Noa G. fixo esta riquísima torta de chocolate. Os seus pais colaboraron con ela facendo a crema pasteleira e de chocolate e Noa montou a torta. Que ganas de probala!
Mencía amasou, amasou e amasou e fixo este pan que está dicindo: Cómeme!!!
Lía e a súa irmá Sabela ensínannos a facer tortas de nata. Que ben o pasaron!
Queredes saber como facer muffins de laranxa e tortiñas? Pois non tedes que máis que ver o vídeo que nos mandan Brais e Noa. Veña, a cociñar!
E aquí outra torta estupenda que fixo Catuxa:
E como non todo van ser sobremesas, Ilía fixo esta estupenda pizza coa súa nai. Mmmmmm!
Bea mandounos un debuxo ben bonito das magdalenas que fixo. Se cociñamos todo isto, creo que imos engordar moito!!!
E este é o debuxo da torta que fixo Lucía:
A receita de Carlota é esta marabillosa torta de nata e amorodos. Con ela celebrou o seu aniversario.