Skip to Content

Blogue de María

BRICAE: Brigada Contra o Acoso Escolar

Este vídeo forma parte do traballo desenvolvido polo alumnado de 4º B, no afán de facer achegas para evitar o acoso escolar.

A horta de Samuel

Lembrades todo o que plantara Samuel na súa horta? Pois, despois dun tempiño, aquí está o resultado!

Xa ten pementos, tomates e leitugas e teñen tan boa pinta que dan ganas de comelos...

 

Aí ven o maio...

Agora que remata o mes de maio aquí tedes os maios tan marabillosos que fixeron as nenas e nenos de 3º B

 

ESTA SEMANA TOCA...COCIÑAR! MIRADE TODO O QUE FIXERON OS CHEFS E AS CHEFS DA NOSA AULA

Noa G. fixo esta riquísima torta de chocolate. Os seus pais colaboraron con ela facendo a crema pasteleira e de chocolate e Noa montou a torta. Que ganas de probala!

Mencía amasou, amasou e amasou e fixo este pan que está dicindo: Cómeme!!!

Lía e a súa irmá Sabela ensínannos a facer tortas de nata. Que ben o pasaron!

 Queredes saber como facer muffins de laranxa e tortiñas? Pois non tedes que máis que ver o vídeo que nos mandan Brais e Noa. Veña, a cociñar!

E aquí outra torta estupenda que fixo Catuxa: 

E como non todo van ser sobremesas, Ilía fixo  esta estupenda pizza coa súa nai. Mmmmmm!

 Bea mandounos un debuxo ben bonito das magdalenas que fixo. Se cociñamos todo isto, creo que imos engordar moito!!!

E este é o debuxo da torta que fixo Lucía:

A receita de Carlota é esta marabillosa torta de nata e amorodos. Con ela celebrou o seu aniversario.

Conto: "A vaca que puxo un ovo"

 Lía quixo axudar á súa irmá Sabela cun traballiño que tiña que enviar aos seus compañeiros da escola de Cacheiras. Contoulles un contiño e fíxoo tan ben, tan beeen, que quixo compartir este vídeo con nós. Veredes como vos gusta!

 

QUEREDES SABER QUE ANDAMOS A FACER OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO B NESTES DÍAS?

Como non todo vai ser traballar e cociñar, Noa G. saiu de paseo en bici cos seus pais. A ver se sabedes por onde andivo...

Noa e o seu irmán Brais leron moitos libros estes días. Aquí tedes algúns dos que máis lles gustaron. Animádevos a lelos!

                                                                              

Ánxela mándanos unha preciosa montaxe de todas as actividades que fixo nesta semana: tivo de tempo de pasear, andar na bici, tocar o piano e traballar un pouquiño. E unha foto apagando as candeas no seu aniversario. Parabéns Ánxela por eses 9 anos!

Lucía sae de paseo ben acompañada polos seus cans porque así é máis divertido e aproveita para intentar atopar as ras que andan nas pozas.

                                                                                                                                                                              

 Samuel non traballa só nas tarefas do cole senón que está feito todo un granxeiro. Á súa nai gústanlle moito as plantas e el axúdalle moito estes días. Plantaron tomates, pementos, leituga e tamén plantas aromáticas como macela, ourego, herba luisa ou ceboliño. Cando volvamos á escola ten que contarnos todo!

Martiño aproveitou estes días que xa se pode saír para coñecer a aldea de Ínsua, en Luou, e así poidades ver o bonita que é. Ademais continúa traballando con moito interese. Bravo, Martiño!

Brais e Noa tamén estiveron de aniversario e celebrárono cos seus pais. Xa teñen 9 anos! Como lle gustan moito os puzles, regaláronlle varios de 500 pezas e un do campo do Barça, o equipo favorito de Brais. E xa os fixeron todos porque son uns expertos. Que festa tan bonita, parabéns aos dous!

 

O día 24 de abril Carlota cumpriu 9 anos. E, aínda que non puido celebralo cos seus amigos e amigas, non quedou sen torta. Aquí tedes unha foto da que fixo coa súa familia. Que boa pinta ten!!! Parabéns, Carlota!

Agora que xa se pode saír, Catuxa mándanos unhas fotos paseando co seu monopatín. E sabemos que é moi responsable e garda as distancias de seguridade.

Lía está tan contenta co seu diploma #quedanacasa que nos manda unha foto. Ademais ten a sorte de pasar o confinamento coa súa familia en Louro e puido pasear na beira do mar. Que envexa nos dá!

Samuel sabe que é moi importante seguir esforzándose e está traballando moito. Mirade que concentrado está facendo as súas tarefas!

 

Despois de tantos días de estar na casa, Mencía tiña moitas ganas de saír pasear. Mirade que ben o pasou co seu monopatín. É unha campiona!

E aquí amosándonos moi orgullosa o seu diploma #quedanacasa polo ben que o está facendo

 Ilía está aproveitando moi ben o tempo xogando moito no seu cuarto de xogos, desfrutando do bo tempo no columpio que lle fixo o avó no carballo centenario e axudando a mamá a cociñar larpeiradas. Gárdanos unhas poucas, por favor!

 

 

Día do Libro en 3º B

Distribuir contido


by Dr. Radut