Dende o noso centro tamén estamos preocupados polo futuro do noso planeta e por iso queremos intentar concienciar ao noso alumnado da necesidade de reciclar, de respectar a nosa contorna, de non contaminar, de implementar conductas que beneficien o benestar de todos e todas por un mundo mellor, e non so pensar nun mesmo, porque a sociedade a conformamos todos e cada un de nós.
Por iso, neste curso colaboraremos con Mans Unidas, nun proxecto que leva por nome "FAME CERO", para tratar de concienciar ás crianzas da necesidade básica de que todas as persoas teñen dereito a ter unha boa alimentación, de rematar coa fame e a pobreza, como dereito primordial para poder tecer un futuro máis xusto e sostible.
Xa tivemos o primeiro contacto para darnos a coñecer o programa, organizar pautas a seguir e propostas a desenvolver en dúas liñas: incentivando o traballo do horto escolar para coñecer e descubrir, de xeito competencial, as posiblidades de aprendizaxe que nos pode aportar, coa compañía e a formación de Carmen, unha persoa experta nese ámbito. E por outra parte, impartiranse obradoiros de consumo responsable coa axuda de Miriam, a técnica do citado organismo.