Skip to Content

Actividades E.Infantil

SEMANA DO 24 AO 28 DE OUTUBRO

ESTA SEMANA FOI CENTRADA NO TEMA DO MEDO, POLA CERCANÍA DA DATA DO SAMAÍN. COMÉNTOVOS ALGUNHAS PROPOSTAS QUE FIXEMOS:

-- RECIBIMOS UNHA CARTA DE ROQUI, A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA, PORQUE QUERÍA COMENTARNOS, ENTRE OUTRAS COUSIÑAS, QUE O DÍA 24 SE CONMEMORABA O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (CO LEMA "ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR") E QUE ESTÁBANSE FACENDO REFORMAS E QUE  MOI PRONTIÑO NOS CONTARÍA NOVIDADESSorriso

- XOGO, INTERVENCIÓN, EXPERIMENTACIÓN, GOCE CUNHA INSTALACIÓN DE ELEMENTOS DA ESTACIÓN DE OUTONO, PRESENTADA EN FORMA DE MANDALA. AS CRIANZAS DESFRUTÁRONA MOITÍSIMO, CON TRANQUILIDADE E EMOCIÓN, MANIPULARON E INTERACCIONARON COS ELEMENTOS TRABALLANDO A MOTRICIDADE FINA; CADA QUEN ATOPOU O SEU ENTRETENEMENTO (DEBULLAR MILLO, SACAR CÁSCARA AS LANDRAS, XOGAR COS CAROZOS, ENCHER E BALEIRAR VASOS/RECIPIENTES), E NON QUERÍAN PARAR NIN RECOLLER. ACOMPAÑAD@S DA MÚSICA DE VIVALDI "AS CATRO ESTACIÓNS"- CENTRADOS NA PEZA DE OUTONO.

FOI UNHA ACTIVIDADE MARAVILLOSA!!!Sorriso

   

- XOGAMOS A DARLLE DE COMER A UN ESQUÍO, É DICIR, FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE DE LÓXICA-MATEMÁTICA: FACÍAN A TIRADA DO DADO, TIÑAN QUE IDENTIFICAR A CANTIDADE DE PUNTOS PARA CONTAR CANTAS CASTAÑAS COMERÍA O ESQUÍO, E APROVEITAMOS A BUSCAR NA SERIE NUMÉRICA O CARDINAL QUE REPRESENTABA DITA CANTIDADE.

 

 

- DEGUSTACIÓN DE FROITOS SECOS:AMÉNDOAS, ABELÁS E NOCES (NON TEÑEN ZUME A DIFERENZA DOS CARNOSOS). EN XERAL, GUSTÁRONLLES A TODAS AS CRIANZASSorriso

 

- POR INICIATIVA DA ÁREA DE LINGUA INGLESA, FIXEMOS AO LONGO DA SEMANA A ACTIVIDADE DE "TRICK OR TREAT". NAS SESIÓNS DE INGLÉS SAÍAN CO MESTRE POLAS OUTRAS AULAS E RECIBÍAN UNHAS SORPRESAS QUE LOGO SE REPARTÍAN PARA CADA CRIANZA. FINALMENTE FIXEMOS UN SOBRE CUNHA FOLLA DE XORNAL, PARA RECICLAR, E LEVAR CADA QUEN OS PREMIOS RECOLLIDOS.

  

    

- GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, RETOMAMOS A ACTIVIDADE DE DECORAR CABAZAS, RECORDANDO A TRADICIÓN OU MÁIS BEN, PARA AMBIENTAR O COLE EN RELACIÓN COA DATA DO SAMAÍN (POIS TRADICIONALMENTE OS CELTAS SIMPLEMENTE USABAN OS NABOS E LOGO AS CABAZAS PARA BALEIRAR E POR DENTRO LUZ QUE GUIARA OS BOS ESPÍRUTOS E AFASTARA OS MALOS DAS CASAS E DAS SÚAS COLLEITAS QUE RECOLLERAN PARA TODO O INVERNO)

AS CRIANZAS TRAÍAN AS SÚAS CABAZAS BEN CONTENT@S E CANDO VISITAMOS A EXPOSICIÓN DE OUTRAS MOITAS CABAZAS DE OUTRO ALUMNADO, QUEDARON ABRAIAD@S (ESCOITÁBASE CONSTANTEMENTE, PROFE MIRA ESTA!!, MIRA ESTA!!) GRAZASSS A TOD@SSSSSorriso

 

APROVEITAMOS A VISIONAR CONTOS TEMÁTICOS ALÍ NA ESCURIDADE DO ESPAZO DE MEDO CREADO NA ENTRADA DO EDIFICIO ADXUNTO

- O FESTEXO DO SAMAÍN FÍXOSE O VENRES 28: HOUBO DISFRACES TERRORÍFICOS PARA AMBIENTAR A FESTA, AS CRIANZAS TROUXERON MERENDAS DE MEDO, ESCOITAMOS MÚSICA E VISIONAMOS VIDEOS RELACIONADOS COA TEMÁTICA, TIVEMOS A VISITA DA "BRUXA CATUXA" QUE NOS FIXO UNHA APÓCEMA ESPECIAL, XUNTO CO SEU AXUDANTE "ROGELIO"

    

  

     

"ABRACADABRA, PATA DE CABRA" QUE O LUME NOS PROTEXA E ESPANTE OS MALOS ESPÍRITUS, JAJAJAJA!!!Sorriso

CURSO 2020.21

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Pois xa mereciamos ter unha xornada especial de celebración. E que mellor data para unha festa que a conmemoración das nosas Letras. Seguir o protocolo, non nos impediu deixar de facer os xogos tradicionais, de gozar con actuacións musicais e recitado e do noso xa tradicional menú de pizza, churrasco e xeado. Día intenso e feliz. 

Mirade premendo aquí ou na fotografía un pequeno resumo do que vos contamos e que con moita mágoa non nos puidestes acompañar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CHEGOU O MAGOSTO.

Aínda ben que poidemos celebrar outro acontecemento. Este ano polas circunstancias non poidemos contar coa vosa presenza familias,  nin ter os xogos populares no ximnasio. Pero si poidemos gozar por aulas das castañas , que non sabedes como nos souberon! Grazas polas vosas aporatacións.Mirade aquí ou na foto.

 

 

MERENDAS DE MEDO!

Pois aquí estamos de novo. Adaptándonos á nova situciación e de feito é ben curioso que ata o de agora non poideramos facer unha entrada no blog, pero coma ben sabedes, o protocolo e a reponsabilidade,  non nos permite programar actividades de todo o ciclo en grupo. Pero para a celebración do Samaín, non podiamos deixar facer un clásico, as nosas merendas terroríficas. Grazas unha vez máis pola vos colaboración e por contribuír a facer que as nenas e os nenos o leven un chisquiño mellor. Mirade na foto ou aquí que ben traballastes.

VISITA Á FUNDACIÓN GRANELL

VISITA Á FUNDACIÓN EUXENIO GRANELL

Os días 18 e 19 de febreiro, o alumnado de E.I., en dúas quendas visitamos a Sede do Museo Eugenio Granell, pintor surrealista que tan familiar nos é onde todos os anos temos a honra de expoñer as nosas obras artísticas realizadas para o Certame de Arte escolar que organizan.

Da man de Edu, ademais de coñecer datos moi interesantes da súa intensa vida e da súa obra, visitamos a recreación do seu estudio e vimos pinturas e esculturas de Eugenio, así como de importantes artistas amigos. Tamén poidemos ver unha pequena exposición do pintor galego Carlos Maside.

Xa no Obradoiro, e grazas a fantástica montaxe que nos tiñan preparado, creamos a "Cidade dos soños". Como o gozamos!

Mirade aquí ou na fotografía o noso paso polo museo.

 

Festa despedida do ano 19.

REMATAMOS O 1º TRIMESTRE

Outro ano máis, rematamos coma vén sendo habitual compartindo con vós un pouco de baile e zumba e un ambiente festeiro. Despois tivemos unha pequena festa para nos despedir do ano no corredor de Infantil onde saboreamos salgados e doces.

Felicísimas vacacións e que O Apalpador, Papá Noel e os Reis traian o que estas criaturas merecen. Mirade na foto ou aquí.

Curso 19-20

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA. 

Ao igual que todos os cursos, o 30 de xaneiro celebramos esta importante data con distintas actividades. Como xa sabedes, previamente e mentres traballamos contidos sobre o tema, deixamos as nosas pegadas feitas coa vosa colaboración,  polos corredores do colexio. O xoves e como colofón realizamos unha fermosa instalación entre todo o alumnado e profesorado, titulada: Enlazadas pola Paz, onde deixamos en pulseiaras de cores a nosa mensaxe e desexo para un mundo mellor, e intercambiamos por outra. Ademais no noso ciclo vimos algúns cortos sobre o tema e cantamos.

 Mirade aquí a xornada. 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO. 

O luns 25 de novembro, como vén sendo habitual, conmemoramos o día da Violencia machista cun feixe de actividades co obxectivo de sensibilizarnos e por en prácica que sementando a igualdade, cambiaremos  o mundo. En Educación Infantil, participamos nas activides conxuntas cos compañeiros e compañeiras de Primaria, onde escoitamos o manifesto lido por alumnas de 6º e cantamos a versión ao galego da canción A porta violeta de Rozalén e tan ben versioneada polo profe Óscar. Ademais o noso ciclo fixo unha grande porta violeta co lema Dálle un portazo á violencia e coas nosas mensaxes e proclamas para construír unha sociedade máis igualitaria. Clica aquí ou na foto para velo. 

 

 

 

GALICREQUES. O casamento da pulga e o piollo.

Como xa manda a tradición no primeiro trimestre asistimos sempre a unha representación do Festival Internacional de Títeres Galicreques,. Desta volta, poidemos gozar, moito, moitísimo coa CompañÍa La galera de lazotea e a súa representación dunha versión do conto popular de O casamento da pulga e o piollo. Unha mestura entre títeres e dramatización con música en directo. Abofé que nos gustaron ben. 

Mirade na foto ou aquí parte da sesión.

 

 

 

 

TITIRIBERIA

O xoves 14 de novembro asistimos a unha representación de títeres do Festival de Títeres Titiriberia organizado polo Concello de Teo no Auditorio da Ramallosa xunto cos nosos compañeiros e compañeiras do CRA. Nesta ocasión gozamos coa compañía  La Pícara locuela que nos amenizou con dúas pequenas representacións: El pícaro burlado e máis El panadero y el diablo.

Mirade na foto ou aquí parte desa representación. 

 

SAMAÍN E.I 19.

Inauguramos este curso coas actividades de celebración do Samaín. Logo dunha semana intensa de traballo sobre o acontecemento, a aportación das creativas e fermosas cabazas que as familias aportastes; rematamos no mércores 30 cunhas merendas terroríficas, un obradoiro de maquillaxe que metía medo e como colofón, unha actuación da perversa bruxa Maruxa que se quería conveter en boa e que unha vez conseguido o seu propósito, amenizounos cun conto e púxonos o fermoso vídeo e conto de Corre, corre, Cabaciña. Unha vez máis, grazas polas vosa aportacións.

Mirade na imaxe ou aquí a terrorífica xornada.

 

NOVAS ACTIVIDADES. E O CURSO VAI CHEGANDO A SÚA FIN!

 

XORNADA DE CONVIVENCIA CO ALUMNADO DE NOVO INGRESO DO CRA.

Un ano máis, démoslle a benvida os que serán os nosos e as nosas compañeiras para primeiro. Como sempre, realizamos unhas actividades lúdicas e divertidas de achegamento para irnos coñecenzo. Mirade aquí ou na fotografía que creativa xornada pasamos.

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á ILLA DE CORTEGADA.

O martes 28 de maio, como xa ben sabedes polos comentarios dos vosos fillos e fillas,  pasamos un día especial e distinto na nosa visita ao parque nacional á belísima Illa de Cortegada. Desde o traslado en zodiac, o paseo pola Illa descubrindo as súas características e os seus atractivos, o xantar de campo e os xogos ao pé do mar, todo nos emocionou e nos encantou.

Mirade aquí ou na foto unha escolma dese longo día.

 

 

QUEN TEN UN MESTRE ETNÓGRAFO?

Dentro das actividades programadas para o Día das Letras galegas, o alumnado de Educación Infantil poidemos aprender moitas cousas a través dunha teatralización posta en escena por Serafín Marcos, sobre a vida e a obra de Don Antón Fraguas, mestre, escritor, antropólogo e etnógrafo, homenaxeado deste ano pola contibución a recuperar, conservar e proxectar a memoria de Galicia. 

Mirade aquí ou na foto, parte da representación. 

 

 

 

 

 

 

 

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

De novo, polo tempo, tivemos que variar os plans e facer a celebración das Letras Galegas no colexio. Ben é certo, que o Xirimbao ofrece un entorno único pero o importante, é que as criaturas pasárono moi ben e poidémolo compartilo con vós, as familias. A xornada transcorreu entre un xogo de pistas onde tiñamos que atopar a Meiga e distintos xogos no patio cuberto coa regalía sempre apetecible dos hinchables.E non podía faltar a música!

Clicade aquí ou na foto para ver máis.

E NA PRIMAVERA, TODO ISTO NOS ESPERA

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO.

Por mor do tempo, tivemos que pospoñer a actividade programada para o 23 de abril, para este luns 29. Por unha banda cada aula de Infantil pendurou da súa árbore os seus versos vexetais. Ademais todo o alumnado foi apadriñado por un alumno ou alumno dos cursos superiores para que lles leran un conto. Mirade as imaxes, clicando na fotografía ou ben aquí.

 

 

 

 

 

 

SESIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS.

 

O mércores 10 de abril, despois do recreo, tivemos a ocasión de entreternos e gozar con xogos tradicionais de todo o mundo, todos ben interesantes. Para a meirande parte deles tivemos que aprender de antemán as reglas de xogo. Coñecemos xogos de taboleiro, billares tradicionais e xogos pedagóxicos de distintos tipos como construcións, xogos de creatividade, de psicomotricidade de mesa e de pensamento.

Clicade aquí ou na foto para coñecer vós algusn deles.  

 

 

 

COMEZAMOS ESTACIÓN, CELEBRANDO MOGOLLÓN.

 

O 21 de marzo estreamos estación con sol e bo tempo e celebrando o Dia da Poesía, o Día da árbore e o Día mundial da Síndrome de Down. 

Ademais de plantar un salgueiro no patio de fóra, agasallo do escritor Anxo moure tamén plantamos amorodos nos maceteiros.

Mirade aquí ou na foto. 

O INVERNO XA ESTÁ AQUÍ

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA E.I. E 1º CICLO DE PRIMARIA CO GALLO DO 8 DE MARZO

Organizado pola Anpa, o xoves 7 de marzo, logo da volta do descanso do entroido, Carme Domecq na súa actuación maxistral da Carteira de augas claras e da compañía Cachirulo ofreceu para o alumnado de E.I e 1º ciclo de E.P., unha sesión de catro contos co gallo do Día Internacional da muller. Os contos seleccionados foron:  Eu vou comigo, Artur e Clementina, Rosa e Caramelo e a maceta de alfándega. Catro historias para reflexionar sobre a desigualdade e o machismo pero que ao final, todos por sorte, acaban con final feliz.

Aquí ou na foto podedes ver unha mostra da sesión.

 

 

FESTA DE ENTROIDO
O venres 1 de marzo celebramos como todos os anos a festa do Entroido no cole. Nesta ocasión, o tema da reciclaxe foi a nosa inspiración e en concrento o plástico e o colector amarelo o do noso noso ciclo. Grazas pola vosa colaboración e polos creativos e fermosos disfraces que elaborastes para este ano. Familias, sodes unhas artista! Mirade unha pequena mostra desde os ensaios ata o día grande. Perdoade pola calidade das fotos pero son datas que non dan para ir máis amodo. Unha vez máis podedes ver pinchando aquí ou na foto.

 

ENROIDO 19. O MECO

Como quencemento e preparación para o día grande da celebración da festa do entroido no cole, un ano máis o noso meco particular volveunos dar unha serie de consignas para irnos adentrando no ambiente festivo.

 

Asi o dispuxo o sr. Meco:

 

O luns 25 de febreiro pon un sombreiro.

O martes "por favor" trae na solapa unha flor.

O mércores a festa non remata, debes traer unha garavata.

O xoves en cada pé un zapato diferente para facer rir á xente.

Mirade aquí  ou na foto o variado repertorio que se xuntou,

 

DÍA DE ROSALÍA

Todos os anos o 24 de febreiro, celébrase o día de Rosalía de Castro, posto que ese mesmo día do ano 1837, nacía a  grande escritora. Este ano, ao caer a domingo adiantamos a súa festa e celebrámolo con varias actividades. Como ides ver nas fotos, entre todo a alumnado elaborouse un grande cartace decorado por segmentos coa súa imaxe. Ademais aprendemos poemas, recitamos os seus versos, cantamos unha canción composta para ela e como remate final, gozamos con varias pezas interpretadas por un cuarteto de música tradicional, entre as que estaba a Alborada de Rosalía.

 

Podedes ver mostra aquí ou na foto.

 

 

 

CONTACONTOS: O CARBALLO CON BOTAS.

O venres 8 de Xaneiro o escritor e contacontos Anxo moure visitounos e compartiu con nós o seu precioso espectáculo do Carballo con botas, co que engaiolou a mestras, nenas e nenos. Ademais tivo a xenerosidade de traernos unha landra para plantar, que como ben sabedes se fixo no calzado que vos pedimos. Iso si que é unha actividade completa! Xa vos daremos conta dos avances desta actividade. Mentres gozade coas fotos dese día. Tamén podedes pasar a ver a intalación do calzado que fixemos na reixa do patio exterior de Infantil. Clicade aquí ou na foto.

 

 

 

 

VISITA AO MUSEO DO POBO GALEGO

Os días 16 e 17 de xaneiro visitamos o interesante Museo do Pobo Galego en dúas quendas. Foron dúas xornadas magníficas nas que poidemos gozar dos valiosísimos obxectos do noso patrimonio coa regalía de facelo a partir de actividades lúdicas como Xogos bailados, Coscobellos ao cesto ou Raposadas. Grazas a Carme, a responsable desta actividade, polo seu bo facer.  Se queres ver comogozamos da actividade, preme aquí ou na foto.

 

 

ZUMBA E FESTA FINAL DE TIMESTRE DE E.I. 2018

Xa sabedes que é un clásico despedir o trimestre de xeito festivo entre toda a Comunidade educativa, bailando un pouco de zumba. Este ano, por mor do tempo que non acompañaba moito, celeramos as sesións por ciclos no salón de actos.

Para repoñer forzas, unha suculenta merendiña estaba agradándonos.

Mirade aquí ou na foto que ben o pasamos en Educación infantil!

CHEGA O OUTONO

GALICREQUES. UNHA NOVA EXPERIENCIA COS TÍTERES.

Xa é un clásico a nosa participación no Festival internacional de Titeres de Santiago, Galicreques. Un ano máis, acudimos a ver unha representación á sede do SGAE en Vistalegre. Kikiriguau, unha aventura de animais nunha granxa con títeres de mesa da compañía atragonesa, Títeres sen cabeza. 

Clicade aquí ou no cartel se queredes ver as fotos desa sesión. 

 

 

 

TITIRIBERIA. OA TÍTEReS CHEGAN AO AUDITORIO DA RAMALLOSA.

O martes 6 de novembro todo o alumnado de Educación Infantil do Concello, acudimos invitados a unha sesión de títeres a cargo da compañía Mircromina, titulada A familia unida. Como o tempo non acompañaba, tivemos que viaxar en autobús ata o Auditorio da Ramallosa. Mirade canto gozamos aquí ou na   fotografía. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LOGO DO SAMAÍN, O MAGOSTO, POR FIN!

O 2 de novembro, celebramos o magosto xunto con vós, as familias. Un ano máis de xogos, castañas e cancións e baile co himno ramalloseiro desta celebración, o SamaGosto.

Aquí vos deixamos as fotos de lembranza dese día. Pinchade aquí ou na fotografía.

 

 

 

31 DE OUTUBRO, CELEBRAMOS O SAMAÍN.

E fixémolo cunha chea de actividades. Logo de traermos as nosas cabazas preciosas e variada durante toda a semana, o mércores comezamos a nos preparar para a noite de medo por excelencia, merendando unhas terroríficas viandas maquillados para a ocasión.  Despois do recreo, todo o ciclo pasámolo de medo no túnel do terror antes de subir ao salón de actos a escoitar contos e cancións que daban arrepío.

Clicade aquí ou na foto para ver canto medo xunto!

 

COMEZAMOS O CURSO!

O NOSO HORTIÑO

Con moito mimo, comezamos no mes de setembro, a plantación dos macetiros do patio exterior de infantil. Agardamos poder compartir a produción un pouquiño máis adiante cando estean a punto.

Deixámosvos testemuña do noso labor agrícola,

Pinchade aquí ou na foto para ver máis.

Distribuir contido


by Dr. Radut