Taboleiro

FESTIVAL DE ENTROIDO 2018

 

Resultado de imagen de entroido 2018

 

O vindeiro venres día 9 de febreiro de 2018, celebraremos o Festival de Entroido no colexio se a meteoroloxía o permite.

Animamos ás familias a que nos acompañen nesa xornada.

Poden consultar o programa en arquivo adxunto.

LECTURAS DIVERTIDAS

Na anterior semana , os alumnos e alumnas de 1º de  Educación Primaria contaron uns contos moi divertidos aos compañeiros/as de 2º e 4º de Educación Primaria ; actividade de animación á lectura proposta dende o equipo da biblioteca escolar e club de lectura. Velaí unhas imaxes...

 

30 de xaneiro, DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O pasado martes día 30 de xaneiro , celebramos no noso centro o dia da Non Violencia e da Paz, fixémolo desfrutando dunha obra de teatro a cargo dunha pequena agrupación teatral de Baralla e dun recital de poemas do alumnado de 4º de Educación Primaria que se fixo no patio do centro con todos os cursos de Educación Infantil e Primaria collidos da man.

O alumnado de ESO colaborou coa decoración do patio cuns poemas e mensaxes de Paz.

Velaí unhas imaxes desta xornada.

MURAL DA PAZ feito en colaboración de todo o alumnado do centro:

 

 

TEATRO: "O CAN DE PALLEIRO"

 

RECITAL DE POEMAS

 

FESTIVAL DE NADAL 2017

O PASADO 21 DE DECEMBRO DE 2017, CELEBRAMOS O TRADICIONAL FESTIVAL DE NADAL NO COLE, VELAÍ UNHA PEQUENA ESCOLMA DESA XORNADA...

DENDE A DIRECCIÓN DO CENTRO AGRADECEMOS ÁS FAMILIAS POR ACOMPAÑARNOS NESTE DÍA, A TODO O PROFESORADO DO CENTRO E AO PERSOAL NON DOCENTE QUE COMA SEMPRE SE IMPLICA AO MÁXIMO PARA QUE TODO SAIA BEN!!...

 

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2017

Resultado de imagen de NAVIDAD

O VINDEIRO XOVES DÍA 21 DE DECEMBRO, CELEBRAREMOS O TRADICIONAL FESTIVAL DE NADAL NO CENTRO, CONVIDAMOS ÁS FAMILIAS QUE SE ACHEGUEN A DESFRUTAR DO MESMO A APARTIR DAS 10:30 HORAS.

 

EN ARQUIVO ADXUNTO ESTÁ O PROGRAMA PARA QUE O POIDAN CONSULTAR!!

BO NADAL!!

SAÍDA DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL E ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA AO CASTRO DE VILADONGA

O pasado luns 18 de decembro, a alumnado de 6º de Educación Infantil e todo o alumnado de Educación Primaria en acompañamento das súas titoras/es, realizaron unha saída didáctica ao Castro de Viladonga, velaí unhas imaxes desa xornada!!

 

DÍA 25 DE NOVEMBRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Resultado de imagen de violencia de xenero 2017 EN GALEGO

 

No CPI Luís Díaz Moreno de Baralla tamén rexeitamos a violencia de xénero e así o manisfestamos en diversos carteis colocados no centro:

 

 

 

 

 

BARALLANDO SABERES, O NOSO BLOGUE DA BIBLIOTECA

Barallando saberes

Blogue da biblioteca do CPI "Luís Díaz Moreno" Baralla-Lugo

Podedes acceder a noso blogue da biblioteca através do seguinte enlace:

bibliobaralla.blogspot.com/

MAGOSTO E SAMAÍN 2017

O pasado venres día 3 de novembro, celebramos o Magosto e o Samaín no cole, realizáronse moitísimas actividades e o que segue somentes é unha escolma daquelas máis representativas: 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Agradecemos a todo o profesorado do centro pola súa implicación nas actividades, a todo o persoal non docente pola súa colaboración nese día e sobre todo aos nosos alumnos e alumnas polo seu entusiasmo, colaboración, dedicación ...que se puido comprobar nas activdiades realizadas...

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA USADA E ZAPATOS CURSO 2017-2018

 

 

 

 

Resultado de imagen de CAMPAÑA SOS AFRICA

 

Un ano máis o CPI Luís Díaz Moreno colabora coa Campaña Solidaria S.O.S ÁFRICA  na campaña de recollida de roupa e calzado usado.

As familias que queiran colaborar teñen as bolsas na Secretaría do centro; o día de recollida remata o MARTES 24 DE OUTUBRO.

 

Grazas pola vosa colaboración.

Powered by Drupal - Design by artinet