Skip to Content

Transporte

Instrucións transporte escolar 2024-25

No arquivo adxunto tedes as instruccións de transporte para o curso 2024-25.

Clicade AQUÍ

Cambio da ubicación da parada do GRILO

Prezadas familias,

A partir do xoves 3 de marzo, os usuarios que empregan a parada do GRILO, collerán o bus para vir á escola, diante da Mediateca do Grilo (na marquesiña do bus).

 

 

Cando fagan o percorrido de volta para casa ás 16:00h, deixarán aos nenos/as na parada que está diante da tenda “La Plaza” (na outra beira da estrada, en frente a Correos)

 

 

Estas son as paradas que se tiñan que vir facendo.

Un saúdo

O Equipo Directivo

 

Unificación dos horarios de saída - Novos contratos de transporte

UNIFICACIÓN DOS HORARIOS DE SAÍDA DESPOIS DO COMEDOR

Estimadas familias, hoxe recibimos a confirmación do Xefe Territorial da Consellería de Cultura Educación e Universidade da unificación dos horarios de saída ás 16:00h TODOS OS DÍAS DA SEMANA do alumnado transportado despois do comedor.

Esta era unha petición que este Equipo Directivo levaba facendo á Consellería desde o momento no que o IES de Cacheiras deixou de ter clase os martes pola tarde.

Coa implantación dos novos contratos de transporte que empezan o luns 10 de xaneiro (detallados a continuación), aceptouse a nosa solicitude, sendo confirmada tamén polas empresas de transporte, Monbus e Seoane.

Esto supón unha modificación dos horarios de saída dos martes deste alumnado, que pasa de saír ás 16:30 a facelo ás 16:00 e tamén do alumnado que era recollido polas familias que poderán facelo como o resto dos días entre as 15:45 e as 16:00 (hora límite).

 

NOVOS CONTRATOS DE TRANSPORTE

MONBUS – As liñas que realiza esta empresa NON TEÑEN modificación algunha. Seguen sendo iguais que antes (segundo a información recibida por correo electrónico desta empresa)

SEOANE – As liñas que realiza esta empresa TEÑEN modificacións. Pasamos de tres liñas a catro. Quedan da seguinte maneira, segundo a información recibida por correo electrónico desta empresa:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut