Skip to Content

Blogue de marisa

DEBUXO MÁXICO

Con este nome témonos referido a distintos traballos realizados outros anos. Utilizámolo de cada vez que unha técnica por pasos nos sorprende  no seu resultado. Agora sabemos que esta é unha actividade moi coñecida, pero para nós era nova e máxica.

Utilizamos un anaco de cartolina branca e máis ceras brandas manley de cores. Pintamos anaquiños de distintas cores, cubrimos todo de cera negra e ....rascamos con algo punzante para ir creando o noso debuxo. Si, agora sabemos, estivemos utilizando a técnica dos gravados e as serigrafías.

Mirade o proceso e os resultados.

CERTAME DE ARTE ESCOLAR "Eugenio Granell"

A ILLA DOS TEUS SOÑOS

Baixo ese título, un ano máis vimos de participar no certame de arte escolar que a Fundación Eugenio Granell convoca para todos os escolares galegos. Como bos surrealistas, ao estilo do xenial pintor, imaxinamos fantásticas illas. O noso soño insular quedou recompensado cos catro premios. E a inmensa ledicia de ver as nosas obras no museo durante todas as vacacións de nadal. Preme aquí para ver as fotos

Parabéns a todas e a todos!

Premio de debuxo: Adrián Blanco.

Premio de collage: Sara Teo.

Premio de construción: Mateo Mata.

Premio do público: Naiara Sánchez.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut