Skip to Content

Blogue de marisa

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL.

Un nadal máis, participamos na xa XIX edición desta interesante iniciativa, onde ademais do concurso con distintas categorías, o realmente importante e interesante é que durante todas as vacacións e ata o 14 de xaneiro, todas as obras das criaturas de E.I. teñen expostas os seus creativos traballos.

 

Desta volta, non nos podemos sentir máis orgullosas e orgullosos pois recoñecéronse varios galardóns en distrintas categorías.

 

Parabéns a todo o alumnado polo seu traballo que poderedes ver nas fotografías.

 

Mirade a Álvaro gañador da categoría de debuxo, a Thyago na categoría de pintura, a Yanira en collage e a Mateo na de construcción, con que orgullo reciben a súa linda escultura, creada específicamente para o certame.

 E premendo nesta imaxe da exposición ou aquí, podedes observar todo o laborioso proceso das fantásticas creacións.

          

COMEZAMOS O CURSO 23-24

MOI BENVIDAS E BENVIDOS A ESTE ILUSIONANTE, CREATIVO E COLORIDO CURSO.

Agardemos e temos todos os desexos de que así sexa!

 

Antes de comezar a presentarvos as actividades e proxectos deste ano, partillamos con vós unha iniciativa conxunta co Colexio J.H. Newman de Madrid sobre fotografía e que con toda probabilidade, continuaremos este curso.

 

O primeiro obxectivo era dar a coñecer a os nosos novos amigos e amigas madrileños a nosa contorna, o noso centro e a nosa realidade próxima a partres das fotografías realizadas polas criaturas cunha cámara reflex da escola. Percorremos e  todos os currunchos do centro e paseamos mesmo por fóra por lugares próximos. Cada neno e nena, observaba e decidía que quería fotografiar. Ademais mantivemos unha vídeo conferencia para presentarnos.

Como facemos en calquera proceso, primeiramente, documentámonos, analizamos e estudamos as partes da cámara que iamos usar, asi como doutras. Vimos varios tipos diferentes, analóxicas, con carrete, negativos...Cousas hoxe en día sorprendentes.

Primeiramente podededes visualizar como foi o proceso e os pasos que demos. Mirade nesta imaxe, ou ben premendo aquí.

 

 

E de seguido, podedes ver os resultados finais destes e destas súper profesionais da fotografía.  Velaí aquí as tedes. enriba da imaxe, podedes velas en xeito presentación.

Vídeo Ineteración

INTERACCIÓN ENTRE MUSEOS, INSTITUCIÓNS E ESCOLA.

Como ben sabedes, este curso participamos en proxectos con distintas Institucións museísticas e Comunidades e Organización adicadas ao mundo das Artes Plásticas, Visuais e Artísticas. Todas as experiencias de traballo desenvoltas, coinciden en destacar a importancia da acción e investigación, traballando conceptos como identidade, territorio, contorna e pertenza. 

Como teredes visto no blogue, recibimos a maleta Big Valise e  inauguramos o Baúl Celebratorio do Museo Thyssen de Madrid. Un ano máis, tamén participamos no Certame de Arte Escolar da Fundación Eugenio Granell, onde todas as obras extiveron expostas durante as vacación de nadal e co Museo de Arte Contemporáneo de Santiago, que nos prestou un material do máis interesante.

Todas estas actividades tan interesantes, e outras máis, podédelas consultar neste mesmo blogue. 

Neste curso, coma estades a comprobar, moitos deses traballos foron efémeros, pero os resultados  individuais deste, van ser enviados en fotografías.

Na última semana, como é habitual, enviaremos todas as producións. 

Quedan aínda por subir, as derradeiras propostas que poderedes consultar xa a semana que vén.

 

Agora, agadamos que vos guste todo o noso creativo traballo. Consultade este vídeo que recolle todas esas interesantes experiencias.

 

 

 https://www.youtube.com/watch?v=kl_OMPY5KV4

 

 

 

 

CARTOGRAFÍAS TÉXTILES

CARTOGRAFÍAS TÉXTILES.

Trátase dun proxecto internacional de investigación-acción participativa que procura mover o estudo e o facer artístico con materiais e técnicas textis como o bordado( ou calquera outra) e ten como eixo temático o obxectivo 16 de Desenvolvemento Sostible da axenda 2030 das Nacición Unidas que reclama promover sociedades xustas, participativas e inclusivas.

Mediante a elaboración de pequenas pezas en tea de 10*10 cms, procuramos reflexionar sobre a nosa ralación coa contorna e o territorio e así favorecer a cphesión social, o medioambiente e a relación coa identidade e patrimonio.

O lema proposto destev interesante proxecto foi: Dálle voz ao teu lugar.

 

Aquí en Galicia, a coordinación correu a cargo das profesoras de Educaciíón Visula e Plástica da Escola de Maxisterio de Santiago, Cristina Trigo Martínez e Chus Agra e o apoio do Museo do Pobo Galego, que deixou parte das súas instalación para a exhibición de todas as achegas recibidas e que poderedes visitar ata o 30 de abril.

A mostra seguirá percorrido por varios lugares máis do mundo e a próxima parada será en Namibia.

 

  Aquí, podedes ver os marabillosos traballos que realizamos.

Aínda estades a tempo de ires visitala.

 

 

OUTRO NOVO PROXECTO

NON O IDES CRER!

Logo de realizar un novo monográfico de formación no CGAC sobre volume e construción tridimensinal coa profesora de de Artes Gael Zamora na faculatade de Segovia e da que sempre aprendes e que nunca deixa de sorpender, con toda a confianza pedinlle prestado este material que me pareceu marabilloso para levar á aula. Por suposto, agradecer a Gael a súa xenerosidade, a Virginia do CGAC pola súa amabilidade e á miña amiga e compañeira Laura García por esa magnífica Rosalía. Agora toca adiviñar que é ese material. 

 

Así de vistosas foron as nosas producións. aquí ou na imaxe, partillamos.


2º TRIMESTRE

MALETA CELEBRATORIO

Estamos de festa.

E a ocasión ben paga a pena. O colectivo Musaraña de Educathyssen de docentes adicadas e adicados ao mundo da arte, festexamos o noso 10 aniversario. Por ese motivo de celebración, aínda por riba tivemos a honra de ser o primeiro centro en poder gozar deste baúl cun material espectacular que desenveolveu en nós o gusto por experimentar, descubrir e comunicarnos visual, narrativa  e poéticamente nun ambiente lúdico e de xogo. Poidemos gozar del do xoves 19 de xaneiro ao 14 de febreiro. Ben que nos custou despedirnos!Nas fotografías, clicando aquí ou na imaxe, podedes ver o tipo deIMA materiais creados por Sara San Gregorio.

 

8M. CONMEMORACIÓN DO DÍA DA VIOLENCIA MACHISTA.

Aínda a estas alturas, temos que seguir a trababallar pola igualdade entre homes e mulleres en todos os eidos e o que é peor, por acabar coa lacra da violencia, falta de dereitos e a opresión que se produce entre o xénero feminino. Logo da lectura de varios textos infantiles onde se pon de relevo esa desigualdade, decidimos que o símbolo desta data que nos representa, quedara no patio cuberto para que poidera ver todo o alumnado. Coma sempre, para probar e cambir de soportes e presentación, ocorréusenos facer en papel de acetato e en papel fotográfico con rotulador pemanente lila. presentámolo nunhas bandas continuas a  modo de volantas. Por mor do vento, ao final, tiveron que ser trasladadas que trasladar ao interior. Ás veces as instalacións, teñen estas cousas! O importante, foi a coincienciación de traballarmos e sensibilizarnos de que aostamos e traballaremos un mundo igualitario onde todas as persoas teñamos os mesmos dereitos. 

 Mirade todas as nosas transparencias aquí.

MAXINARIA.

2º mostra internacional de Ilustración contemporánea.

O 24 de febreiro asistimos á sede da Afundación, na Rúa do Vilar de Santiago a este interesante mostra. Ademais de ver as lindezas alí expostas, poidemos tamén gozasr dun Obradoiro didáctico onde fixemos aiuténtica chuvia de ideas con paraugas. Para máis información poñédevos no subtítulo.

Aquí ou na ilustración, podedes velo.

 

BIG VALISE

QUE É A BIG VALISE?

É un proxecto impulsado por Educathyssen destinado a profesorado e alumnado desde Educación Infantil a Bacharelato, que busca potenciar o coñecemento do territorio físico e afectivo dos nenos e nenas a partir dunha grande maleta viaxeira.

O obxectivo é a partir da obra dos artistas Joseph Cornell e Kurt Schwitters  e que podedes ver nas fotografías ou enriba dos seus nomes, é traballar conceptos coma obra colaborativa, pertenza, metamorfose ou obra cotidiana.

Para obteres máis información, podedes premer aquí.

Esta é a segunda vez que nos visita. Aló no curso 16-17, tivemos a honra de participar na primeira edición. Se paseades polo blogue ata alá, podedes ver o noso traballo daquela. 

Nas dúas ocasións, aportamos un obxecto persoal e prezado por nós, para desenvolver a actividade. Desta volta, incriblemente conseguimos ser máis minimalistas e presentalo nun pen a partir do vídeo editado por Benxa Salgado e tedes máis adiante. Así podiamos recoller todas e cada unha das nosas alfaias.

Se premedes na imaxe ou aquí, tedes todo o proceso.

DEIXÁMOVOS 4 VÍDEOS

Parirtillamos os nosos obxectos prezados e expliclámosvos o porqué da nosa elección. ao ser un enlace, tedes que clicar nel.

Video I

https://www.youtube.com/watch?v=U4CLfx5aD5Q

Vídeo II

https://www.youtube.com/watch?v=s3cDaPI5KkE

 Vídeo III

https://www.youtube.com/watch?v=vDz5T50d-pY

Video IV

https://www.youtube.com/watch?v=XDgd04JPlYo

 

CURSO 2022-23. 1º TRIMESTRE

BENVIDAS, BENVIDOS.

Sen tempo non era!

Antes de nada, quería perdir desculpas persolamente por ter tardado tando en amosarvos o noso intenso e creativo traballo no Obradoiro de Artes Visuais e Plásticas de E.I. neste curso.

Non vaiades pensar que pouco ou case nada fixemos. Cando consiga actualizar todas as propostas, veredes que coma sempre non deixamos de dárlle á cabeza e ás mans.

Por circunstancias profesionais que agora vos contarei e incluso algunha persoal pero intrascendente, este traballo que considero de suma importancia para poder partillar con toda a Comunidade educativa o noso facer, foise adiando. Irei aos pouquiños, pero prometo que axiña teredes todo ao día.

 

Unha das razóns foi que nomes de novembro, asistín ao I Congreso Internacional de Arte e Literatura organizado pola USC, para presentar a traxectoria, filosofía e dinámica destes 14 anos de traballo no cole. Iso supuxo adicarlle moito tempo á presentación da ponencia, que cando se publique no libro de actas da Universidade, farei pública. Con grande orgullo teño que dicir que todo o mundo nos felicitou, e en especial ás criaturiñas creativas, artísticas e fantásticas por todo o labor realizado.

Como adianto a algunha proposta e como saberedes polos nenos e nenas e polas peticións feitas, entre outras sorpresas, recibimos dúas maletas do Museo Thyssen. A Big Valise no mes de outubro, e agora estamos gozado da Maleta Celebratorio do 10 aniversario do Colectivo Musaraña de Educathyssen do que formo parte. Dicirvos que somos o 1º Centro educativo en recibila e poo tanto estrenala. Tamén, ao igual que sempre, agás os anos da pandemia poidemos voltar a expor as nosas obras de arte na Fundación Granell de Santiago, dentro do Certame de Arte Escolar e que poidestes visitar durante todas as vacacións de Nadal coa finalidade de dárlle importancia e recoñecemento público ao taballo artístico do alumnado.

Nós nutrímonos de todo o que nos envolve e rodea, pero considero indispensable un camiño de ida e volta onde derrubemos os muros da escola e partillemos coa sociedade a nosa creación.

PRESENTÁMOSVOS O NOSO LUGAR DE TRABALLO.

De novo, voltamos ao Salón de actos, chamado con todo merecemento D. Avelino Pousa Antelo. Para que lembredes, o noso lugar de traballado durante moitísimos anos, enviámosvos unhas fotos actualizadas do Obradoiro.  Clica aquí ou na foto para velo.

 

 

 COMEZA A SESIÓN DO NOVO PROXECTO DESTE CURSO: ARTE, LETRAS E MOITO QUE CONTAR.

Xa sabedes, que ademais da toma de contacto cos novos materiais e neste caso, co novo espazo de traballo, un clásico é comezar presentándonos coa elaboración dun autorretrato. Todos os cursos, variamos o soporte, útiles ou técnica. Dentro deste proxecto ao redor da comunicación visual, plástica e literaria, posto que sempre verbalizamos como nos vemos e nos sentimos, desta volta, debuxámonos con ceras grosas acuarealables en follas de papel de xornal.

Poderedes imaxinar que a maioría nunca vira físicamente a prensa. Pero non é de estranar. Quen de nós, merca nestes momentos xornais en papel? De feito algunha criatura si sabía deles pero maioritariamente por avós e avoas. Deunos moito xogo e aprendimos moito desa tipoloxía textual. Título, titulares, seccións, noticias destacadas, pé de fot, anuncios, portada, contraportada.....

Coma vedes, outra dos obxectivos deste Obradoiro é poder conxugar  e traballar conxuntamente varias linguaxes.

Aquí tedes unha pequeniña mostra deste proceso. Tamén premendo sobre o debuxo.

 

 

25N.

Apesares de ser unha data que non habería que conmemorar, ben é certo que tampouco podemos ocultar ás criaturas a realidade de desigualdade e a descriminación que, por desgraza, sofren moitas mulleres, así como situacións de humillación e mesmo maltrato psicolóxico ou físico. Despois da lectura dalgunha publicacións infantiles magníficas sobre o tema e a concienciación de loitarmos nun mesmo bando, decidimos plasmar con debuxos en cartolinas negras e folios de cores, situacións de abuso a mulleres para logo deixar voar, facendo avións de papel desde as xanelas do Salón de actos para que poidera ser visto por alumnado doutros ciclos.

 

Ese é un resumo da actividade, podedes velo aquí ou na fotografía.

 

NaturArte

VÍDEO RESUMO DO PROXECTO DO OBRADOIRO DO CURSO 2021-22.

Por fin, podemos partillar con vós este vídeo, síntese de toda a nosa creación artística do curso pasado.

Este é o noso presente para estas festas.

En breve, poderedes ver, todo o realizado neste 1º trimestre.

Premede na imaxe, ou neste enlace para poder verlo.  

Agradamos que vos guste e aproveitamos para desexarvos unhas felices festas. 

natuRARTE

 Chegou gran día.

Logo dun curso intenso de traballo, por fin, puiemos ver todos os resultados na expoción de final de fin de curso, que por moi ao noso pesar, non foi posible realizala nos dous últimos curso. Nesta edicción e con gran acerto, presentámola no Salón de Actos da escola pois así foi posible que a meirande parte do alumnado de primaria ademais das familias , acuderan a visitala. Grazas ás foto grafiía de Benxa Salgado e Ramón Yoshimura  polas fotografías e a Xoán Soler por espallalo na Voz de Galicia. E por suposto no podo deixar de agradecer todo o apoio da Equipa directiva e o inestimable esforzo de moitas persoas entre as que destaco a Ernesto, Pepe, María Álvarez  e Sandra. 

Coma sempre, premede neste enlace, para ver un resumo. 

 

Espirulina.

Esta actividade nace ao igual que a clorotipia, como actividade colaborativa co Proxecto Educalai, con pigmentos, pinturas e impresións naturais. Neste caso, con espirulina en pó. A espirulina, é unha alga azul con clorofilia e con infinidade de propiedades beneficiosas para o organismo. No noso caso, utilizámola en pó, e o proceso de pintura foi tan doado como botar unha culllaradiña nun vaso de auga, remexer ben e botar o líquido e con pipetas, sobre máscaras ou papel absorvente. Na liña de concienciarnos da reutilización, reciclxe e redución de todo tipo de materia, nós utulizamos as máscaras infantiles sobrantes que quedaban no cole, coa ilusión de non ter que volver a utilizalas nas aulas. 

 

Mirade, aquí ou na imaxe o máxico efecto. 

 

Retratos na natureza  tuneados en acetatos.

 

Ao comezo de curso e de novo coa colaboracióón e xenerosidade das familias, pedinlles que por favor me enviaran por correo electrónico unha foto do seu fillo ou filla nuna contorna natural, apuntando cal era no lugar.  Deixámolo repousar ata finais de curso, euha vez impresas en branco en negro cun acetato por riba e con rotuladores permanentes, actuamos coloreándoas para personalizalas. Esta actividade, estivo inspirada nos retatos que Andy Wharholl, coloreaba co seu estilo propio e orixinal. 

Poderedes observar na fotografía, ou premento nesta palabra algun dos resultados.

CLOROTIPIAS. NaturarTe.

Que reponde a este nome tan curuioso?

Explicámosvos: dentro do proxecto deste ano e grazas á iniciciativa de Inés Fernández, unha compañeira de Musaraña de Educathysen, colaboramos na proposta artística con elaboración de producións de tintes naturais, denomidada Educalai. 

O produto final desta interesante iniciativa, é unha exposición no mes de xuño nunha sala de exposicións de Xixón, onde se poderán ver obras de moitos centros. 

So precisamos transparencias de acetato, rotuladores permanentes, follas verdes, unha copia dunnha imaxe ou fotografía e o máis importante, un chisquiño de sol. Iso foi o menos doado, ou por moito ou por pouco. Importante que as follas sexan varnosiñas. Nós utilizamos en case todos os casos as de calas e hortensia. Tamén que a follla estea fresquiña, eu métoas na neveira. Cando vos poñades, os nervios teñen que estar cara abaixo, en contacto coa tábos e a parte máis opaca da copia en acetato en contacto coa folla. A continuación colocades o cristal  ou de metacrilato e cerrade ben, como vedes na imaxe, nós usamos pinzas metáicas. Poderedes comprobar como fomos aprendendo a partires do ensaio-erro, aprendizaxe por outra banda moi significativa. 

Non desesperedes se non vos saen moitas. No noso caso tivemos que desbotar moitas. 

Déixo un enlace para que vexades a técnica. 

Aquí ou na imaxe, podedes ver o proceso dos nosos resultados.

 

 

Inspirámonos en Giuseppe Arcimboldo. naturarTe.

Probablemente o primeiro surrealista na arte. De feito,  foi esa corrente quen o volveu redescubrir, apesares de que no seu tempo, foi moi famoso pero logo caeu no esquecemento. Un transgresor e unavanzado para o seu tempo, este italiano do século XVI,  Giuseppe Arcimboldo, revolucionou o que era a pintura realista e figurativa do momento. Transforma flores, froitos, verduras, hortalizas ou animais e úsaos pasándoos a retratos en plena conexión coa natureza. 

Realizamos dípticos inspirados nos seu rertatos das estacións do ano. No lado da esquerda, fixemos collages con recortes de revistas e fotocopias de cadros famosos que tiveran elementos naturais. ONa dereita utilizamos flores e elementos da natureza que trouxeros das casas.  Decoramos a portada co nome do artista e a contraportada co noso nome con letras en vertical. 

Mirade aquí ou na imaxe as nosas versións arcimbolianas.

COBERTOR NATURAL. naruarTe.

Poucas cousas hai máis pracenteiras que estomballarle enriba dun manto natural na herba, un campo ou no bosque!

Nós fixemos a nosa recreación na aula, de novo cos elementos naturais traídos ao principio de curso. Inspirámonos na artista cubana Ana Mendieta, coñecida pola creación de obras de arte e perfonmances sempre en contaco co medio e a natureza e como medio inspirador.

Comprobade nesta entrada ou na imaxe, como nos gustou a experiencia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COMPOSICIÓNS FIGURATIVAS. natuarTe.

Moito rendemos as aportacións traídas das nosas contornas naturais para tranformalas en arte, sempre de xeito distinto. Lembrades as composicións libres dispostas en catolinas simplemente decorativas sen ningunha imaxe determinada que nos lembrase a algo? pois neste caso, realizamos obras figurativas, esculturas e collages  que se asemellaban a un obxecto ou imaxe identificable.

Mirade aquí ou na fotografía, parte do proceso e os seus resultados, absolutamente xeniais e cheos de creatividade. 

 

 Unha libélula na aula! naturarTe.

Karim, un alumno de 4º de E.I, quixo compartir con nós a experiencia vivida cos seus pais, cando un día paseoando, atoparon unha ibélula morta. Con todo mimo e coas garantías de conservación, amosóunola no nru botiño de cristal e non poidemos deixar pase a ocasión de plasmana nun debuxo, logo de observala detidamente e analizar a súa anatomía. 

Mirade aquí, como a veu cada neno e nena. 

Tamén a modo presentación, poñéndovos sobre a imaxe.

 

PEGADAS NATURAIS. naturarTe.

Estampamos distintos elementos que troxemos xa ao principio de curso dos nosos paseos e saíadas á contorna natural sobre pasta branco. Utilizamos motivos prederminados como follas, ramallos, flores, froitos, cunhas variadas...

O primeiro foi amolecer o anaco de pasta para a continuación aplastala un pouco ben coas mans ou con rolos. A continuación puxemos o elemento en contacto coa masa e presionamos para que quedase marcado.  unha vez secado e contorulades marcamos nervios e partes vaciadas. Así de sinxelo. 

Xa veredes, ou na foto ou aquí.

 

 

CORAZÓN, CORAZÓN. naturarTe.

Visita do contacontos e creador Anxo Moure.  O polifacétco artista Anxo Moure realizou para o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria un Obradoiro de reciclaxe o 15 de marzo, titulado: Corazón. Transformar o negativo en positivo. Fabricamos pasta de papel, e cunha paneira en forma de corazón, realizamos cadanseu. Previamente contoulles e dramatizou o seu libro: O carballo con botas. 

Mirade o proceso, en foto ou en presentaciónaquí ou na imaxe. 

 

NATUREZA VIVA. naturarTe

Partindo do noso imaxinario e da nosa iniciativa, debuxamos nos cabaletes e con témperas unha obra particular dalgún escenario natural. Monte, praia, campo, río, montaña...Traballamos tamén a relación contido- título, póndoñe nome á nosa obra. Neste caso, ademais preténdese que as criaturas utilicen distintos soportes e planos na pintura, como aquí o vertical, facéndoos conscientes da dificultade que conleva traballar coa témpera desta xeito por mor de que escorregue, polo que imos aprendendo co ensaio-erro. 

Aquí ou na foto quédanvos algúns exemplos. 

 

Intervención artística da pintora Noe Aragundi no comedor. 

Desta volta a iniciativa partiu de Elena, outra profesinal e artista da gastronomía. Implicada tamén sempre a fondo, tivo a iniciativa de encargar un frsco relacionado coa alimentación e o mundo vexetal a unha xenial creativa que desde o primeiro momento amosou implicación e empatía co proxecto. 

Mirade o resultado traballo do último día de Noe, co privilexio de termos unha charla con ela, narrándonos todo o proceso. Xa sabedes ou premendo aqui ou sobre a fotografía. 

 

 

CASAS DE PAXAROS, Intervindo coa nosa contorna. natuarTe.

Temos o enorme privilexio de contar cun espazo único ao carón do colexio, unha carballeira da que xa quedan poucas. Xa no primeiro trimestre realizamos unha visita para coñecela, descubrila, observala e ver as posibilidades que nos ofrecía. Grazas a ese taballo previo e por iniciativa das mestras de 6º de E.I., fomos colocar unhas casas para os paxarosque o alumnado montou antes. Actividade dentro do proxecto de Traballo que están a desenvolver coas titoras sobre as aves. O obxectivo é sensibilizarnos tamén do reino animal que existe nos bosques. Inestimable foi e é sempre a axuda de Ernesto, o noso conserxe e complentamente implicado en calquera iniciatva educativa.

Clicade aquí ou na imaxe para ver unha mostriña. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut