OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS
"Proxecto Didáctico Antonio Fraguas"
Onte tivemos a sorte de recibir a agardada visita da "Bisavoa María" (María Piñeiro Marzoa), acompañada da súa neta e mamá do cole "Verónica López Rodríguez" (nai de Ferchu e Martín). Unha actividade promovida dende a aula de 5 anos da profe Paz.
María ten varios bisnestos no cole; Mateo, Luna, Dani, Ferchu e Martín.
Durante a xornada, tivemos a sorte de aprender con ela un montón de xogos tradicionais súper antigos e de coñecer as "cantarelas" (cancións) destes xogos.
A bisavoa María é como unha enciclopedia!! Ten miles de vivencias interesantísimas, cancións, xogos... Aprendimos moitísimas cousas e volveremos a convidala ao centro porque a súa cabeza e vitalidade son un auténtico tesouro.
Sentímonos afortunados de que aceptase o noso convite!! E o mesmo sentemento cara a mami de Ferchu e Martín, pois sen ela, nada disto sería posible. Mil grazas ás dúas!! María e Verónica son uns auténticos amores.
Grazas unha vez máis por este fermoso agasallo que nos fixéstedes!!
(En breve, poderedes desfrutar da montaxe de vídeo do obradoiro nesta mesma publicación)