BIG VALISE
QUE É A BIG VALISE?
É un proxecto impulsado por Educathyssen destinado a profesorado e alumnado desde Educación Infantil a Bacharelato, que busca potenciar o coñecemento do territorio físico e afectivo dos nenos e nenas a partir dunha grande maleta viaxeira.
O obxectivo é a partir da obra dos artistas Joseph Cornell e Kurt Schwitters e que podedes ver nas fotografías ou enriba dos seus nomes, é traballar conceptos coma obra colaborativa, pertenza, metamorfose ou obra cotidiana.
Para obteres máis información, podedes premer aquí.
Esta é a segunda vez que nos visita. Aló no curso 16-17, tivemos a honra de participar na primeira edición. Se paseades polo blogue ata alá, podedes ver o noso traballo daquela.
Nas dúas ocasións, aportamos un obxecto persoal e prezado por nós, para desenvolver a actividade. Desta volta, incriblemente conseguimos ser máis minimalistas e presentalo nun pen a partir do vídeo editado por Benxa Salgado e tedes máis adiante. Así podiamos recoller todas e cada unha das nosas alfaias.
Se premedes na imaxe ou aquí, tedes todo o proceso.
DEIXÁMOVOS 4 VÍDEOS
Parirtillamos os nosos obxectos prezados e expliclámosvos o porqué da nosa elección. ao ser un enlace, tedes que clicar nel.
Video I
https://www.youtube.com/watch?v=U4CLfx5aD5Q
Vídeo II
https://www.youtube.com/watch?v=s3cDaPI5KkE
Vídeo III
https://www.youtube.com/watch?v=vDz5T50d-pY
Video IV
https://www.youtube.com/watch?v=XDgd04JPlYo
Comentarios
Enviar un novo comentario