Responder ao comentario
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN E.I.
O 16 de maio, día previo á celebración da data das nosas letras, volvémonos xuntar toda e Comunidade educativa da Ramallosa no Xirimbao. Un ano máis, o alumnado de Educación Infantil reunímos na nosa fraga á sombra de carballos e castiñeiros, e desta volta, convertémonos en auténticos piratas do Ulla. Grazas ao bo facer dos nosos guías, aprendemos moitas cousas de interese da nosa zona e como non, xogamos e divertímonos moitísimo. Coma doutras veces, tamén realizamos algún xogo popular e gozamos dos hinchables. Xantamos e como sobremesa, ademais do saboroso xeado, bailamos unha muñeira ao ritmo das gaitas e pandeiretas. De novo, unha xornada estupenda.
Preme aquí ou na foto para ver as imaxes