Skip to Content

Actividades E.Infantil

MERENDA FIN DE CURSO

FESTA-MERENDOLA FIN DE CURSO

Incriblemente, chegou o triste día de nos despedir. Un curso enteiro, cheo de actividades, xogos, traballo e emocións. Compría despedirnos cunha festiña de xeito.

Vémonos en setembro.

 

Grazas familias, pola vosa atención e colaboración sempre.  Clicade aquí ou na foto para ver momentos desa mañá.

MARCELLE 18

EXCURSIÓN FIN DE CURSO A MARCELLE DE E.I.

Día intenso e fermoso! A peseres desta primavera revolta, o tempo en Outeiro de Rei, portouse e permitiunos gozar da nosa visita. Ahí vos queda a mostra  deste día. Podedes ver, moitas más imaxes, premendo na foto ou aquí.

XOGOS POPULARES

XOGAMOS COS MAIORES!Logo do ben que o pasamos na celebración das Letras galegas no Xirimbao, e como colofón de celebración, o luns, martes e mércores da semana posterior, o alumnado de 6º, xogou con nós a distintos xogos populares. deixamos mostra deses agradables tempos compartidos de lecer. Mirade que ben o pasamos na chave, a petanca, arrastramortos, aros musicais, relevo de pelotas, o pano, as bolas saltadeiras, os zancos e encestando aros nos conos.

Preme  aquí ou na foto.

 

CONTACONTOS

LIBROS DA TITIRITEIRA

 O martes 22 de maio, escoitamos e gozamos cos tres contos narrados por de Celtia. Engaiolánonos as tres historias coas que nos agasollou: Unha de piratas, o caracol sen nome e o home na neve. Mirade como nos gustaron premendo na aquí ou na fotografía.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN E.I.

O 16 de maio, día previo á celebración da data das nosas letras, volvémonos xuntar toda e Comunidade educativa da Ramallosa no Xirimbao. Un ano máis, o alumnado de Educación Infantil reunímos na nosa fraga á sombra de carballos e castiñeiros, e desta volta, convertémonos en auténticos piratas do Ulla. Grazas ao bo facer dos nosos guías, aprendemos moitas cousas de interese da nosa zona e como non, xogamos e divertímonos moitísimo. Coma doutras veces,  tamén realizamos algún xogo popular e gozamos dos hinchables. Xantamos e como sobremesa, ademais do saboroso xeado, bailamos unha muñeira ao ritmo das gaitas e pandeiretas. De novo, unha xornada estupenda.

Preme aquí ou na foto para ver as imaxes

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.

O luns 23 de abril en Infantil celebramos a importante data, por unha banda cunha lectura de contos por pequenos grupos por parte do alumnado de 5º e 6º. A actividade resultou un éxito e os peque quedaron encantados con eses profesionais lectores e lectoras. Por outra banda, sumámonos a iniciativa levada a cabo en todo o colexio, do libro- agasallo para un compañeiro ou compañeira.

 Clicade aquí ou na imaxe para velo.

EXPOSICIÓN CIDADE DA CULTURA

EXPOSICIÓN GALICIA UNIVERSAL.

O xoves 12 de abril, visitamos a Exposición Galicia Universal na Cidade da Cultura onde vimos obras do fondo das Coleccións de arte galega de Abanca e  dos máis importantes artistas galegos como Laxeiro, Maside, Maruxa Mallo, Lugrís, Luis Seoane, Castelao, Colmeiro, Torres, Quessada,  Manolo Paz...Clica aquí ou na foto  para ver o noso percorrido poa exposición.

DÍA DA POESÍA

21 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

O alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria, festexamos xuntos e xuntas este importante día adicado á arte das letras. Reunímonos no ximnasio para gozar co espectáculo Animal Fun, do escritor Pepe Sendón co que recitamos en galego e inglés con ritmos distintos, os pequenos poemiñas adicados a distintos animais mentres nos proxectaba as fermosas ilustracións elaboradas en collage por Fausto Isorna.

A continuación, as nenas e nenos de 2º, deleitáronnos coa fermosa montaxe do poema Lela de Castelao.

Preciosos quedaron os poemas pendurados das árbores do patio exterior. Clicade aquí ou na foto para ver as imaxes.

CONCERTO PABLO SEOANE

CONCERTO DO GAITEIRO PABLO SEOANE

O venres 16 de marzo, asistimos a un concerto de música tradicional no salón de actos organizado polo Departamento de Cultura e Educación do Concello,a cargo do grande gaiteiro e artesán Pablo Seoane. Ademais de gozar co repertorio, ensinounos moitos instrumentos dos que utiliza habitualmente. Xa cara o final, animámosnos e botámoslle un baile.

Mirade algús dos momentos do concerto.

CONTACOMIGO MARZO

CONTACOMIGO MARZO

Aquí vos deixamos as fotos do Contacomigo correspondentes ao mes de marzo. Grazas unha vez máis pola vosa colaboración. Preme aquí para velas.

Distribuir contido


by Dr. Radut