Taboleiro

HORARIO MES DE XUÑO 2017

 

Resultado de imagen de horario

O Cpi Luís Díaz Moreno de Baralla comunica que o vindeiro xoves día 1 de xuño, empezamos co horario matinal: 

- Hora de entrada: 10:10 horas

-Remate das clases: 15:10 horas

- Hora de saída do transporte escolar: 16:10 horas

LETRAS GALEGAS 2017

O pasado venres 12 de maio, celebramos no cole o Día Das Letras Galegas cun festival cheo de traballo do alumnado que estivo guiado polo seu profesorado. Todo o traballo se desenvolveu con moita imaxinación e un chisquiño de lembranza!!  Velaí unhas imaxes...

 

 

 

 

 

COLABORAMOS COA PROTECTORA DE ANIMAIS LUCENSE

Ao abeiro do Plan Proxecta, o alumnado de 4º e 6º de Educación Infantil están a traballar nun proxecto titulado" coidamos os animais"; deste xeito o día que fixeron a visita á Protectora de animais lucense, decatáronse das necesidades desta e decidimos axudalos!!!

Por iso se está a levar a cabo no centro unha recollida de donativos para a Protectora!! Animádevos a colaborar!!

 

 

Resultado de imagen de protectora de animales lugo

 

 

SAÍDA DO ALUMNADO DE 1º E 2º ESO AO CAUREL

O pasado mércores 26 de abril, o alumnado de 1º e 2º ESO en acompañamento do profesor de Educación Física e a Orientadora do centro, realizaron unha saída ao Caurel para desfrutar de rutas a pé e da fermosa paisaxe desa zona. Velaí unhas imaxes...

 

 

 

OUTRO CONTACONTOS MÁIS...

O pasado venres día 7 de abril, a editorial Kalandraka agasallounos  cunha sesión de contacontos para os nenos e nenas de Educación Infantil, e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Foi unha sesión moi animada con música e moita participación dos nenos e nenas

...

CONTACONTOS

O pasado venres día 24 de marzo, os nenos e nenas de Educación Infantil, e 1º e 2º curso de Educación Primaria; desfrutaron dun contacontos do máis entretido e participativo...

Velaí unha imaxes desa xornada...

 

 

 

DÍA DA ÁRBORE 2017

 

Hoxe día 24 de marzo de 2017 celebramos o Día da Árbore no CPI Luís Díaz Moreno e fixémolo plantando un pé de ameneiro que nos enviou a Deputación de Lugo para este día, e tres castiñeiros agasallo de Carlos (alumno de 6º de Educación Primaria) e Lois (profe do cole); ademais a Asociación cultural e veciñal A Porta Dos Ancares tamén nos agasallou cun" liquidambar acer" , árbore que cambia de cor segundo a estación do ano.

Velaí unhas imaxes desta xornada...

SAÍDA EDUCACIÓN INFANTIL 9 DE MARZO DE 2017

O pasado día 9 de marzo de 2017. o alumnado de 4º e 6º de Educación Infantil, realizou unha saída didáctica ao Museo de Lugo e á protectora de animais da capital lucense; velái unhas imaxes desa xornada:

 

Aquí vos deixo o  enlace co video elaborado pola protectora de animais sobre esta xornada co noso alumnado:

https://youtu.be/i-AIE_7E7Xw?t=5

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2017

 

 

Resultado de imagen de dia 8 de marzo muller traballadora

 

Hoxe día 8 de marzo, celébrase o día da Muller Traballadora e no Cpi Luís Díaz Moreno de Baralla quixemos celebralo coa elaboración dun mural alusivo ao tema.

 

 

FOLGA XERAL 9 DE MARZO 2017

Para o vindeiro xoves día 9 de marzo de 2017 está convocada unha FOLGA XERAL do ENSINO . O CPI Luís Díaz Moreno , seguindo instruccións da Orde do 1 marzo de 2017 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino convocada para o día 9 de marzo de 2017; garante os SERVIZOS MÍNIMOS para esa xornada.

Powered by Drupal - Design by artinet