QUE PODEMOS FACER MAIS

Resultado de imagen de informacion para alumnado y familias

 

Bos días;

 

Espero que todos esteades  ben e quero recordarvos que desafortunadamente NON estamos de vacacións. Estamos na casa para non estar infectados co coronavirus, un bichiño que chegou a todos os países para probarnos de moitas maneiras, unha das cales é a responsabilidade, ¡e nisto aos nenos e nenas de Baralla non nos gañan!

Tod@s sabedes o que necesitades repasar e revisar, hoxe poño novas páxinas a traballar, moitas delas son imprimibles, tamén debedes usar os cuadernos.

A editorial SM pon o seu proxecto MARS, que ten actividades para todos os cursos, gratis durante un mes. As páxinas de Academons, Smile and Learn y Smartick tamén. SMARTICK é especialmente para matemáticas.

A páxina  de mundoprimaria.com e a de edufichas.com tamén están completas.

Sodes vós e as  vosas familias quen  podedes elexir qué facer , aproveitade para practicar o esquecido e anotar todas as dubidas, ¡que as resolveremos á volta!

Quero recordar o número de teléfono do cole:

982 870071

Unha aperta para todos e todas

Powered by Drupal - Design by artinet