Taboleiro

ENTREVISTA A ADRIANO - FÚTBOL GAÉLICO -

 Entrevistamos a Adriano - YouTube

 

ENTREVISTA  A  UN XOGADOR DE FÚTBOL GAÉLICO

 

Durante o mes de decembro, os alumnos/as de  4º, 5º e 6º de Educación Primaria do CPI Luís Díaz Moreno realizaron entrevistas a un xogador con experiencia neste deporte. Os días 3, 15 e 16 tiveron lugar ditos encontros virtuais cunha duración total aproximada de 3 horas (unha por cada un dos cursos).

A continuación, móstrase un  enlace para visionar o vídeo resumo do máis importante. Unha vez o vexades, podedes responder a cuestións como:

 

1     

Que alumno/a de 6º EP presenta a entrevista?

2.    Cal foi o primeiro equipo que se fundou en Galicia?

3.    Quen realiza a pregunta… “Por que é un deporte minoritario?”.

4.    Que é o que máis lle gusta a Adriano da cultura irlandesa?

5.    Que deportes nos di que se practican en Irlanda?

6.    Que compañeiro/a se interesa polo hurling?

7.    Que compañeiro/a realiza a pregunta…”Como vive a afección un partido?” De que curso é?

8.    Cantos mundiais xogou?

9.    Recoméndanos facer deporte? E probar a xogar ao Fútbol Gaélico?

10   Cantas camisetas nos ensina? De que equipos/seleccións son?

 

Os/as que queirades podedes enviar estas respostas a través da aula virtual na materia de Educación Física.

 

ENLACE para ver o video: https://www.youtube.com/watch?v=DBT4D3ZDr2U

 

O CPI LUÍS DÍAZ MORENO DESÉXAVOS UN BO NADAL

 

 

O CPI LUÍS DÍAZ MORENO QUERE DESEXAR A TODAS AS FAMILIAS UN BO NADAL E UN PRÓSPERO E MELLOR ANO NOVO!!

Na seguinte ligazón podedes visionar unha montaxe de felicitación que fixemos co cariño e esforzo de tod@s!!! Esperamos que vos guste

https://orecunchodecamaleo.blogspot.com/

RADIO NA ESCOLA

Radio Nogais FM - Inicio | Facebook

 

Este domingo vaise emitir o primeiro programa de radio que fixemos entre tod@s no colexio: PONTE NAS ONDAS.

Data e horario: domingo 20 de decembro ás 12.30 horas da mañá.Vai ser en RADIO NOGAIS. Estes son os lugares onde podedes escoitar o programa:

Este é o primeiro programa dos tres que se pretenden facer este curso. Estade atentos!!!!

BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS 1º TRIMESTRE

 

 

Ed. Primaria: Calendario entrega de boletines de notas finales - Colegio  Santa María del Carmen

 

O CPI Luís Díaz Moreno informa:

O vindeiro día 22 de decembro de 2020, publicaranse en ABALAR as cualificacións de cada alumno/a do centro. Non se enviarán os boletíns en papel.

 

POSTAIS DE NADAL

 

 

Este ano, no Cpi Luis Díaz Moreno,  imos celebrar un Nadal moi diferente dos anteriores, non haberá o tradicional Festival de Nadal, nin concurso de postais ... pero o espírito navideño segue con nós!!!

Por iso vos animamos a realizar a seguinte actividade cos vosos fillos e fillas , trátase de facer na casa unha postal de Nadal (deixando voar a vosa imaxinación), cada neno/a fará unha foto coa  súa postal e faránola chegar á seguinte dirección de correo:  orecunchodecamaleo@gmail.com

  • Data límite de entrega 15 de decembro.

Con todas as fotografías que nos enviedes,  realizaremos unha montaxe que se subirá á páxina web do centro para felicitar o Nadal a todas as familias.

Anímadevos a facelo!!! Camaleo espera as vosas fotos!!!!

INICIATIVA CONCELLO DE BARALLA

Concello de Baralla

 

 O  Concello de Baralla, en colaboración co CPI Luís Díaz Moreno, ofrece un servizo gratuito para todo o alumnado do centro que necesite axuda para instalar programas nos seus equipos informáticos de cara a un posible confinamento e ensino telemático.

Procedemento a seguir:

  • Chamar por teléfono a Raquel (profesora que imparte informática no centro) e solicitar cita previa para que os atenda.
  • Teléfono: 669349701.
  • A atención será no centro sociocultural.
  • Só se instalarán programas necesarios para o ensino telemático: Cisco-Webex, Audicity...

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller- 25 N -

 

 

STEC-IC - Propuestas didácticas para el 25 de noviembre, Día Internacional  para la Eliminación de la Violencia Contra las Mujeres

25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

 

Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género, no seu artigo 1.1 define a violencia de xénero como aquela que, “como manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, exércese sobre estas por parte de quen sexan ou foran o seus cónxuxes ou de quen estean ou estiveran ligados a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia” e “comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria da liberdade”.

 

Desde o CPI Luís Díaz Moreno queremos propoñervos unha serie de recursos para traballar esta conmemoración.

 

Dunha banda, ofrecemos  en arquivo adxunto, esta guía didáctica para traballar a eliminación da violencia contra a muller durante todo o mes de novembro.

 

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DE NENOS E NENAS

Actividades por el Día Internacional del Niño y sus derechos | Aula de  Prensa CEIP Guirao Gea (Vélez Rubio - Almería)

 

O 20 de novembro é un día importante para a infancia por varias razóns.Celébrase o Día Universal do Neno , dende 1954, pero ademáis é o Aniversario da Declaración Universal de Dereitos do Neno, que se produciu en 1959. E ese día en 1989 aprobouse a Convención  dos Dereitos do Neno, o  máis universal dos tratados internacionais.

Na seguintes ligazóns tedes máis información e tarefas para traballar nesta xornada

https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-universal-nino

https://www.guiainfantil.com/1491/dia-internacional-de-los-derechos-del-nino.html

 

AXUDAS PARA MERCAR MASCARILLAS

 

 

 

Mascarillas | Opinión | Chaime Marcuello Servós

 

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento
de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,
educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes
públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no
curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

Diario Oficial de Galicia nº 230, do
13.11.2020.

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.


b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

 

 

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial PREVIA SOLICITUDE DE CITA no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

PRAZO

10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galicia, é dicir,

 

do 16 ao 27 de novembro de 2020

 

SOLICITUDE

 

Descargar solicitude aquí:  

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisaacperal/system/files/Solicitude.pdf

LUNS 16 DE NOVEMBRO DE 2020 NON LECTIVO

 

DÍA NON LECTIVO | CEP Plurilingüe Santa Tegra

 

Comunícase a todas as familias de alumnado do CPI Luís Díaz Moreno, que o vindeiro LUNS 16 DE NOVEMBRO DE 2020 non haberá actividade lectiva ao ser un  dos días que o centro solicitou como non lectivo e veu aprobado pola Inspección educativa. 

Un saúdo 

A Dirección

Powered by Drupal - Design by artinet