Taboleiro

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/2021

 

SAE crea el Plan COVID-19, un apoyo económico a la enseñanza en medios  creativos

En arquivo adxunto poden consultar o PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/2021 NO NOSO CENTRO.

CAMBIO DATAS INCORPORACIÓN ESO CURSO 2020/21

 

A Xunta e os centros de Secundaria consensúan o adiamento do inicio do curso aos días 23, 24 e 25 de setembro

Anunciouno hoxe o conselleiro, Román Rodríguez, logo de reunirse coa Xunta Autonómica de Directores e os xefes da Inspección educativa nas catro provincias

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889

 

INCORPORACIÓN:

  • Co novo calendario mantense a distribución por cursos no inicio escalonado.
  • Así, os alumnos de 1º e 2º da ESO,  que inicialmente comezarían as clases o vindeiro mércores 16, farano o mércores 23;
  • mentres que os de 3º da ESO que volvían ás aulas o xoves 17, regresarán finalmente o xoves 24.
  • Os estudantes de 4º da ESO, que comezarían as clases o venres 18, farano o venres 25.

GRAZAS

O Concello de Baralla, a ANPA e a Farmacia Vanesa Costa Madriñán donan ao CPI Luís Díaz Moreno un LOTE DE 400 mascarillas infantís e 140 envases de xel que se entregarán na vindeira semana ao alumnado .

 

Moitísimas grazas por colaborar con nós...

 

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020/2021

 

 

Calendario escolar - Educastur

 

Achégase en arquivo adxunto o calendario escolar  para o vindeiro curso.

FONDO SOLIDARIO ESO

En arquivo adxunto achéganse as listaxe definitivas de admitidos/as e excluídos/as de Fondo Solidario en Educación Secundaria curso 2020/2021.

Os lotes de libros e cheques de material, entregaranse ao alumnado o día da súa incorporación ao centro.

DECLARACIÓN RESPONSABLE FAMILIAS

 

MODELO DE AUTODECLARACIÓN RESPONSABLE COVID_19

En arquivo adxunto, queda o modelo que todas as familias de alumnado do centro deben cubrir , asinar e facer chegar aos titores/as o primeiro día de clase a través dos nenos/as.

 

 

LISTAXE DE MATERIAL PARA 1º, 2º ,3º E 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Listado Libros & Material Curso 2016/2017 | CEIP TINGUARO

EN ARQUIVOS ADXUNTOS QUEDAN AS LISTAXES DE MATERIAL DOS GRUPOS DE 1º, 2º, 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. 

 

LEMBRAR A NECESIDADE DE QUE O ALUMNADO ACUDA AO CENTRO CON MÁSCARA OBRIGATORIA A PARTIR DE 6 ANOS E OUTRA MÁSCARA DE REPOSTO CON ESTOXO PARA GARDALA. 

TQ MASCARILLA INFANTIL (5 uds) | TECNOL Urban

NORMAS COVID_19 CURSO 2020/2021

COVID-19:Los fallecidos suben a 641 en Galicia tras la muerte de una mujer  de 93 años – Galicia 24 Horas

Como ben sabedes o curso escolar 2020-21 preséntase como un curso ben diferente ao habitual debido ao contexto actual. A pandemia creada polo  COVID19 que se estendeu no noso país para partir do mes de marzo, afecta a todos os estamentos sociais de todos os países do mundo e evidentemente nós non somos unha excepción.

Partindo desta situación ben coñecida por todos, a Consellería de Sanidade e Educación elaboraron un estrito protocolo de funcionamento para os centros educativos que condicionará enormemente o desenvolvemento do presente curso (modificado parcialmente o pasado 31 de agosto). No CPI Luís Díaz Moreno  levamos traballando varias semanas na adaptación do centro para poder implantar o devandito protocolo da forma máis conveniente posible. O pasado martes constituíuse no noso centro educativo o “equipo  COVID”, encargado de coordinar e elaborar o noso “Plan de adaptación ao contexto  COVID” que conlevará moitos cambios no funcionamento ordinario do centro

O profesorado e persoal non docente do centro xa realizou as probas  COVID con resultado negativo para todos/as.  

Aos poucos irémosvos informando de todas as novidades que teremos no centro durante este curso que non son poucas nin fáciles, e que precisarán da colaboración e responsabilidade de toda a comunidade educativa.

Moito ánimo a todos, seguiremos informando.

EN ARQUIVO ADXUNTO QUEDA A CARTA PARA AS FAMILIAS DE ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA MOI IMPORTANTE CON NOVIDADES DE CARA AO NOVO CURSO E AUTOENQUISA COVID_19 PARA FACER NA CASA

COMEZA O CURSO!!!!

 
 
Comezamos un novo e extraño curso!
 
O inicio da actividade lectiva será, atendendo ás ordes da Consellería, de xeito escalonado. Así:
 
  • 10 de setembro: 4º de educación infantil (pendente período de adaptación) e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria.
  • 11 de setembro: 6º de infantil e 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • 16 de setembro:1º e 2º ESO
  • 17 de setembro: 3º ESO
  • 18 de setembro: 4º ESO

As familias non poden acceder ao centro para acompañar aos seus fillos/as na incorporación ao mesmo, agás para o alumnado de educación infantil que virá acompañado de un so proxenitor ata a cancela pequena.

PECHADO POR VACACIÓNS

Mascotilandia Vilaverde: ATA SETEMBRO

O CPI Luís Díaz Moreno pecha as portas por vacacións ata o vindeiro 1 de setembro. 

Moita saúde para tod@s e esperamos vervos pronto no cole...

Powered by Drupal - Design by artinet