Son moitos os motivos pedagóxicos, plásticos e artísticos polos que nos decidimos a elixir a temática do Circo, como fío conductor de todo o traballo para a realización do entroido deste curso escolar 2019-20. Pero poderían sintetizarse todos a través desta fermosa citas de Jordi Jané e Marceli Puig a través do seu "Estudo sobre a formación circense". No que describen o circo como...
"Espectáculo que nos seduce os sentidos e énchenos de emocións, o circo é o
intento de conquistar o imposible, un camiño en busca da beleza no que forza,
risco, axilidade, destreza e picardía #harmonizar para conseguir un calafrío no
espinazo, unha risa espontánea ou unha rendición incondicional. Por iso hai quen di que
o circo é o compendio de todas as artes escénicas"