Skip to Content

Obradoiro de arte. E.I.

SONIA DELAUNAY

SONIA DELAUNAY. Arte, deseño e moda.

No 1º trimestre comezamos esta viaxe ao redor dunha grande artista que nos atrapou desde o primeiro momento polas súas pinturas e deseños de fortes cores de figuras xeométricas cheas de luz, onde o círculo é o  protagonista. Tanto é así que nos inspirou para facer distintas propostas artísticas e nesas seguimos.

Coma sempre, o primeiro que fixemos foi adentrarnos e coñecer a súa obra que ademais de pintura, consta de deseños de teas e  vestiario, e mesmo decoración de interiorismo.

Se queredes saber máis da xenial  e polifacética Sonia Delaunay, premede sobre o seu nome. Entrando no seu autorretrato podedes acceder a ver parte da súa obra.

 

PROPOSTA CON CÍRCULOS

Circulos e máis círculos. Figura clave con outras xeométricas na obra de Sonia que nos permite comprender moito mellor o que nos arrodea e achegarnos á xeometría e o razonamento espacial. 

Fixemos composicións grupais de círculos, na súa maioría concéntricos. Presentámolos  en catolina grande sobre fondos variados e previamente cos obxectos de base circular, que nos serviron para facer a contorna, realizamos pequenas instalacións sobre a mesa de luz.

Velaquí os resultados. Clicade na imaxe ou aquí.

BROCHES. PRODUTO FINAL CO CÍRCULO.Despois da proposta anterior, compría que o noso traballo se refletira nun produto final e non se nos ocorreu nada mellor que un broche persoal para que nos quedase para alardear. Clica aquí ou na imaxe para ver o proceso e os resultados.


 

 

 

 

 

 

INSPIRÁNDONOS EN SONIA!

Seguimos atrapadas e atrapados polas súas cores, e pola súa produción e atrevémonos a facer as nosas propias. Porque vendo a súa obra, só dá gana de poñerse a debuxar! Aquí vos quedan os nosos modestos borradores inspirados nela. Clicade aquí ou na foto.

SONIA SÉGUENOS A INSPIRAR.

Agora, producimos libremente con témpera e en cabalete pero sen deixar de tela presente. Aquí tedes parte do resultado. Xa sabedes, sobre a foto ou aquí podédelo ver.

 

 

 

 

 

 

 

MARCAPÁXINAS AO ESTILO DELAUNAY

Inspiradas e inspirados na pintura destes deseños textiles, que a nós nos lembraron a marcapáxinas, decidimos facer cadanseu. Premede aquí ou na fotografía dos de Sonia, para ver as nosas colororidas producións.

 DESEÑOS GRÁFICOS ORFISTAS PARA AS NOSAS ROUPAS

Seguindo a corrente artística, impulsada por Sonia e o seu home Robert,iniciamos a nosa andaina como creadores e creadoras textiles, comezando por realizar os deseños gráficos da nosa propia vestimenta. 

Preme aquí para ver que orixinais e distintos quedaron.

 EU ADORO A SONIA!

Logo dos nosos deseños en papel, decidimos pasar á intervención e vestímonos de gala, homenaxeando á nosa artista de inspiración. Como non podía ser menos, festexámolo cunha foto nun photocall.

Podedes ver as distintas imaxes por aulas. Mirade que guapísimas e guapísimos quedamos e que ben o pasamos! 

AULA DE 5 A ANOS A

AULA DE 4.5 ANOS B

AULA DE 4 ANOS A

AULA DE 3 ANOS A

AULA DE 3 ANOS B

 

 MANDALAS SIMULTANEÍSTAS

De novo, volvemos beber do inspirador taballo de Sonia, que xunto co seu home Robert creou o movemento simultaneísta, e fixemos mandalas de moitas cores como elementos decorativos. Fixádemos como quedaron aquí ou na foto.

 

 

 

 

 

 

 

INTERVIMOS NA SÚA OBRA

A estas alturas, completamente familiarizados coa obra de Sonis Delaunay, atrevémonos a intervir directamente na súa producción. En 4 e 5 anos, partindo dun frarmento dunha pintura continuamos á nosa maneira como pensabamos que ela podía seguir. Os nenos e nenas de tres, coloreamos copias dos seus cadros en branco e negro, imaxinando as cores orixinais.

Mirade os resultados. Clicade aquí ou na imaxe.

OS NOSOS NOMES AO ESTILO DELAUNAY

Fixemos estas cartelas cos nosos nomes, inspirándonos nas atraíntes pinturas de Sonia e así de coloridos quedaron. Clicla aquí ou na foto.

SAÍMOS NA TELEVISIÓN!

REPORTAXE NO PROGRAMA A REVISTA DE FIN DE SEMANA

O domingo 14 de xaneiro, emitiuse unha pequena reportaxe na TVG sobre  o noso Obradoiro e sobre a nosa participación no proxecto Big Valise do Museo Thyssen e do que xa vos falamos en moitas ocasións. Tedes que buscar o minuto 53.45. Premede sobre o enlace.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-fds-3608359

 

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

XIV DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL. O SOÑO DUNHA AVENTURA.

PREMIO DO PÚBLICO.

Logo da exposición de todas as obras participantes no Museo da Fundación Granell durante as vacación de nadal, o público votou pola súa preferida e resultou elixida esta preciosidade de Nayara González Serramito de 5 anos. Parabéns artista!Premede aquí para ver as fotos de entrega do premio.

ENTREGA DE PREMIOS NA SEDE DA FUNDACIÓN.

Este ano, o noso compañeiro de 1º, Pablo Álvarez resultou gañador na categoría de pintura. Deixamos  imaxes de esa tarde recollendo orgulloso o seu premio. Ademais podedes ver o resto das nosas producións expostas no museo.

Premede aquí ou na foto.

 

Un ano máis, vimos de participar neste certame que para nós xa é un clásico. Desta vez, tan só había que soñar cunha aventura que nos enchera e darlle plásticamente forma. collages, debuxos, pinturas e esculturas do máis variado que soñamos e imaxinamos.

PROCESO DE ELABORACIÓN.

AS OBRAS.

Para que poidades apreciar cada unha das obras, deixámosvos  mostra de cada unha delas co artista correspondente clasificadas por aulas.

AULA DE 5 ANOS A.

AULA DE 4-5 ANOS B.

AULA DE 4 ANOS.

AULA DE 3 ANOS A.

AULA DE 3 ANOS B.

 

SEGUIMOS A TRABALLAR!

ASÍ ME VEXO!

Un actividade que se repite case todos os anos e que ten como obxectivo, reflectir a imaxe que temos de nós mesm@s e ver como avanzamos e seguimos a progresar na realización do debuxo do esquema corporal. Mirade que ricos e expresivos debuxos.

 

 

 

 

 

 

 

SILUETAS DE FESTA.

Lémbrades as siluetas que fixemos para decorar o muro? Pois de decidimos poñelas guapas e así de rechulas nos quedaron. Un auténtico taballo de imaxinación e de consenso. Clicade aquí ou na imaxe para ver todo o proceso.

EXPOSICIÓN LECCIÓN DE ARTE NO MUSEO THYSSEN.

LECCIÓN DE ARTE.

UN ANAQUIÑO DO NOSO FACER NO MUSEO THYSSEN DE MADRID.

O luns 6 de novembro, inaugurábase a exposición colectiva Lección de arte con presenza de obras de importantes  artistas do panorama actual da arte e tamén do alumnado de dez centros educativos do estado,  e dos que formamos  parte, os nenos e nenas de E.I do CEIP A Ramallosa, coa obra colectiva BIG VALISSE Ademais, os  mestres e mestras que participamos, tamén aportamos o noso grauciño de area con dúas instalacións realizadas no Museo, nun curso de formación co colectivo BASURAMA, no mes de xullo. Se paseades por Madrid, non deixedes de visitar a sala 44 do Thyssen. Aquí vos queda unha pequena reportaxe da nosa pegada.

Lembrades de que se trataba? Era a maleta viaxeira que nos visitou alá no mes de xaneiro deste ano e que foi deseñada  como un proxecto intercentro que comezou a súa andaina en Vigo en novembro do 2016 e rematou viaxe en xuño do 2017, logo de percorrer 10 centros educativos de toda España. O obxectivo era coñecer a obra de dous artistas, Kurt Schwitters e Joseph Cornell, traballando conceptos como a obra colaborativa, museo portátil, territorio, pertenza, metamorfose ou o obxecto cotidiano. Se premedes na foto podedes lembrar o noso traballo.

 

 

 

 

CURSO 17-18. 1º TRIMESTRE

MUROTEO

Aproveitando este verán prolongado, comezamos a decorar o muro do patio de area que estaba recén pintando. Pensando, pensando decidimos facer as nosas siluetas para deixar constancia da nosa participación. Pero apareceunos un grande problema, non cabían 103 siluetas! Entón, argallamos facendo unha por grupo de traballo. Logo decoramos ao redor e o que si nos foi posible,  era deixar as pegadas de cada unha das nosas mans.

Prometemos continuar na primavera.

Deixamos reportaxe gráfica, premendo aquí ou na foto.

 

TEMPETEO

Xa en faena, e coas paredes baleiras, cómpre poñerse a traballar e decorar o corredor do edificio do obradoiro. Coma outas veces, intervimos estéticamente no espazo co obxectivo de facelo máis artístico e agradable.

Pincha aquí ou na imaxe para velo.

 

ASÍ SON EU

E así nos vemos con pintura de dedos. Un clásico de inicio de curso para comezar presentándonos. Clica aquí ou na imaxe para nos descubrir.

CURSO 2017-18. COMEZAMOS!

BENVID@S A UN NOVO ARTÍSTICO E CREATIVO CURSO!

Logo das merecidas vacacións estas e estes artistas ramalloseir@as poñémonos mans a obra e comezamos con todas as ganas e cun mundo de ilusión a crear, facer, debuxar, construír, pintar, deseñar, artellar, xogar, gozar, aprender, compartir... e sobre todo soñar.

E mentres imos facendo, deixámosvos a modo de presentación, unha novidade da que nos sentimos ben orgullosas e orgullosos. Educathyssen, vén de publicar na sua renovada web o noso traballo realizado o curso pasado sobre o "Cuarto de hotel" de Edward Hopper. Ahí vos queda o enlace onde podedes consultar o proceso e ver o resultado nun vídeo.

https://www.educathyssen.org/variaciones-habitacion-hopper-dimensiones-espacio-habitado

EXPOSICIÓN 2017

Parabén e moitas grazas artistas ramalloseir@s de infantil!

O venres 9 e sábado 10 na Casa Común de Cacheiras, deixamos mostra da nosa alma de artistas, con grande parte do traballo plástico realizado durante o curso no Obradoiro de Artes Plásticas.

Premendo aquí ou na imaxe, deixamos a mostra.

 

Nova entrega de cuarto de hotel

CHECKIN-IN

Logo do agotador curso, precisamos un merecido descando. Que mellor que facer parada no coñecido Cuarto de Hotel de Hopper. Por un intre, somos os auténticos protagonistas dun cadro! Ao igual que no orixinal, eliximos sombreiro, cobertor, mantiña do sillón, e deixamos o nos calzado ao pé da cama. En lugar dun horario de tren, que é o que leva a moza na man, decidimos que queriamos posar co noso libro de arte preferido. Como nos gustou ese momento de relax!

Deixámosvos as mostras por cursos.

Aula de 3 anos A.

Aula de 3-4 anos B.

Aula de 4 anos A.

 

Aula de 5 anos A.

Aula de 5 anos B.

 

PERSONALIZAMOS O CUARTO DE PLAYMÓBIL.

Continuamos o proxecto de "Cuarto de Hotel" de Hopper cunha nova proposta. Logo de realizar as nosa maquetas con Playmóbiles, e cunha copia en branco e negro, coloreámolas a noso gusto, personalizando con ceras, pastel  e acuarelas as nosas composicións.

Clica aquí ou na imaxe se queres ver.

CONVITE EXPOSICIÓN

CONTAMOS CONVOSCO! AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

                  

Distribuir contido


by Dr. Radut