UN CUARTO PARA PLAYMÓBIL
Continuando co noso proxecto inspirado en CUARTO DE HOTEL de HOPPER e logo de ter debuxado o noso cuarto, pasamos ás tres dimensións e fixemos maquetas con pezas de playmóbil, inspiradas e inspirados nas propias habitacións. Canto nos gustou a actividade e canta variedade!
Gozade coas distintas e persoais composicións en plano frontal, cenital. A continuación, e para saber quen fixo cada unha aparece unha imaxe con nós mesmos.
CUARTOS DE 5 ANOS A.
CUARTOS DE 5 ANOS B.
CUARTOS DE 4 ANOS A
CUARTOS DE 3-4 ANOS B.
CUARTOS 3 ANOS B
UNHA XOIA PARA MAMÁ.
Grazas á iniciativa do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, convertémonos en deseñadoras e deseñadores de xoias. A motivación non podía ser maior, facerlle unha valiosa alfaia á nosa querida nai. Brincos, pulseiras, colares, gargantillas, broches e algún anel que quedaron así de lucidos. Clica na imaxe para ver canto, variado e fermoso deseño.
REMATAMOS DE PINTAR NOS CABALETES.
Unha actividade que non pode faltar cada curso.
Gústanos experimentar co papel en vertical. Non é difícil pero debemos controlar a témpera para que non escorregue a pintura para abaixo. Deixamos voar o noso maxín e sentímonos auténticas e auténticos pintores da Rive Gauche!
Mirádenos
AS CAIXAS PERSOAIS POR FIN!
Fin de traxecto.
Lémbrades os nosos obxectos persoais a partires do traballo iniciado coa Vig Valise? Senón, con correr un pouquechiño para adiante este blog,refrescamos a vosa memoria.
Esas cousiñas queridas,agora, forman parte das caixas colectivas que cada grupo creou. Decoramos os soportes, e dispuxemos consensuadamente os distintos obxectos.
Mirade que caixas máis divertidas e orixinais! Clicade na imaxe para velas todas e como gozamos creándoas.