Taboleiro

GALICIALE

 

 

 

GaliciaLeRede de Bibliotecas de Galicia

 

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

 

Non tés carné de biblioteca? Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.

 

MÁIS NOVAS DE INTERESE

A partir do vindeiro mércores 15 de abril  pola tarde, a través dos servizos do Concello de Baralla , farase chegar aos domicilios do alumnado do centro o seguinte material.

- libros e outro material escolar que os titores/as e especialistas consideran

- tres ordenadores con conexión a internet (que enviou a Consellería de Educación) e outros 13 portátiles para o alumnado que non dispón del no domicilio ( 11 portátiles que ofrece o Concello e 2 máis do centro).Ademáis o Concello de Baralla tentará dotar de internet a todo o alumnado que neste momento non ten, por un periodo de dous meses ata rematar o curso escolar. Moitas grazas ao Concello pola Colaboración nestes momentos tan difíciles!!

 

Unha vez teñamos as instruccións da Consellería, comunicaremos ao alumnado o xeito de proceder neste terceiro trimestre na casa. Trasmitimos tranquilidade ás familias e confianza para levar este periodo o mellor posible...

 

Ánimo que pronto nos volveremos ver!!!!

NOVAS DE INTERESE

 

 

 

Comunicado do 13 de abril de 2020, dirixido ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre

 
Lun, 13/04/2020 - 18:17

Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo,  unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.

NO CONCELLO IMPRIMEN POR NÓS

 

Imprimir en Excel de manera fácil y sencilla

O Concello de Baralla ofrece a posibilidade de imprimir as tarefas que o profesorado envíe ao alumnado e levalas  aos domicilios que correspondan!!

Moitísimas grazas ao Concello por esta iniciativa e por colaborar moi activamente co centro neste periodo difícil para tod@s...

O CPI DOA MÁSCARAS DE PROTECCIÓN COVID-19

 

 

 

O CPI Luís Díaz Moreno vén de entregar ao Concello de Baralla, un lote de máscaras de protección que foron elaboradas polo profesor de tecnoloxía do centro, Pablo Varela, con impresoras 3D,  moita paciencia e dedicación...

Queremos aportar con isto o noso gran de area para acabar con este virus que non vai poder con nós... e agradecemento do CPI a todas as persoas que están intentando que este periodo de confinamento sexa o máis levadeiro posible.

INICIATIVA DO CONCELLO DE BARALLA

 

 

Concello de Baralla

Grazas á iniciativa do Concello de Baralla, temos esta gran nova para todos:

-O concello ofrece a posibilidade de imprimir as tarefas que envíe o profesorado e levalas aos domicilios dos nenos/as afectados.

- Tamén apoian ao centro ofrecendo a posibilidade de aluguer de 10 portátiles a alumnado do centro que non dispoña de ordenador na casa.

 

Grazas pola colaboración e moita saúde

AXUDAS PARA O ALUMNADO ESO MATERIAL INFORMÁTICO

Equipo De Sombreado Azul Silueta De Dibujos Animados Ordenador ...

O Consello da Xunta acordou na súa última xuntanza poñer a disposición dun milleiro de familias con recursos limitados un ordenador portátil e unha conexión á rede (gratuíta grazas á colaboración dos operadores Orange, Vodafone e R), para facilitarlle a este alumnado o seguimento da actividade educativa. 

A medida está dirixida a alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional e as familias recibirán os equipos a través dos seus centros de ensino. 

Os criterios para o reparto deberán ter en conta a situación socioeconómica da familia, e as posibilidades de aproveitamento do alumno ou da alumna, con prioridade ao alumnado dos cursos de final de etapa que titulen (4º da ESO, 2º de BACH e 2º de FP) e a aquelas familias que non dispoñan nos seu fogares de ordenador nin de conexión a internet.

Cada centro terá dous ou tres portátiles como máximo para repartir entre o alumnado que se considera que cumpla os requisitos establecidos.

 

NOVIDADES 2ª AVALIACIÓN

Sesión avaliación

Seguindo as instrucións do 27 de marzo, sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:

1-Haberá informe de resultados da 2ª Avaliación ,na que ultilizaremos todo o material de seguimento e observación do alumnado ata o 12 de marzo.

2-A publicación das notas  da 2ª Avaliación será a través de Abalar móbil o venres 3 de abril  .Se non tedes a aplicación é moi sinxelo:

*Descargar a aplicación gratuita ABALAR Móbil

*Escribir o nº de teléfono

*Teclear o código recibido

*Introducir un contrasinal

 

3-O profesorado continuará enviando e planificando tarefas para o alumnado.

 

Queremos agradecer dende o CPI LUÍS DÍAZ MORENO ao alumnado,familias e profesorado o esforzo común por manter, na medida do posible, a actividade lectiva nesta situación tan excepcional.

                                 Moito ánimo e saúde para todas e todos!!

NOVAS DE INTERESE PARA AS FAMILIAS

 

 

Estimadas familias,

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  publica hoxe  día 30 de marzo no Diario Oficial de Galicia unha  Orde para destinar  axudas ás familias do alumnado de comedor que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador de 1 euro e que nestes  momentos que estamos a vivir polo estado de alerta derivado do COVID-19 non poden facer uso do mesmo.

 

Prazo de solicitude: de Luns 30 de marzo ata o Luns 6 de abril de 2020.

 

Non se atenderán solicitudes no centro educativo, debido ao actual estado de aislamento.

 

As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal; o formulario é o ED601B

 

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365.

 

De non poder facelo electrónicamente deberán achegar á conta de correo do centro cpi.diaz.moreno@edu.xunta.es (no asunto do correo escribide bolsas comedor) os datos seguintes:

 

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)

 

b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería (gratuidade total ou bonificado 1 euro)

 

c) Nome, apelidos e curso de todos os  fillos/fillas usuarios do comedor.

 

d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda e nome e apelidos do titular da conta.

 

Tamén podedes facelo chamando por teléfono ao 982 870071; prégase usalo en caso de que sexa o último recurso ao atoparse o equipo directivo saturado de tarefas.

 

As familias solicitantes recibirán a seguinte compensación:

 

  -Alumnado gratuíto: compensación de 2,50€ por día lectivo.

 

  -Alumnado  tarifa de 1€: compensción de 1,50€ por día lectivo.

 

Ánimo a todos/as!!!

 

Na seguinte ligazón pódese consultar a orde completa publicada no DOG:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30697

ABALAR MÓBIL PARA AS FAMILIAS

 

Como instlar Abalar Móbil

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarriemaza/system/files/APP%20ABALAR_COMPLETA.pdf

MOI IMPORTANTE PARA TODAS AS FAMILIAS: É FUNDAMENTAL QUE INSTALEN NOS SEUS TELÉFONOS E/OU ORDENADORES A APLICACIÓN ABALAR SEGUINDO AS INSTRUCCIÓNS QUE SE ACHEGAN NO ENLACE.

DENDE ESTA APLICACIÓN PODERÁN CONSULTAR AS NOTAS DA SEGUNDA AVALIACIÓN EN BREVE.

PARA CALQUERA DÚBIDA  PODEN POÑERSE EN CONTACTO CO CENTRO: cpi.diaz.moreno@edu.xunta.es ou no teléfono 982870071

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet