Skip to Content

Comedor

MENÚS CURSO 2024-25

INSTRUCIÓNS COMEDOR 2024-25

Prezadas familias aquí podesdes consultar as Instrucións do comedor para o curso 2024-25.

Tamén tedes á vosa disposición o modelo ANEXO II de Autodeclaración, que podedes descargar, cumprimentar e entregar no centro o antes posible. Antes do 20 de xullo temos que ter todas para organizar o comedor.

Hai que presentar unha solicitude por cada neno/a.

 

Tedes a vosa disposición esta calculadora simulación prezo comedores que vos pode axudar a facer o cálculo.

 

Instruccións para a correcta xustificación:

  • O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.
  • Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar. Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:
    • Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente, que é o habitual ou ben, da declaración conxunta. (a.1 e a.2 do modelo)
    • Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes das casiñas correspondentes a (retribucións dinerarias) e (intereses) e restar os importes das casiñas correspondentes a (cotizacións seguridade social), (retencións procedentes do traballo) e (retencións procedentes do capital mobiliario), tal e como recolle o artigo 16.2.terceiro do Decreto 132/2013, do 1 de agosto. (a.3 do modelo)
    • Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF. (a.4 do modelo)

No caso de ter máis solicitudes que prazas

Todo o alumnado novo que está escolarizado como de NON ZONA, deberá traer a seguinte documentación (aprobada polo Consello Escolar na reunión do 29 de xuño de 2023) para establecer a orde de entrada no comedor:

  • Certificado de estar en situación socioeconómica desfavorable ou minusvalía do 33% - 1 punto
  • Certificado de familia numerosa - 1 punto
  • Renda percápita en función do modelo de autodeclaración - estableceremos 1 punto ao que teña a renda máis alta e, por orde descendente engadiremos un punto a os seguintes.

Unha vez baremadas as solicitudes, estableceremos unha orde de entrada sendo o 1º en entrar o que máis puntos obteña.

 

O alumnado de NON ZONA que obteña praza no comedor, faino EN PRECARIO. Quere decir que, se no avance do curso, ven un alumno/a que sexa de zona e solicite comedor, desprazará fóra ao último que entrou.

Apertura do prazo de admisión de colaboradores voluntarios do comedor curso 2024-25

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

 

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto desde o 25 de xuño ata o 1 de setembro de 2024.

INFORMACIÓN PARA USUARIOS DO COMEDOR

Comezamos o curso 2023-24!

Todas as familias que solicitaron comedor para o curso 2023-24 están admitidas (algunha delas en precario ao non ser de zona)

O servizo comeza o luns 11 de setembro agás o alumnado de 4º de Educación Infaltil (3 anos) que comezará o luns 18 de setembro unha vez remate o período de adaptación.

 

ORGANIZACIÓN COMEDOR 2023-24

 

  • Faremos 1 quenda única.

  • O alumnado poderá recollerse a partir das 15:30 horas que se abrirán as portas para acceder ao recinto escolar: a do ximnasio (xunto ao aparcadoiro das familias) e a que está xunto ao Polideportivo Ezequiel Mosquera.

  • NON se poderá recoller fóra deste horario salvo causa de forza maior: consulta médica ou urxencia familiar. No caso de consulta médica, deberedes informar con antelación á dirección do centro mediente correo electrónico (ceip.ramallosa@edu.xunta.galNeste caso teredes que acceder a centro pola porta principal.

     

FICHA TÉCNICA PRATOS

Se queredes ver a ficha técnicas dos pratos que elaboramos no cole, clicade AQUÍ

Tamaño Orientativo das racións para a poboación en idade escolar

Neste documento tedes á vosa disposición unha TÁBOA ORIENTATIVA das racións que debe comer a poboación en idade escolar.

Protocolo do comedor do CEIP Plurilingüe da Ramallosa

Distribuir contido


by Dr. Radut