Skip to Content

Obradoiro de arte. E.I.

Certame de Arte Escolar - Fundación Granell

As pequenas e pequenos grandes aristas de Educación Infantil e Primaria, partillamos con vós con grande emoción as nosas creacións elaboradas para o "Certame de arte escolar da Fundación Granell". Este ano co tema de "Granell, natureza e medio ambiente". Temática do noso Proxecto de Escola Verde: "EcoTeo; Ramalloseir@s coa natureza"

Podedes visitar a EXPOSICIÓN durante todas as vacacións de nadal no Museo Granell, ubicado no Pazo de Bendaña (Praza do Toural - Compostela). Ademais do agasallo de nos expoñer todos os nosos traballos, tres dos participantes obtiveron premio. André Rey Álvarez na categoría de construción, Sergio Castro Baliñas en debuxo e Alba Martínez Gómez en collage.

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL.

Un nadal máis, participamos na xa XIX edición desta interesante iniciativa, onde ademais do concurso con distintas categorías, o realmente importante e interesante é que durante todas as vacacións e ata o 14 de xaneiro, todas as obras das criaturas de E.I. teñen expostas os seus creativos traballos.

 

Desta volta, non nos podemos sentir máis orgullosas e orgullosos pois recoñecéronse varios galardóns en distrintas categorías.

 

Parabéns a todo o alumnado polo seu traballo que poderedes ver nas fotografías.

 

Mirade a Álvaro gañador da categoría de debuxo, a Thyago na categoría de pintura, a Yanira en collage e a Mateo na de construcción, con que orgullo reciben a súa linda escultura, creada específicamente para o certame.

 E premendo nesta imaxe da exposición ou aquí, podedes observar todo o laborioso proceso das fantásticas creacións.

          

COMEZAMOS O CURSO 23-24

MOI BENVIDAS E BENVIDOS A ESTE ILUSIONANTE, CREATIVO E COLORIDO CURSO.

Agardemos e temos todos os desexos de que así sexa!

 

Antes de comezar a presentarvos as actividades e proxectos deste ano, partillamos con vós unha iniciativa conxunta co Colexio J.H. Newman de Madrid sobre fotografía e que con toda probabilidade, continuaremos este curso.

 

O primeiro obxectivo era dar a coñecer a os nosos novos amigos e amigas madrileños a nosa contorna, o noso centro e a nosa realidade próxima a partres das fotografías realizadas polas criaturas cunha cámara reflex da escola. Percorremos e  todos os currunchos do centro e paseamos mesmo por fóra por lugares próximos. Cada neno e nena, observaba e decidía que quería fotografiar. Ademais mantivemos unha vídeo conferencia para presentarnos.

Como facemos en calquera proceso, primeiramente, documentámonos, analizamos e estudamos as partes da cámara que iamos usar, asi como doutras. Vimos varios tipos diferentes, analóxicas, con carrete, negativos...Cousas hoxe en día sorprendentes.

Primeiramente podededes visualizar como foi o proceso e os pasos que demos. Mirade nesta imaxe, ou ben premendo aquí.

 

 

E de seguido, podedes ver os resultados finais destes e destas súper profesionais da fotografía.  Velaí aquí as tedes. enriba da imaxe, podedes velas en xeito presentación.

Vídeo Ineteración

INTERACCIÓN ENTRE MUSEOS, INSTITUCIÓNS E ESCOLA.

Como ben sabedes, este curso participamos en proxectos con distintas Institucións museísticas e Comunidades e Organización adicadas ao mundo das Artes Plásticas, Visuais e Artísticas. Todas as experiencias de traballo desenvoltas, coinciden en destacar a importancia da acción e investigación, traballando conceptos como identidade, territorio, contorna e pertenza. 

Como teredes visto no blogue, recibimos a maleta Big Valise e  inauguramos o Baúl Celebratorio do Museo Thyssen de Madrid. Un ano máis, tamén participamos no Certame de Arte Escolar da Fundación Eugenio Granell, onde todas as obras extiveron expostas durante as vacación de nadal e co Museo de Arte Contemporáneo de Santiago, que nos prestou un material do máis interesante.

Todas estas actividades tan interesantes, e outras máis, podédelas consultar neste mesmo blogue. 

Neste curso, coma estades a comprobar, moitos deses traballos foron efémeros, pero os resultados  individuais deste, van ser enviados en fotografías.

Na última semana, como é habitual, enviaremos todas as producións. 

Quedan aínda por subir, as derradeiras propostas que poderedes consultar xa a semana que vén.

 

Agora, agadamos que vos guste todo o noso creativo traballo. Consultade este vídeo que recolle todas esas interesantes experiencias.

 

 

 https://www.youtube.com/watch?v=kl_OMPY5KV4

 

 

 

 

CARTOGRAFÍAS TÉXTILES

CARTOGRAFÍAS TÉXTILES.

Trátase dun proxecto internacional de investigación-acción participativa que procura mover o estudo e o facer artístico con materiais e técnicas textis como o bordado( ou calquera outra) e ten como eixo temático o obxectivo 16 de Desenvolvemento Sostible da axenda 2030 das Nacición Unidas que reclama promover sociedades xustas, participativas e inclusivas.

Mediante a elaboración de pequenas pezas en tea de 10*10 cms, procuramos reflexionar sobre a nosa ralación coa contorna e o territorio e así favorecer a cphesión social, o medioambiente e a relación coa identidade e patrimonio.

O lema proposto destev interesante proxecto foi: Dálle voz ao teu lugar.

 

Aquí en Galicia, a coordinación correu a cargo das profesoras de Educaciíón Visula e Plástica da Escola de Maxisterio de Santiago, Cristina Trigo Martínez e Chus Agra e o apoio do Museo do Pobo Galego, que deixou parte das súas instalación para a exhibición de todas as achegas recibidas e que poderedes visitar ata o 30 de abril.

A mostra seguirá percorrido por varios lugares máis do mundo e a próxima parada será en Namibia.

 

  Aquí, podedes ver os marabillosos traballos que realizamos.

Aínda estades a tempo de ires visitala.

 

 

OUTRO NOVO PROXECTO

NON O IDES CRER!

Logo de realizar un novo monográfico de formación no CGAC sobre volume e construción tridimensinal coa profesora de de Artes Gael Zamora na faculatade de Segovia e da que sempre aprendes e que nunca deixa de sorpender, con toda a confianza pedinlle prestado este material que me pareceu marabilloso para levar á aula. Por suposto, agradecer a Gael a súa xenerosidade, a Virginia do CGAC pola súa amabilidade e á miña amiga e compañeira Laura García por esa magnífica Rosalía. Agora toca adiviñar que é ese material. 

 

Así de vistosas foron as nosas producións. aquí ou na imaxe, partillamos.


2º TRIMESTRE

MALETA CELEBRATORIO

Estamos de festa.

E a ocasión ben paga a pena. O colectivo Musaraña de Educathyssen de docentes adicadas e adicados ao mundo da arte, festexamos o noso 10 aniversario. Por ese motivo de celebración, aínda por riba tivemos a honra de ser o primeiro centro en poder gozar deste baúl cun material espectacular que desenveolveu en nós o gusto por experimentar, descubrir e comunicarnos visual, narrativa  e poéticamente nun ambiente lúdico e de xogo. Poidemos gozar del do xoves 19 de xaneiro ao 14 de febreiro. Ben que nos custou despedirnos!Nas fotografías, clicando aquí ou na imaxe, podedes ver o tipo deIMA materiais creados por Sara San Gregorio.

 

8M. CONMEMORACIÓN DO DÍA DA VIOLENCIA MACHISTA.

Aínda a estas alturas, temos que seguir a trababallar pola igualdade entre homes e mulleres en todos os eidos e o que é peor, por acabar coa lacra da violencia, falta de dereitos e a opresión que se produce entre o xénero feminino. Logo da lectura de varios textos infantiles onde se pon de relevo esa desigualdade, decidimos que o símbolo desta data que nos representa, quedara no patio cuberto para que poidera ver todo o alumnado. Coma sempre, para probar e cambir de soportes e presentación, ocorréusenos facer en papel de acetato e en papel fotográfico con rotulador pemanente lila. presentámolo nunhas bandas continuas a  modo de volantas. Por mor do vento, ao final, tiveron que ser trasladadas que trasladar ao interior. Ás veces as instalacións, teñen estas cousas! O importante, foi a coincienciación de traballarmos e sensibilizarnos de que aostamos e traballaremos un mundo igualitario onde todas as persoas teñamos os mesmos dereitos. 

 Mirade todas as nosas transparencias aquí.

MAXINARIA.

2º mostra internacional de Ilustración contemporánea.

O 24 de febreiro asistimos á sede da Afundación, na Rúa do Vilar de Santiago a este interesante mostra. Ademais de ver as lindezas alí expostas, poidemos tamén gozasr dun Obradoiro didáctico onde fixemos aiuténtica chuvia de ideas con paraugas. Para máis información poñédevos no subtítulo.

Aquí ou na ilustración, podedes velo.

 

BIG VALISE

QUE É A BIG VALISE?

É un proxecto impulsado por Educathyssen destinado a profesorado e alumnado desde Educación Infantil a Bacharelato, que busca potenciar o coñecemento do territorio físico e afectivo dos nenos e nenas a partir dunha grande maleta viaxeira.

O obxectivo é a partir da obra dos artistas Joseph Cornell e Kurt Schwitters  e que podedes ver nas fotografías ou enriba dos seus nomes, é traballar conceptos coma obra colaborativa, pertenza, metamorfose ou obra cotidiana.

Para obteres máis información, podedes premer aquí.

Esta é a segunda vez que nos visita. Aló no curso 16-17, tivemos a honra de participar na primeira edición. Se paseades polo blogue ata alá, podedes ver o noso traballo daquela. 

Nas dúas ocasións, aportamos un obxecto persoal e prezado por nós, para desenvolver a actividade. Desta volta, incriblemente conseguimos ser máis minimalistas e presentalo nun pen a partir do vídeo editado por Benxa Salgado e tedes máis adiante. Así podiamos recoller todas e cada unha das nosas alfaias.

Se premedes na imaxe ou aquí, tedes todo o proceso.

DEIXÁMOVOS 4 VÍDEOS

Parirtillamos os nosos obxectos prezados e expliclámosvos o porqué da nosa elección. ao ser un enlace, tedes que clicar nel.

Video I

https://www.youtube.com/watch?v=U4CLfx5aD5Q

Vídeo II

https://www.youtube.com/watch?v=s3cDaPI5KkE

 Vídeo III

https://www.youtube.com/watch?v=vDz5T50d-pY

Video IV

https://www.youtube.com/watch?v=XDgd04JPlYo

 

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL.

De novo poidemos participar no Certame de Arte escolar da Fundación Granell, posto que coma ben sabedes, por mor da pandemia levaba 2 anos sen se convocar. Nesta xa nova edición o tema a taballar foi: A nosa personaxe favorita. Coma sempre cada quen decidiu como facela, formato, técnica, soporte...Ademais quero destacar a importancia de elexir aquelo que é apreciado persoalmente e que conrtibúe á desenvolver a súa sensibilidade emoconal. E así quedaron de variadas e espectaculares.

Unha grande recompesa a ese traballo tan ben feito, foi que ademais de tres premios individuais, o reato do alumnado poido asistir durante todas as vacacións de nadal a ver a súa obra de arte a un dos museos máis importantes de Santiago, dignificando a súa produción.

 

Mirade na fotografía ou aquí procesos, resultados e mostra na propoia fundación.

CURSO 2022-23. 1º TRIMESTRE

BENVIDAS, BENVIDOS.

Sen tempo non era!

Antes de nada, quería perdir desculpas persolamente por ter tardado tando en amosarvos o noso intenso e creativo traballo no Obradoiro de Artes Visuais e Plásticas de E.I. neste curso.

Non vaiades pensar que pouco ou case nada fixemos. Cando consiga actualizar todas as propostas, veredes que coma sempre non deixamos de dárlle á cabeza e ás mans.

Por circunstancias profesionais que agora vos contarei e incluso algunha persoal pero intrascendente, este traballo que considero de suma importancia para poder partillar con toda a Comunidade educativa o noso facer, foise adiando. Irei aos pouquiños, pero prometo que axiña teredes todo ao día.

 

Unha das razóns foi que nomes de novembro, asistín ao I Congreso Internacional de Arte e Literatura organizado pola USC, para presentar a traxectoria, filosofía e dinámica destes 14 anos de traballo no cole. Iso supuxo adicarlle moito tempo á presentación da ponencia, que cando se publique no libro de actas da Universidade, farei pública. Con grande orgullo teño que dicir que todo o mundo nos felicitou, e en especial ás criaturiñas creativas, artísticas e fantásticas por todo o labor realizado.

Como adianto a algunha proposta e como saberedes polos nenos e nenas e polas peticións feitas, entre outras sorpresas, recibimos dúas maletas do Museo Thyssen. A Big Valise no mes de outubro, e agora estamos gozado da Maleta Celebratorio do 10 aniversario do Colectivo Musaraña de Educathyssen do que formo parte. Dicirvos que somos o 1º Centro educativo en recibila e poo tanto estrenala. Tamén, ao igual que sempre, agás os anos da pandemia poidemos voltar a expor as nosas obras de arte na Fundación Granell de Santiago, dentro do Certame de Arte Escolar e que poidestes visitar durante todas as vacacións de Nadal coa finalidade de dárlle importancia e recoñecemento público ao taballo artístico do alumnado.

Nós nutrímonos de todo o que nos envolve e rodea, pero considero indispensable un camiño de ida e volta onde derrubemos os muros da escola e partillemos coa sociedade a nosa creación.

PRESENTÁMOSVOS O NOSO LUGAR DE TRABALLO.

De novo, voltamos ao Salón de actos, chamado con todo merecemento D. Avelino Pousa Antelo. Para que lembredes, o noso lugar de traballado durante moitísimos anos, enviámosvos unhas fotos actualizadas do Obradoiro.  Clica aquí ou na foto para velo.

 

 

 COMEZA A SESIÓN DO NOVO PROXECTO DESTE CURSO: ARTE, LETRAS E MOITO QUE CONTAR.

Xa sabedes, que ademais da toma de contacto cos novos materiais e neste caso, co novo espazo de traballo, un clásico é comezar presentándonos coa elaboración dun autorretrato. Todos os cursos, variamos o soporte, útiles ou técnica. Dentro deste proxecto ao redor da comunicación visual, plástica e literaria, posto que sempre verbalizamos como nos vemos e nos sentimos, desta volta, debuxámonos con ceras grosas acuarealables en follas de papel de xornal.

Poderedes imaxinar que a maioría nunca vira físicamente a prensa. Pero non é de estranar. Quen de nós, merca nestes momentos xornais en papel? De feito algunha criatura si sabía deles pero maioritariamente por avós e avoas. Deunos moito xogo e aprendimos moito desa tipoloxía textual. Título, titulares, seccións, noticias destacadas, pé de fot, anuncios, portada, contraportada.....

Coma vedes, outra dos obxectivos deste Obradoiro é poder conxugar  e traballar conxuntamente varias linguaxes.

Aquí tedes unha pequeniña mostra deste proceso. Tamén premendo sobre o debuxo.

 

 

25N.

Apesares de ser unha data que non habería que conmemorar, ben é certo que tampouco podemos ocultar ás criaturas a realidade de desigualdade e a descriminación que, por desgraza, sofren moitas mulleres, así como situacións de humillación e mesmo maltrato psicolóxico ou físico. Despois da lectura dalgunha publicacións infantiles magníficas sobre o tema e a concienciación de loitarmos nun mesmo bando, decidimos plasmar con debuxos en cartolinas negras e folios de cores, situacións de abuso a mulleres para logo deixar voar, facendo avións de papel desde as xanelas do Salón de actos para que poidera ser visto por alumnado doutros ciclos.

 

Ese é un resumo da actividade, podedes velo aquí ou na fotografía.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut