Skip to Content

Aulas Musicais

AULAS MUSICAIS

Aula Musicais

Con este Proxecto de centro, encadrado tamén dentro do programa "21 días co galego e+" pretendemos darlle visibilidade á nosa música e cultura empregandoo bo facer dos nosos artistas para achegar o seu traballo e amor pola nosa lingua e poñendo en valor todo o que isto representa e significa para nós como pobo.

Todas as aulas e espazos do centro quedan apadriñadas/amadriñadas por artistas da nosa terra e sementando nos máis cativos a importancia de coidar o noso.

ARTS NA MÚSICA

Dentro da seccións bilingües e seguindo coa temática do proxecto anual de Aulas Musicais, as mestras encargadas de impartir a materia de Arts nos cursos de 6º de EP e 2º EP, traballaron coas crianzas o deseño de carátulas de discos, cds ou de gráficos publicados na rede, dos artistas ou bandas que apadriñan todas as aulas ou dependencias do centro.

Para mostrar o seu traballo e esforzo fixeron unha exposición dos seus deseños na entrada do colexio

21 DÍAS CO GALEGO E+ (23_24) / AULAS MUSICAIS

Banner 21 días

                  LOGO BIBLIOTECAS

 

21 días co galego e + é un programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, dentro e fóra dos centros de ensino, no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.

Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa nosa, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida.

Na actualidade participa alumnado de Ed. Infantil e Primaria, ESO, bacharelato e FP, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, que se compromete co seu profesorado a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 días que dura o programa dentro e fóra do centro de ensino.

Xorde co ánimo de compartir a ilusión por conservar, recuperar e crear falantes que vivan o galego como unha lingua a medrar chea de posibilidades. A súa singularidade reside na vontade de implicar os rapazas e rapaces durante un tempo determinado en todas as facetas da súa vida, na procura de que o galego sexa lingua normal de uso en todos os ámbitos, e en levar a aula á rúa e a rúa á aula, fuxindo do estudo máis académico da lingua.

Este programa ten a súa orixe en 21 días co galego, unha experiencia didáctica que botou a andar no IES da Pobra do Caramiñal no ano 2013, da man da profesora Pilar Ponte; desde entón, desenvolvéronse catro edicións máis dese proxecto no mesmo centro.

En 2015 recibiu un premio de innovación en dinamización lingüística da  Secretaría Xeral de Política Lingüística e no ano 2018 recibiu o primeiro acto de recoñecemento a unha actividade educativa por parte da Real Academia Galega. No ano 2019 recibiu o X Premio da Lingua Rosalía de Castro da Deputación da Coruña e o Premio da Cultura Galega de Lingua.

Ano a ano medra tanto no número de centros como no de participantes na procura de manter e espallar o galego entre a infancia e a mocidade galegas.

programa radio galega 21 días

 

 

 

  "AULAS MUSICAIS"

Esta actividade que ideamos para o programa, vinculada tamén ao proxecto de centro e de Bibliotecas deste curso escolar (A Música), foi unha das propostas estrela desta edición.

A través da mesma desenvolvemos diversas actividades relacionadas coa nosa música e o noso patrimonio cultural como pobo. E para crear referentes nos discentes, potenciar esta mensaxe, e achegar esta cultura o máis posible aos discentes, apadriñamos todods os espazos e aulas do centro co nome de grupos e artistas galegos, que ademáis de enviarnos os seus vídeos de agradecemento e felicitacións ao alumnado pola actividade, tamén nos foron visitando durante os 21 días e ao longo de todo o curso escolar.

 

"DITOS RETRANQUEIROS DOS NOSOS MAIORES"

Con esta actividade, durante os 21 días, o alumnado foi recollendo os ditos máis retranqueiros dos seus maiores, para despois facer unha posta en común nas aulas e recopilalos facendo como actividade final unha humilde edición impresa deste traballo.

 

 

 

"OUTRAS ACTIVIDADES" 

 

 

VISITA PABLO SEOANE - PADRIÑO 5ºA

COÑECENDO A BANDA MUSICAL QUE NOS APADRIÑA

DENTRO DO PROXECTO MUSICAL, ARREDOR DO QUE XIRA A TEMÁTICA DESTE CURSO NO NOSO CENTRO, A AULA DE 4 ANOS- B, DECIDIU QUE A AULA FOSE APADRIÑADA POR

"UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA"

ASI QUE HABÍA QUE DESCUBRIR COUSIÑAS SOBRE ESTA BANDA, E PUXÉMONOS MANS Á OBRA!

- DESCUBRIMOS QUE:

   * PUBLICARAN 4 CDS E AS DATAS NAS QUE SAIRON AO MERCADO

   

   * QUE A BANDA FORMOUSE EN 2014 EN VIGO,  E CANTOS PASARON?

   * SON 6 COMPOÑENTES MÁIS O TÉCNICO DE SON E APRENDIMOS O SEUS NOMES ARTÍSTICOS (Uxía Lambona, Serghaño, Pali, Ñoc, Abraham, Roscón), PERO ENTROUNOS A DÚBIDA SE ESES SERÍAN OS SEUS NOMES VERDADEIROS E OUTRAS CUESTIÓNS QUE ANOTAMOS PARA LOGO PREGUNTARLLES.

  

   * OS INSTRUMENTOS QUE TOCAN. QUE HAI 2 MOIS PARECIDOS: A GUITARRA ELÉCTRICA E O BAIXO, E CALES SON AS SÚAS DIFERENZAS

  

   * MOITAS DAS SÚAS CANCIÓNS TEÑEN LETRAS PARA FALAR DE MOITOS TEMAS COMO DO GALEGO, DA PAZ, DO OUTONO, DO ANIVERSARIO,... E MOITAS CANCIÓNS TRADICIONAIS PERO CON OUTRO RITMO (A RIANXEIRA, A SAIA DA CAROLINA, O GATO PACO (QUE TANTO NOS GUSTA!), E OUTRAS MOITAS MÁIS) 

- DECORAMOS UNHA GRAN FOTO, EN FORMA DE CREBACABEZAS, PARA PENDURAR DA NOSA PORTA DA AULA, E TOD@S SAIBAN QUE A NOSA AULA LEVA O NOME DESTA BANDA

                     

                    

 

 - DECORAMOS UN FOGUETE, FACENDO REFERENCIA AO 3º CD "ASTRONAUTA SIDERAL", SIMULANDO FACER UNHA VIAXE AO ESPAZO CON NÓS DE TRIPULACIÓN E UXÍA PILOTANDO Guiño

                     

- RECIBIMOS A VISITA NA NOSA AULA DE UXÍA LAMBONA E SERGHAÑONO NOME DE TODA A BANDA.Sorriso

 

    clicar na foto para ver moitos videos e outras imaxes 

 FOI UNHA VISITA MOI ANHELADA, POIS AS CRIANZAS PREGUNTABAN CADA DÍA SE VIÑA UXÍA A VISITARNOS. FINALMENTE A SORPRESA CHEGOU, CANDO O XOVES 25 DE XANEIRO, ENTRARON POLA PORTA DA AULA, OS SEUS OLLIÑOS BRILABAN DE LEDICIA E EMOCIÓN. CON QUEN GOZAMOS DUNHAS HORAS ESPECTACULARES. CON TANTA EMOCIÓN, QUERÍAMOS CONTARLLES MOITAS COUSAS, PREGUNTARLLES, CANTAMOS MOITAS CANCIÓNS, FIXEMOSLLE UNS DEBUXOS PERSOAIS QUE LLE GUSTARON MOITO, AGASALLÁMOSLLES CUNHA BOLSA PERSONALIZADA PARA O GRUPO CON TODO O NOSO AGARIMO. PERO ELES TAMÉN NOS TROUXERON UNS PRESENTES: 2 CDS, PEGATINAS PARA TODO O ALUMNADO DE INFANTIL E UNHA CAMISETA. E TIVEMOS A SORTE DE QUE TEMOS OS 4 CDS FIRMADOS E ADICADOS PARA NÓS; FOI UNHA MAÑA EMOCIONANTE E INESQUECIBLE PARA TOD@S NOS.Sorriso

 

                     

E COA SÚA BOA DISPOSICIÓN E AMABILIDADE, VISITARON AS OUTRAS AULAS D@S NOS@S COMPAÑEIR@S DE INFANTIL E CANTARON CON ELES ALGUNHAS CANCIÓNS.

MOITÍSIMAS GRAZAS DE TODO CORAZÓN, POLA VOSA VISITA E POR ADICARNOS O VOSO TEMPO PARA GOZAR DE VÓS COMO GRANDES PERSOAS E COMO ARTISTAZOS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut