Skip to Content

Blogue de marisa

O INVERNO XA ESTÁ AQUÍ

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA E.I. E 1º CICLO DE PRIMARIA CO GALLO DO 8 DE MARZO

Organizado pola Anpa, o xoves 7 de marzo, logo da volta do descanso do entroido, Carme Domecq na súa actuación maxistral da Carteira de augas claras e da compañía Cachirulo ofreceu para o alumnado de E.I e 1º ciclo de E.P., unha sesión de catro contos co gallo do Día Internacional da muller. Os contos seleccionados foron:  Eu vou comigo, Artur e Clementina, Rosa e Caramelo e a maceta de alfándega. Catro historias para reflexionar sobre a desigualdade e o machismo pero que ao final, todos por sorte, acaban con final feliz.

Aquí ou na foto podedes ver unha mostra da sesión.

 

 

FESTA DE ENTROIDO
O venres 1 de marzo celebramos como todos os anos a festa do Entroido no cole. Nesta ocasión, o tema da reciclaxe foi a nosa inspiración e en concrento o plástico e o colector amarelo o do noso noso ciclo. Grazas pola vosa colaboración e polos creativos e fermosos disfraces que elaborastes para este ano. Familias, sodes unhas artista! Mirade unha pequena mostra desde os ensaios ata o día grande. Perdoade pola calidade das fotos pero son datas que non dan para ir máis amodo. Unha vez máis podedes ver pinchando aquí ou na foto.

 

ENROIDO 19. O MECO

Como quencemento e preparación para o día grande da celebración da festa do entroido no cole, un ano máis o noso meco particular volveunos dar unha serie de consignas para irnos adentrando no ambiente festivo.

 

Asi o dispuxo o sr. Meco:

 

O luns 25 de febreiro pon un sombreiro.

O martes "por favor" trae na solapa unha flor.

O mércores a festa non remata, debes traer unha garavata.

O xoves en cada pé un zapato diferente para facer rir á xente.

Mirade aquí  ou na foto o variado repertorio que se xuntou,

 

DÍA DE ROSALÍA

Todos os anos o 24 de febreiro, celébrase o día de Rosalía de Castro, posto que ese mesmo día do ano 1837, nacía a  grande escritora. Este ano, ao caer a domingo adiantamos a súa festa e celebrámolo con varias actividades. Como ides ver nas fotos, entre todo a alumnado elaborouse un grande cartace decorado por segmentos coa súa imaxe. Ademais aprendemos poemas, recitamos os seus versos, cantamos unha canción composta para ela e como remate final, gozamos con varias pezas interpretadas por un cuarteto de música tradicional, entre as que estaba a Alborada de Rosalía.

 

Podedes ver mostra aquí ou na foto.

 

 

 

CONTACONTOS: O CARBALLO CON BOTAS.

O venres 8 de Xaneiro o escritor e contacontos Anxo moure visitounos e compartiu con nós o seu precioso espectáculo do Carballo con botas, co que engaiolou a mestras, nenas e nenos. Ademais tivo a xenerosidade de traernos unha landra para plantar, que como ben sabedes se fixo no calzado que vos pedimos. Iso si que é unha actividade completa! Xa vos daremos conta dos avances desta actividade. Mentres gozade coas fotos dese día. Tamén podedes pasar a ver a intalación do calzado que fixemos na reixa do patio exterior de Infantil. Clicade aquí ou na foto.

 

 

 

 

VISITA AO MUSEO DO POBO GALEGO

Os días 16 e 17 de xaneiro visitamos o interesante Museo do Pobo Galego en dúas quendas. Foron dúas xornadas magníficas nas que poidemos gozar dos valiosísimos obxectos do noso patrimonio coa regalía de facelo a partir de actividades lúdicas como Xogos bailados, Coscobellos ao cesto ou Raposadas. Grazas a Carme, a responsable desta actividade, polo seu bo facer.  Se queres ver comogozamos da actividade, preme aquí ou na foto.

 

 

ZUMBA E FESTA FINAL DE TIMESTRE DE E.I. 2018

Xa sabedes que é un clásico despedir o trimestre de xeito festivo entre toda a Comunidade educativa, bailando un pouco de zumba. Este ano, por mor do tempo que non acompañaba moito, celeramos as sesións por ciclos no salón de actos.

Para repoñer forzas, unha suculenta merendiña estaba agradándonos.

Mirade aquí ou na foto que ben o pasamos en Educación infantil!

XV CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

GRANELL DE NENO EN COMPOSTELA

 Como vén sendo costume o alumnado de E.I. participou na nova edición de Arte escolar que organiza a Fundación Eugenio Granell por estas datas. Nesta ocasión inspirámonos no suxerente lema: Granell de neno en Compostela.

Non perdades a ocasión de visitar a exposición de todas as magníficas obras surrealistas das nenas e nenos de Educación Infantil.

 

Clicando aquí ou na imaxe podedes ver todo o proceso.

 

ESTES SON OS RESULTADOS

Os nosos e as nosas protagonistas, posan asía de orgullosas e orgullosos coa súa obra.

Clicade aquí ou na foto para ver os fermosos resultados.

 

ADEMAIS NO 1º TRIMESTRE

DEBUXAMOS, REUTILIZANDO AS TOALLIÑAS.

Non é a primeira vez que o facemos. Reutilizamos como soporte as toalliñas cos que limpamos os pinceis noutras actividades.

Mirade que debuxos tan molóns clicando aquí ou na imaxe.

 

 

CHEGA O OUTONO

GALICREQUES. UNHA NOVA EXPERIENCIA COS TÍTERES.

Xa é un clásico a nosa participación no Festival internacional de Titeres de Santiago, Galicreques. Un ano máis, acudimos a ver unha representación á sede do SGAE en Vistalegre. Kikiriguau, unha aventura de animais nunha granxa con títeres de mesa da compañía atragonesa, Títeres sen cabeza. 

Clicade aquí ou no cartel se queredes ver as fotos desa sesión. 

 

 

 

TITIRIBERIA. OA TÍTEReS CHEGAN AO AUDITORIO DA RAMALLOSA.

O martes 6 de novembro todo o alumnado de Educación Infantil do Concello, acudimos invitados a unha sesión de títeres a cargo da compañía Mircromina, titulada A familia unida. Como o tempo non acompañaba, tivemos que viaxar en autobús ata o Auditorio da Ramallosa. Mirade canto gozamos aquí ou na   fotografía. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LOGO DO SAMAÍN, O MAGOSTO, POR FIN!

O 2 de novembro, celebramos o magosto xunto con vós, as familias. Un ano máis de xogos, castañas e cancións e baile co himno ramalloseiro desta celebración, o SamaGosto.

Aquí vos deixamos as fotos de lembranza dese día. Pinchade aquí ou na fotografía.

 

 

 

31 DE OUTUBRO, CELEBRAMOS O SAMAÍN.

E fixémolo cunha chea de actividades. Logo de traermos as nosas cabazas preciosas e variada durante toda a semana, o mércores comezamos a nos preparar para a noite de medo por excelencia, merendando unhas terroríficas viandas maquillados para a ocasión.  Despois do recreo, todo o ciclo pasámolo de medo no túnel do terror antes de subir ao salón de actos a escoitar contos e cancións que daban arrepío.

Clicade aquí ou na foto para ver canto medo xunto!

 

COMEZAMOS O CURSO!

O NOSO HORTIÑO

Con moito mimo, comezamos no mes de setembro, a plantación dos macetiros do patio exterior de infantil. Agardamos poder compartir a produción un pouquiño máis adiante cando estean a punto.

Deixámosvos testemuña do noso labor agrícola,

Pinchade aquí ou na foto para ver máis.

COMEZAMOS A ANDAINA

AGORA TÓCALLE ÁS ESCALEIRAS.

Logo da nosa intervención no muro exterior, compría adicarlle un pouco de tempo as escaleiras que levan ao salón de actos e inpirándonos no xenial pintor francés Henri Matisse e en concreto, na súa época da graza na que realizou fermosísimos recortes e collages, por mor dunha doenza que padecía e non lle permitía  realizar esforzos.  A súa paixón pola arte, levouno a  seguir creando cunha actividade que lle permitía estar máis descansado. 

Clicando aquí ou na foto, podedes ver o proceso e o resultado das coloridas escaleiras.

 

 

 

 

NOVA INTERVENCIÓN NO MURO.

Desta volta, decidimos intervir estéticamente na parte do muro que dá aos columpios. Dentro das moitas opcións que tiñamos, pensamos que sería boa idea aportar para o proxecto do centro ECOTEO, o noso grauciño de area e sementar árbores e flores da maneira que adoitamos facer no Obradoiro, expresándonos plásticamente. O tempo acompañou e o noso viveiro foi adiante.

Mirade aquí ou na foto para ver todo o proceso.

 

COMEZAMOS A ANDAINA.

ASÍ SON EU. ASÍ ME VEXO.

Comezamos un ano máis, coa motivante actividade de debuxarnos a nós mesmos. Para inspiranos, estivemos vendo distintos autorretratos de corpo enteiro de artistas famosos. Sempre é interesante, volver a repetila en máis ocasións, para ver a evolución e os cambios na produción.

Desta volta, coloreamos o noso autorretrato con ceras moles para a continuación, frotalas con papel, para quedaren difuminadas. Preme aquí ou na foto para ver máis.

CURSO 18-19

BENVID@S A UN NOVO CREATIVO  E IMAXINATIVO CURSO!

Porque diso se trata, de CREAR, imaxinando, inventando, descubrindo, artellando, xogando, experimentando, soñando, pintando, debuxando, construindo, deseñando, aprendendo, compartindo e por suposto, gozando.

Comezamos con ganas, ilusións, enerxías, e axiña ides poder ver as nosas primeiras creacións.

Mentres, compartimos con vós o traballo realizado o curso pasado coa engaiolante Sonia Delaunay, titulado Sonia a tres bandas e no que como novidade, compartimos experiencia coa aula de 5 anos do CEIP de Roxos e máis coas de 3 do CEIP Pío XII de Santiago.

Deixámosvos o enlace que Educathyssen vén de subir á súa web no que ademais do vídeo, podedes ver a ficha de todo o proceso. Tamén podedes premer na imaxe. Agardamos que vos guste.

 

https://www.educathyssen.org/sonia-tres-bandas

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN 18

ARTELLANDO. EXPOSICIÓN FINAL DE CURSO

O venres 8 e sábado 9 de xuño expuxemos un ano máis na casa Común de Cacheiras os traballos realizados no Obradoiro de Artes Plásticas este curso. Pequenos-grandes artistas! Parabéns!

Mirade que linda quedou a nosa mostra. Clicade aquí ou na fotografía

MARCELLE 18

EXCURSIÓN FIN DE CURSO A MARCELLE DE E.I.

Día intenso e fermoso! A peseres desta primavera revolta, o tempo en Outeiro de Rei, portouse e permitiunos gozar da nosa visita. Ahí vos queda a mostra  deste día. Podedes ver, moitas más imaxes, premendo na foto ou aquí.

OUTRAS PROPOSTAS

PROTAGONISTA DE XORNAL.

Volvémonos retratar de novo e coma ben sabedes procuramos ir cambiando materiais. Desta volta, utilizamos papeis de xornal como soporte e debuxámonos con todo detalle con rotuladores.

Mirade aquí ou na foto como nos vimos.

Distribuir contido


by Dr. Radut