COÑECENDO A BANDA MUSICAL QUE NOS APADRIÑA
DENTRO DO PROXECTO MUSICAL, ARREDOR DO QUE XIRA A TEMÁTICA DESTE CURSO NO NOSO CENTRO, A AULA DE 4 ANOS- B, DECIDIU QUE A AULA FOSE APADRIÑADA POR
"UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA"
ASI QUE HABÍA QUE DESCUBRIR COUSIÑAS SOBRE ESTA BANDA, E PUXÉMONOS MANS Á OBRA!
- DESCUBRIMOS QUE:
* PUBLICARAN 4 CDS E AS DATAS NAS QUE SAIRON AO MERCADO
* QUE A BANDA FORMOUSE EN 2014 EN VIGO, E CANTOS PASARON?
* SON 6 COMPOÑENTES MÁIS O TÉCNICO DE SON E APRENDIMOS O SEUS NOMES ARTÍSTICOS (Uxía Lambona, Serghaño, Pali, Ñoc, Abraham, Roscón), PERO ENTROUNOS A DÚBIDA SE ESES SERÍAN OS SEUS NOMES VERDADEIROS E OUTRAS CUESTIÓNS QUE ANOTAMOS PARA LOGO PREGUNTARLLES.
* OS INSTRUMENTOS QUE TOCAN. QUE HAI 2 MOIS PARECIDOS: A GUITARRA ELÉCTRICA E O BAIXO, E CALES SON AS SÚAS DIFERENZAS
* MOITAS DAS SÚAS CANCIÓNS TEÑEN LETRAS PARA FALAR DE MOITOS TEMAS COMO DO GALEGO, DA PAZ, DO OUTONO, DO ANIVERSARIO,... E MOITAS CANCIÓNS TRADICIONAIS PERO CON OUTRO RITMO (A RIANXEIRA, A SAIA DA CAROLINA, O GATO PACO (QUE TANTO NOS GUSTA!), E OUTRAS MOITAS MÁIS)
- DECORAMOS UNHA GRAN FOTO, EN FORMA DE CREBACABEZAS, PARA PENDURAR DA NOSA PORTA DA AULA, E TOD@S SAIBAN QUE A NOSA AULA LEVA O NOME DESTA BANDA
- DECORAMOS UN FOGUETE, FACENDO REFERENCIA AO 3º CD "ASTRONAUTA SIDERAL", SIMULANDO FACER UNHA VIAXE AO ESPAZO CON NÓS DE TRIPULACIÓN E UXÍA PILOTANDO
- RECIBIMOS A VISITA NA NOSA AULA DE UXÍA LAMBONA E SERGHAÑO, NO NOME DE TODA A BANDA.
clicar na foto para ver moitos videos e outras imaxes
FOI UNHA VISITA MOI ANHELADA, POIS AS CRIANZAS PREGUNTABAN CADA DÍA SE VIÑA UXÍA A VISITARNOS. FINALMENTE A SORPRESA CHEGOU, CANDO O XOVES 25 DE XANEIRO, ENTRARON POLA PORTA DA AULA, OS SEUS OLLIÑOS BRILABAN DE LEDICIA E EMOCIÓN. CON QUEN GOZAMOS DUNHAS HORAS ESPECTACULARES. CON TANTA EMOCIÓN, QUERÍAMOS CONTARLLES MOITAS COUSAS, PREGUNTARLLES, CANTAMOS MOITAS CANCIÓNS, FIXEMOSLLE UNS DEBUXOS PERSOAIS QUE LLE GUSTARON MOITO, AGASALLÁMOSLLES CUNHA BOLSA PERSONALIZADA PARA O GRUPO CON TODO O NOSO AGARIMO. PERO ELES TAMÉN NOS TROUXERON UNS PRESENTES: 2 CDS, PEGATINAS PARA TODO O ALUMNADO DE INFANTIL E UNHA CAMISETA. E TIVEMOS A SORTE DE QUE TEMOS OS 4 CDS FIRMADOS E ADICADOS PARA NÓS; FOI UNHA MAÑA EMOCIONANTE E INESQUECIBLE PARA TOD@S NOS.
E COA SÚA BOA DISPOSICIÓN E AMABILIDADE, VISITARON AS OUTRAS AULAS D@S NOS@S COMPAÑEIR@S DE INFANTIL E CANTARON CON ELES ALGUNHAS CANCIÓNS.
MOITÍSIMAS GRAZAS DE TODO CORAZÓN, POLA VOSA VISITA E POR ADICARNOS O VOSO TEMPO PARA GOZAR DE VÓS COMO GRANDES PERSOAS E COMO ARTISTAZOS!!!