Taboleiro

LISTAXES DE ADXUDICACIÓN FONDO SOLIDARIO CURSO 2106/2017

En arquivo adxunto podedes consultar as listaxes de adxudicación do FONDO SOLIDARIO para o vindeiro curso; a entrega dos lotes de libros farase na vindeira semana .

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016/2017

Resultado de imagen de libros de textoEN ARQUIVO ADXUNTO APARECEN OS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO CURSO 2016/2017

Resultado de imagen de LIBROS DETEXTO Y MATERIAL ESCOLARNa Orde do 27 de abril de 2016 convócanse as axudas para adquirir libros de texto( Fondo Solidario e axudas para adquirir libros) e material escolar para o vindeiro curso 2016/2017.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 18 de maio ata o 23 de xuño

Para calquera dúbida pasar pola secretaría do centro.

LETRAS GALEGAS 2016

O pasado venres día 13 de maio celebramos as Letras Galegas no cole cun festival cheo de traballo dos nenos e nenas coa axuda dos seus profes , moita imaxinación e un chisquiño de lembranza!! 

As presentadoras

 

Educación Infantil

 Educación Primaria

Educación Secundaria

 

 

 

DIA DO LIBRO 2016

O venres 22 de abril celebramos o Día do Libro dun xeito moi especial no noso cole; os alumnos/as de 1º ESO en colaboración coa súa profesora de Lingua e literatura castelá , Elisa Piñeiro; agasalláronos cunha OBRA DE TEATRO para todos os nenos e nenas do cole e os profes tamén. De título "EL MANCEBO QUE QUISO CASAR CON MUJER BRAVA" , tivo moi boa acollida en tan esixente público!!!!

 

 

 

 

 

SAÍDA CULTURAL DO ALUMNADO DE 3º E 4º ESO

O pasado xoves día 21 de abril, o alumnado de 3º e 4º ESO en acompañamento das súas profesoras de Tecnoloxía e Física,  realizou unha visita en A Coruña ao MUNCYT e participación nun obradoiro de "robótica" do máis interesante...

 

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL Á CASA DO QUEIXO

O pasado día 31 de marzo, o alumnado de Educación Infantil xunto coas súas profes fixeron unha visita cultural á CASA DO QUEIXO en Sobrado dos Monxes - A Coruña- e participaron en diversos talleres moi interesantes...

Velaí unha imaxes da xornada...

 

 

 

 

 

CONCERTO PARA EDUCACIÓN INFANTIL

O pasado venres, día 1 de abril de 2016, os nenos e nenas de Educación Infantil desfrutaron dun concerto a cargo do grupo "O SON QUE ME ARROLA" e a colaboración e participación do programa "Espazo para as familias" que leva a cabo o noso Concello para os nenos e nenas en idade preescolar e que tamén participaroin en compañía dos seus pais.

Unhas imaxes desta xornada...

 

CAMBIO NÚMERO DE TELÉFONO E FAX DO CPI LUÍS DÍAZ MORENO

COMUNICAMOS O CAMBIO DO NÚMERO DE TELÉFONO E FAX DO CENTRO:

Resultado de imagen de TELEFONOTELÉFONO :982870071

 

Resultado de imagen de FAXFAX: 982870078

DÍA DA ÁRBORE 2016

O pasado venres día 18 de marzo, celebramos no colexio o DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA ; nesta ocasión foron os alumnos/as de 1º de Educación Primaria os encargados de plantar o pé de  castiñeiro que nos fixo chegar a Deputación de Lugo para esta celebración. Grazas a tod@s e tamén ao noso conserxe por estar sempre disposto a colabar nestar tarefas!!

Powered by Drupal - Design by artinet