Taboleiro

TAREFAS PARA REALIZAR NA CASA MATEMÁTICAS 1ºESO

 

Resultado de imagen de matematicas 1 eso

 

En arquivo adxunto quedan as tarefas de matemáticas para alumnado 1º ESO.

Coidádevos...

APRENDE CON CLAN

Bo día nenos e nenas e familias!!!!

Cómo levades o tempo??Ánimo que xa queda pouco e isto vai pasar!!

"El presidente del Gobierno, Pedro Sánchez, ha comunicado a los presidentes autonómicos, con los que se ha reunido hoy por videoconferencia, que el estado de alarma se alargará 15 días más. Será el Congreso quien tenga que aprobar en breve esta prórroga. Está previsto que el miércoles se debata en sede parlamentaria y, presumiblemente, se apruebe"

Para axudar ás familias na tarefas escolares neste tempo de quedar na casa, a televisión pública, através da súa canle CLAN, ofrece a partir de hoxe luns 23 de marzo, unha programación especial, botádelle un ollo!!

Resultado de imagen de http clan

 

RELIXIÓN EP

Resultado de imagen de relixión

 

 

Nos arquivos adxuntos podedes descargar o material para repasar os contidos de Relixión dados ata o de agora, van destinados para 3º, 4º , 5º e 6º de Primaria.

Coidádevos

AULAS GALEGAS ORG

 

Resultado de imagen de aulas galegas

 

En tempos de crise, as iniciativas solidarias son a mellor aprendizaxe dun mundo cheo de intereses que , neste momento, prioriza necesidades e tenta dar resposta a elas.

http://aulasgalegas.org/aulas-galegas-o-proxecto/

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.

 

Botádelle un ollo

##Quedanacasportieportod@s## 

 

 

 

QUE PODEMOS FACER MAIS

Resultado de imagen de informacion para alumnado y familias

 

Bos días;

 

Espero que todos esteades  ben e quero recordarvos que desafortunadamente NON estamos de vacacións. Estamos na casa para non estar infectados co coronavirus, un bichiño que chegou a todos os países para probarnos de moitas maneiras, unha das cales é a responsabilidade, ¡e nisto aos nenos e nenas de Baralla non nos gañan!

Tod@s sabedes o que necesitades repasar e revisar, hoxe poño novas páxinas a traballar, moitas delas son imprimibles, tamén debedes usar os cuadernos.

A editorial SM pon o seu proxecto MARS, que ten actividades para todos os cursos, gratis durante un mes. As páxinas de Academons, Smile and Learn y Smartick tamén. SMARTICK é especialmente para matemáticas.

A páxina  de mundoprimaria.com e a de edufichas.com tamén están completas.

Sodes vós e as  vosas familias quen  podedes elexir qué facer , aproveitade para practicar o esquecido e anotar todas as dubidas, ¡que as resolveremos á volta!

Quero recordar o número de teléfono do cole:

982 870071

Unha aperta para todos e todas

TAREFAS FRANCÉS PARA ESO

 

Resultado de imagen de frances

Nos seguintes arquivos adxuntos, deixámosvos as tarefas de francés para o alumnado de ESO.

NOVAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Resultado de imagen de departamento de orientación

 

  • PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN A BAC: INTERRÓMPESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

 

O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia a declaración do Estado de Alarma. Se algún alumno/a non tivera realizada a solicitude, poderá facelo unha vez se reinicie a actividade escolar.

 

No relativo ao proceso de admisión a Ciclos Formativos, lembrade que non son ata o mes de xuño.

 

 

 

  • TALLERES CRUZ VERMELLA o 18 de marzo: SUSPENDIDO

 

    • Alimentación saudable 1º /2º ESO

    • Educación sexual 3º/4º ESO

 

Unha vez se de por finalizado o Estado de Alarma, e de ser posible para o centro e a asociación, non se descarta acordar unha nova data para a realización dos talleres.

 

 

 

  • VISITA DE 4º ESO Á U.S.C. o 3 de Abril: MANTENSE ATA NOVO AVISO

 

Dado que a data da visita se sitúa fora do tempo decretado para o Estado de Alarma, e tras recibir confirmación da USC, a actividade mantense polo momento. Informarase no caso de producirse modificacións.

 

 

 

NOVAS DE INTERESE

Resultado de imagen de 1º educación primariaNo seguinte arquivo adxunto, podedes consultar algunhas novas de interese para o alumnado de 1º de Educación Primaria

CAMALEO e a corentena do COVID-19

BIBLIOTECA PLAMBE

Coma nós, Camaleo ten que quedar esta tempada na casa e non pode estar no seu recuncho preferido que, como xa sabedes, é a biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla.

Para que estes días sin vernos pasen o máis rápido posible, e para seguir aprendendo moitas cousas, desde o equipo da bibioteca do cole  irémosvos propoñendo distintos retos e actividades. Empezaremos hoxe, mércores 18 de marzo, e seguiremos diariamente desde o próximo 23 de marzo.

Invitámosvos a visitar os distintos apartados diferenciados en etapas educativas. Tamén temos un apartado para as familias! 
Non o perdas, pincha no seguinte enlace e comenza a aventura.

https://sites.google.com/view/camaleoquedanacasa/inicio 

 

 
 
 

 

TAREFAS PARA REALIZAR NA CASA

Resultado de imagen de sin clase covid 19

 

Cómo o levades? Por aquí por agora sobrevivimos!!! pero espera saber de qué lámpada nos imos colgar de aquí a uns días máis!!!  .. En fin... algún día poderemos rírnos xuntos de todo isto! 

Ánimo! Falamos!

Mentras o tempo pasa, o alumnado e profesorado debemos continuar traballando no proceso formativo e de aprendizaxe; de tal xeito, en arquivos adxuntos quedan as tarefas para realizar na sua casa para o alumnado de ESO, pois para Educación Infantil e Primaria estanse a usar outras vías de comunicación coas familias.

Para calquera dúbida, non dubidedes en contactar no teléfono 982870071 ou no correo cpi.diaz.moreno@edu.xunta.es

Powered by Drupal - Design by artinet