Neste espazo poderás coñecer moitos grupos ou músicos galeg@s. Acompañarei cada publicación cunha pequena recensión do artista e algunha das súas cancións para que desfrutedes da súa música.
O fin desta actividade é coñecer un petisquiño do noso riquísimo abano de artistas. Pois sí, somos un terra das máis ricas neste senso. Pero tristemente, ás veces, absorbidos polas “mega producións” ou “produtos comerciais nacionais e internacionais”, non somos conscientes disto. Especialmente as xeracións máis novas.
Descubriredes un novo mundo! Con músicas fermosas que tristemente non teñen a presenza que se merecen, nas canles de radio ou programas de televisión comerciais.
Estade atentos ás publicacións!!
Clica na imaxe para acceder a un pdf interactivo cun feixe de artistas da nosa terra
E se queres coñecer moitos e moitos máis... De todo canto estilo musical se che poida ocorrer...
Visita tamén o portal de Música Galega "galiciantunes"
Nel poderás visualizar videoclips, imaxes, discos.... Un mar de músicas da nosa terra!!
Coñecemos a...
"UKESTRA DO MEDIO"
A Ukestra do Medio é un grupo de ukuleles que nace en Compostela en 2013 facendo versións de temas de diferentes estilos musicais. En 2017 editan “em princípio...” e, en 2020, publican “Outras lérias”, un disco que conta por primeira vez con cancións propias, todas elas en galego. En 2022, a Ukestra lanza “Histórias cativas” e afianza a súa aposta polas composicións do grupo.
"AS TANXEDORAS"
As Tanxedoras, son grupo de musica tradicional galega formado por María Silva, Leni Pérez e Margó Gayoso, presentaron a finais do 2018 o seu último disco 1952, (Homenaxe a Alan Lomax). As Tanxedoras emulan neste traballo a aquelas mulleres e homes que, fronte ao micrófono de Lomax, coas súas voces e a súa forma de tocar, deixaban a esencia da música tradicional galega.
"SUSANA SEIVANE"
Susana SEIVANE: Nada en Barcelona no ano 1976, é a herdeira dunha das familias con máis prestixio dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia, a familia Seivane. Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Álvaro Seivane, e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Ese estilo xenuíno está hoxe presente na forma de tocar de Susana, unha muller que sintetiza o estilo " enxebre" de vellos gaiteiros. Combina este valioso legado con influencia doutras músicas; para iso rodéase dun elenco de mozos músicos que achegan gran frescura e orixinalidade ao seu espectáculo.
Podes visitar un feixe de vídeos no seu facebook, nos que durante o confinamento pola crise sanitaria do COVID 19, estivo dando folgos aos seus veciños coa súa música dende o balcón da casa.
"NAO"
NAO é un grupo galego de música rock orixinario da Estrada, Pontevedra. O grupo leva editados catro álbums de estudo ademais dun EP musical en formato de descarga dixital. As letras das súas cancións caracterízanse polo compromiso político e a crítica social.
"MILLADORIO"
Milladoiro é un grupo musical Galego de música folk celta, nacido a finais da década de 1970 da unión da formación tradicional "Faíscas do Xiabre" cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní. Ademais Milladoiro está considerado como un dos grupos de música "Celta" máis valorados internacionalmente e tocou con "The Chieftains" en numerosas ocasións. Entre outros moitos grupos de recoñecido prestixio!
"LUZ CASAL"
María Luz Casal Paz (Boimorto, A Coruña, 11 de novembro de 1958), coñecida artisticamente como "Luz Casal", é unha cantante galega de pop-rock, que se atopa entre as solistas máis valoradas da música deste país. Tras os seus éxitos a nivel nacional nos anos oitenta, logrou fama internacional! Especialmente en Francia, sobre todo tras incluírse dous dos seus temas na película Tacones Lejanos, de "Pedro Almodóvar". As vendas dos seus discos ascenden a máis de 5.000.000 de exemplares.
"RUXE RUXE"
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rockcombinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico. Atéo momento sacaron á venda doce discos e teñen feito concertos por toda España, Portugal e Italia. As súas cancións téñense utilizado nalgúns programas de televisión e mesmo filmes.
"UXÍA SENLLE"
Uxía é considerada a grande dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás (a forma de música tradicional galega máis antiga e característica) con morna, fado e ritmos brasileiros. Desde a súa estrea con Foliada de marzo en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro de diferentes culturas, e creou o seu repertorio a través das suas continuas viaxes e intercambios con músicos de Brasil, Portugal, Cabo Verde ou Guinea-Bisáu, como João Afonso, Dulce Pontes, António Zambujo, Rui Veloso ou Tito Paris.
Publicou 12 discos, polos que recebeu importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio da Crítica Galicia 2016 ou o Premio a Mellor álbum de música de raíz nos Premios de la música independiente de España por Meu canto, seleccionado tamén como Top of the World pola revista británica Songlines. Entre outros proxectos, é a directora artística e alma mater do Festival Internacional da Lusofonía, Cantos na maré.
Esta semana, na que se achega o día das Letras Galegas, achéganos esta fermosa canción en directo dende a súa propia casa; "A Carvalho Calhero! Unha coroa de violetas".
Aquí vos deixo algún que outro vídeo de ineterese!!
Podes coñecer moitísimas máis cousas da biografía desta espectacular artista na súa páxina web
("Alalá das Mariñas"; Tema orixinal de estudo aquí)
"CARLOS NÚÑEZ"
Carlos Núñez Muñoz (Vigo, Pontevedra, o 16 de xullo de 1971) é un músico español, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo. Comezou coas frautas, e máis adiante, aos oito anos, coa gaita galega. Aos trece anos foi descuberto por The Chieftains, no Auditorio de Castrelos, en Vigo, e comezou a súa carreira na música, que aínda continúa.
Núñez é considerado un "erudito" da música celta. As súas investigacións seguen basicamente dúas liñas relacionadas entre si: a orixe da música celta e a súa fusión coas músicas do mundo actuais. O seu interese polo tema levoulle a percorrer o globo e a relacionarse con músicos e artistas dos países que visitou, para logo plasmar os seus coñecementos e experiencias na súa prolífica discografía.
DISCOGRAFÍA:
- En solitario
A Irmandade dás Estrelas ( BMG Ariola, 1996)
Vos amores libres ( BMG Ariola, 1999)
Maio Longo ( BMG Ariola, 2000)
Todos vos mundos ( BMG Ariola, 2002)
Almas de Fisterra (Sony Music, 2003)
Almas de Fisterra Edición Especial (Sony Music, 2003)
DVD Carlos Núñez & Amigos en casa (Sony/ BMG, 2004)
Cinema do mar (Versión francesa, 2005)
Cinema do mar (Versión española, febreiro de 2007)
Alborada do Brasil (Sony Music 2009)
Discover (Sony Music 2012)
Inter Celtic (2014)
- Colaboracións
Matto Congro (1993)
The Chieftains - Santiago (1996)
Alejandro Amenábar - Mar Dentro (2004)
Memories from Gedo Senki (Banda Sonora da película de anime, Gedo Senki, 2007)
- Premios e recoñecementos
Vigués distinguido en 2007.
Medalla Castelao en 2013.
Premio Agapito Marazuela en 2016
"MERCEDES PEÓN"
Mercedes Peón é considerada unha das mulleres máis carismáticas do circuíto mundial da world music . Naceu en 1967 e aos 13 anos oíu algunhas mulleres cantando na Costa da Morte. O tocar de pandeiro e o cantar o ribeirana foron as detoantes para escoller as cancións, danzas, historias e experiencias dos seus contemporáneos. Transmitido todo este coñecemento a través da docencia nas escolas municipais, na Televisión de Galicia e nas Universidades da Sorbona, Oporto, Gales, etc.
A variedade das súas composicións comezou a partir da polirritmia baixo a mirada dos ritmos máis antigos, culminando en temas ecléticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio, o encanto ea enerxía que provoca cada unha das súas performances, facen desta muller unha aposta segura para a continuidade da escena do etnocontemporánea en Europa.
Despois de afondar na tradición por máis de 25 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum chamado Isué . Expresouse libre de clichés e expandiuse a través do circuito internacional sen ningún esforzo promocional. Nas súas obras posteriores, Ajrú , 2004, Sihá de 2007 e Sós (2008), as súas composicións levárona a unha atmosfera particular na fronteira co electro-acústica, dando como resultado o seu selo dentro e fóra das nosas fronteiras. O último traballo, Deixaas é o resultado dun intenso período de investigacións sobre as posibilidades da arte do son, campo en que é referente internacional.
Os seus últimos traballos están intimamente mergullados con outras disciplinas como a danza ou cine, coa composición musical de O quiosco das almas perdidas , peza de Roberto Oliván para o Centro Coreográfico Galego, asesoramento e composición eletroacústica para o concerto Concerto Desconcerto, da compañía Entremáns. Composición de música para o traballo SóLODOS de Maruxa Salas ou no cine, composición do documental de longa duración Liste, pronunciado Líster , de Margarita Ledo e da curtametraxe Cienfuegos 1913 da mesma autora.
Coñece máis cousas da biografía desta artista galega aquí
“Dos primeiros sopros de Xabier nunha gaita de fol nos albores dos 80 ata Coplas Para Icía (2007) pasaron case 30 anos. A súa curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música popular no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames, etc.
Logo chegou a Nova Galega de Danza coa que participou nos espectáculos Alento, Engado e Tradicción entre os anos 2005 e 2009.
Berrogüetto chamou á porta de Xabier a inicios de 2008 e a viaxe durou até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. Durante este tempo editaron os discos Kosmogonías (2010) e O pulso da terra (2011). Alén diso, obtiveron o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Galegos da Música Martín Códax (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.
Grandes parceiros e amigos seus foron Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero, cos que participou no proxecto aCadaCanto e cos que editou aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014).
Ao longo dos anos, realizou un feixe de colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros/as. Así mesmo, emprendeu numerosas viaxes para levar a música a México, Cimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina, Noruega, Bélxica, Cuba, Escocia, Irlanda, etc.
No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, galardoado como o mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e o mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016). Con el tamén obtivo o premio á mellor canción en galego da primeira edición dos premios aRitmar. Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016.
Dende a presentación de The Tambourine Man e con máis de 70 concertos ás costas en a penas dous anos, visitou Alxer, Oslo, Lorient, Le Chatre, Glasgow, Lisboa, Madrid ou Bruxelas.