Responder ao comentario
COMEZAMOS O CURSO 23-24
MOI BENVIDAS E BENVIDOS A ESTE ILUSIONANTE, CREATIVO E COLORIDO CURSO.
Agardemos e temos todos os desexos de que así sexa!
Antes de comezar a presentarvos as actividades e proxectos deste ano, partillamos con vós unha iniciativa conxunta co Colexio J.H. Newman de Madrid sobre fotografía e que con toda probabilidade, continuaremos este curso.
O primeiro obxectivo era dar a coñecer a os nosos novos amigos e amigas madrileños a nosa contorna, o noso centro e a nosa realidade próxima a partres das fotografías realizadas polas criaturas cunha cámara reflex da escola. Percorremos e todos os currunchos do centro e paseamos mesmo por fóra por lugares próximos. Cada neno e nena, observaba e decidía que quería fotografiar. Ademais mantivemos unha vídeo conferencia para presentarnos.
Como facemos en calquera proceso, primeiramente, documentámonos, analizamos e estudamos as partes da cámara que iamos usar, asi como doutras. Vimos varios tipos diferentes, analóxicas, con carrete, negativos...Cousas hoxe en día sorprendentes.
Primeiramente podededes visualizar como foi o proceso e os pasos que demos. Mirade nesta imaxe, ou ben premendo aquí.
E de seguido, podedes ver os resultados finais destes e destas súper profesionais da fotografía. Velaí aquí as tedes. enriba da imaxe, podedes velas en xeito presentación.