Responder ao comentario
CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL
XIV DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL. O SOÑO DUNHA AVENTURA.
PREMIO DO PÚBLICO.
Logo da exposición de todas as obras participantes no Museo da Fundación Granell durante as vacación de nadal, o público votou pola súa preferida e resultou elixida esta preciosidade de Nayara González Serramito de 5 anos. Parabéns artista!Premede aquí para ver as fotos de entrega do premio.
ENTREGA DE PREMIOS NA SEDE DA FUNDACIÓN.
Este ano, o noso compañeiro de 1º, Pablo Álvarez resultou gañador na categoría de pintura. Deixamos imaxes de esa tarde recollendo orgulloso o seu premio. Ademais podedes ver o resto das nosas producións expostas no museo.
Un ano máis, vimos de participar neste certame que para nós xa é un clásico. Desta vez, tan só había que soñar cunha aventura que nos enchera e darlle plásticamente forma. collages, debuxos, pinturas e esculturas do máis variado que soñamos e imaxinamos.
AS OBRAS.
Para que poidades apreciar cada unha das obras, deixámosvos mostra de cada unha delas co artista correspondente clasificadas por aulas.