Si eres usuario: Acceso

Quinto de primaria

PLANTACIÓN, COIDADOS E DEGUSTACIÓN

                 

 

O alumnado de 5º EP foi un dos niveis afortunados por ter o acompañamento de Carmen Freire na formación arredor da horta, descubrindo curiosidades e saberes enriquecedores para a súa aprendizaxe sobre este centro de interese. Igualmente foi con esta especialista no terreo, con quen realizaron a plantación de chícharos, entre outras verduras, e posteriormente, coa súa titora Mercedes, seguiron o proceso de crecemento e coidados.

Foi toda unha aprendizaxe constructiva e formativa, pois seguiron, en 1ª persoa, todas as etapas dende a plantación dos chícharos ata que fixeron a súa degustación; un xeito de valorar o traballo que levan a cabo moitas persoas ata que o alimento chega aos nosos platos.

Distintos momentos deste proceso:

   -- FORMACIÓN

       

 --  PREPARACIÓN DA TERRA E SEMENTADO DOS CHÍCHAROS

 

  -- OBSERVACIÓN DA SÚA BROTACIÓN

   -- HOUBO QUE GUIALOS E DARLLES APOIO PARA QUE NON ROMPERAN CO PESO AO MEDRAR

  -- RECOLLIDA

  -- FEITA A COLLEITA, HAI QUE DEGRAÑAR PARA QUITAR DA VAINA

 

  -- COS CHÍCHAROS LISTOS, AGORA TOCA PREPARAR PARA COCIÑALOS (GRAZAS A TER 2 FOGÓNS ELÉCTRICOS, UN DELES APORTADO NO MATERIAL DO PROXECTO DE POLOS CREATIVOS)

 

  -- COCIÑADO

 

  -- DEGUSTACIÓN. QUE RICO SABE CANDO O COCIÑA UN MESMO E DA PROPIA COLLEITA!Sorriso

                     BO PROVEITO Canso

 

Mundo bichos

Visitounos o entomólogo Miguel Santamaría para participar no obradoiro de insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Vivimos unha experiencia moi interesante! Podedes descubrila no seguinte vídeo (clicade na imaxe). Grazas, Miguel!

 

patrulla

 

MASTERCHEF QUINTO

Nestes días confinad@s aproveitamos para poñer en práctica as receitas que tiñamos gardadas. Compartimos con vós as imaxes, os pratos estaban boísimos!!!!

Preme na ligazón para veres as imaxes: Masterchef quinto.

MURAL CONSELLO LOCAL DA INFANCIA E ADOLESCENCIA

A ANPA Río Tella participa de forma activa no Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA) do Concello de Teo. Unha das actuacións é a creación dun mural, no patio do CEIP A Ramallosa, froito da participación dos alumnos de 5º e 6º de Eduación Primaria, tanto na concepción do propio mural como no traballo de pintura en parede.

Máis información aquí

mural CLIA no CEIP da Ramallosa

Alumnado de quinto curso, colaboradoras e colaboradores na confección do mural.

Imaxe: ANPA Río Tella (Premer sobre a foto para ampliar)

Radio "QuintoA"

Para conmemorar o "Día da poesía" inauguramos un espazo onde queremos facer pequenos recunchos de radio.

Comezamos con algúns poemas.

Esperamos que vos gusten.

                             (Preme na imaxe)

radio

MURAIS DE ROSALÍA DE CASTRO

As nenas e nenos de quinto A fixemos un traballo de investigación sobre Rosalía de Castro para conmemorar o seu aniversario, que se celebra o 24 de febreiro. Fixémolo en catro equipos e recollemos algunhas cousas nos murais que vos presentamos aquí (preme sobre cada imaxe para ver o mural):

 

 

A robótica chega ao noso colexio

robot

 

O noso centro é un dos seleccionados para participar nun novo proxecto: a incorporación da robótica aos niveis de quinto e sexto de primaria.

Hoxe asistimos á presentación do mesmo, onde compañeiras e compañeiros que xa levan anos desenvolvendo este tipo de experiencias  amosáronnos algunhas actividades creadas polo seu alumnado.

Ábrense novas posibilidades de traballo interdisciplinar, para seguir avanzando na aprendizaxe de xeito paralelo á evolución da sociedade. Todo un reto, unha nova ilusión.

Na imaxe podedes ver os novos inquilinos do cole, que chegan para quedarse.

 

Distribuir contido