Música (ESO)  os alumnos e alumnas do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla participaron xunto con alumnado dos Institutos de Rábade, Castro Riberas de Lea  e Lugo, na actividade MUSIQUEANDO coa interpretación de tres pezas na rúa.

A experiencia foi moi positiva á espera da seguinte edición.

Velaí unha imaxes...

 

 

 

 

Imaxe do xornal EL PROGRESO día 12 de abril de 2019.

 

 

 

Enlace :https://www.youtube.com/watch?v=ZDOl2P5-ROQ#action=share

 

ALMORZO SAUDABLE NO CPI LUÍS DÍAZ MORENO

O pasado mércores 27 de marzo, ao abeiro do PROXECTO DEPORTIVO DO CENTRO que coordina Julio Couso, mestre de Educación Física de Primaria; os nenos e nenas do Cpi Luís Díaz Moreno, degustaron un almorzo saudable.

Despois de comentar a importancia de almorzar ben e os produtos que debe conter un almorzo saudable, comezaron  a papar sen parar...

Dende a Dirección do Centro, agradécese o esforzo do persoal de cociña, á encargada de comedor a aos mestres e mestras que viñeron moi cedo a colaborar na preparación do almorzo.

Velaí unhas imaxes desa xornada...

PREMIO PARA O CPI LUÍS DÍAZ MORENO -formación docente en TDAH-

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, e o presidente da Fundación INGADA, Ángel Carracedo, asinaron o pasado venres,  a addenda para levar a cabo a sexta edición deste programa formativo para o vindeiro curso 2019/12, nun acto no que tamén se procedeu á entrega da V Beca INGADA-Fundación María José Jove, de recoñecemento ás boas prácticas educativas no ámbito do TDAH, que nesta edición recaeu en dous centros, o CEIP Fermín Bouza Brey (Ponteareas) e o CPI Luís Díaz Moreno (Baralla).

A conselleira expresou os seus parabéns aos responsables dos proxectos galardoados nesta edición, dos cales destacou a súa “alta calidade” e “profesionalidade”, así como aos finalistas, xa que todos eles -incluídos os participantes nas anteriores edicións- “promoven o desenvolvemento das potencialidades dos seus alumnos e alumnas que teñen que aprender  a convivir cun Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade”.

 

PARABÉNS PARA A NOSA COMPAÑEIRA MARÍA FERREIRO, POLO SEU TRABALLO DIARIO, ESFORZO , PACIENCIA E DEDICACIÓN E A TOD@S OS PROFESIONAIS DO CENTRO QUE PARTICIPARON NESTE PROXECTO. PARABÉNS...

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/2020

 

 

 

Resultado de imagen de niños al cole

Todas as familias que solicitaron praza para 4º de Educación Infantil (3 anos ) para o vindeiro curso 2019-2020 no CPI Luís Díaz Moreno de Baralla, teñen a praza concedida xa que houbo menos solicitudes que prazas.

VIII SEMANA DA AUGA E DA ÁRBORE

Hoxe venres, día 22 de marzo, celebramos o día da Árbore no cole coa plantación dun pé de bidueiro que nos enviou a Deputación de Lugo e unha faia coa que nos agasallou a Asociación A Porta dos Ancares de Baralla.

Todo o alumnado e profesorado de Educación Infantil e Primaria e profesorado, participou nesta actividade e por suposto o noso conserxe "Cachito". 

Velaí unhas imaxes...

 

REGUEIFANDO CON SARA MARCHENA

Sara Marchena

Sara MArchena

Graduada en Lingua e literatura galegas e estudante no Mestrado de Educación

A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso cunha orixe que, debido ao seu carácter basicamente oral, se perde na noite dos tempos. A súa referencia máis próxima a nós di que durante o banquete das vodas campesiñas era tradición que a parella ou a madriña d@s acabad@s de casar puxese a disposición d@s que non foran convidad@s á celebración un bolo de pan chamado “regueifa”. Ademais, a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía o honor de repartir a regueifa, molete ou biscachón entre @s presentes era retarse dialecticamente entre el@s, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares destes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade.

 

 

 
 
O pasado mércores 13 de marzo, estivo no cole Sara Marchena que nos aprendeu a regueifar e algúns segredos dos regueifeiros e regueifeiras.
Foi unha actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
 
Velaí unhas imaxes...
 
 
 
 
 
 
 
 

SEMANA DA PRENSA

Imagen relacionada

A semana pasada celebramos a Semana Da Prensa no cole, velaí unhas imaxes do alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria traballando e debatendo  sobre contidos da prensa.

Powered by Drupal - Design by artinet