Taboleiro

FONDO SOLIDARIO CURSO 2017/2018

Publicamos en arquivo adxunto as listaxes definitivas do FONDO SOLIDARIO para alumnado de ESO. 

En principio os lotes de libros entregaranse ao alumnado o venres 15 de setembro, primeiro día de clase, así como as listaxes cos libros que deben mercar.

BENVIDOS AO CURSO 2018/2019

Comeza outro curso máis e traemos as mochilas cargadas de ilusións, optimismo e moitas ganas de facer as cousas ben!!

Coma sempre esperamos contar coa colaboración de todos/as os membros da comunidade educativa!!

BENVIDOS TODOS E TODAS!!!

 

Resultado de imagen de BENVIDOS

 

 

INICIO DO CURSO EN EI E EP:  Mércores , 12 de setembro

INICIO DO CURSO EN ESO:  Luns, 17 de setembro

NADAL: Do 22 de decembro ata o 7 de xaneiro (ambos incluídos).

SEMANA SANTA: Do 13  ao 22  de abril (ambos incluídos).

ENTROIDO: 4,5 e 6 de marzo.

DÍA DO ENSINO: 7 de decembro.

DÍAS NON LECTIVOS SOLICITADOS (aprobados polo claustro e CE): Venres 2 de novembro de 2018 e luns 20 de maio de 2019

 

 

VACACIÓNS

Resultado de imagen de VACACIONSO CPI LUÍS DÍAZ MORENO DE BARALLA PECHA ATA SETEMBRO DESEXÁNDOLLES A TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA UN BO VERÁN!!!

LEMBRAR QUE OS NENOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA COMEZAN AS CLASES O LUNS  DÍA 11 DE SETEMBRO.

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA COMEZA AS CLASES O VENRES 15 DE SETEMBRO.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2017/2018

ATENCIÓN: hoxe día 5 de xullo publícanse as listaxes definitivas do FONDO SOLIDARIO de libros para Educación Primaria. 

Podedes pasar a recoller os lotes de libros a partir do día 10 de xullo e ata o día 24 do mesmo mes na Secretaría do Centro.

 

 

Consultar listaxes definitivas en arquivo adxunto.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2017/2018

FONDO SOLIDARIO: 

- Publicación listaxe provisional.-venres 30 xuño

- Reclamacións.- 3 e 4 de xullo

- Publicación listaxes definitivas.- 5 de xullo

- Entrega de libros ás familias.- a partir do 10 de xullo ata o 24 de xullo

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR:

- Prazo recollida de vales a partir do 10 de xullo ata o 24 de xullo

 

 

En arquivo adxunto podedes consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do Fondo Libros para educación primaria e secundaria. Para calquera dúbida dirixirse á Secretaría do centro.

 

 

 

PROXECTO RÍOS 2016/2017

Aquí vos deixamos o vídeo realizado polo coordinador do Proxecto Ríos (PLAN PROXECTA) das actividades realizadas ao longo deste curso. Esperamos que vos guste...

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017/2018

Resultado de imagen de LIBROS DE TEXTOEn arquivo adxunto podedes consultar as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso.

EXPOSICIÓN DE OBRAS DE REBECA VILLARES

O CPI Luis Díaz Moreno informa que ao longo da vindeira semana (do 19 ao 22 de xuño) , no corredor central do cole, hai unha exposición de obras realizada por Rebeca Villares (nai de Antón e Noa, alumnos do centro).

Agradecemos á autora dos cadros a súa xenerosidade e felicitámola pola súa arte...

 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

 

 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2017/2018

 

 

INSTRUCCIÓN 4/2017 , DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U, DO 30 DE MAIO, SOBRE O FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO VINDEIRO CURSO.

Informamos que xa están a disposición das familias os modelos para solicitar praza no comedor escolar no vindeiro curso para alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.

Así mesmo, aqueles pais/nais que desexen colaborar no comedor escolar no vindeiro curso, poderán anotarse na Secretaría do centro ata o 11 de setembro de 2017.

 

Para máis información, poden chamar por teléfono ou preguntar na Secretaría do centro.

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2017/2018

Resultado de imagen de TRANSPORTE ESCOLAR

INSTRUCCIÓN 6/2017 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U, DO 30 DE MAIO, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR NO CURSO 2017/2018

 

Infórmase ás familias que desexen solicitar algunha modificación das paradas ou solicitude de nova parada, que no centro están os modelos para facelo a súa disposición na Secretaría do Centro

Prazo de presentación de solicitudes :

Educación Infantil e Primaria: ata o 17 de xullo

Educación Secundaria Obrigatoria: ata o 26 de xullo

Powered by Drupal - Design by artinet