Nova entrega de cuarto de hotel
CHECKIN-IN
Logo do agotador curso, precisamos un merecido descando. Que mellor que facer parada no coñecido Cuarto de Hotel de Hopper. Por un intre, somos os auténticos protagonistas dun cadro! Ao igual que no orixinal, eliximos sombreiro, cobertor, mantiña do sillón, e deixamos o nos calzado ao pé da cama. En lugar dun horario de tren, que é o que leva a moza na man, decidimos que queriamos posar co noso libro de arte preferido. Como nos gustou ese momento de relax!
Deixámosvos as mostras por cursos.
PERSONALIZAMOS O CUARTO DE PLAYMÓBIL.
Continuamos o proxecto de "Cuarto de Hotel" de Hopper cunha nova proposta. Logo de realizar as nosa maquetas con Playmóbiles, e cunha copia en branco e negro, coloreámolas a noso gusto, personalizando con ceras, pastel e acuarelas as nosas composicións.
Comentarios
Enviar un novo comentario