Skip to Content

Actividades E.Infantil

COMEZAMOS!

OBSERVACIÓN NOCTURNA DA LÚA

O mércores 29 de novembro, o alumnado de E.I e 1º ciclo,  asistimos a un expectáculo único. Logo dunha  tarde onde caeu algún chuvasco con arco da vella incluído, quedou unha noite despexada e  poidemos ver a lúa no seu cuarto crecente, desde un telescopio profesional, grazas á colaboración do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

É como se estivésemos alí! Foi a frase dun neno que reflite perfectamente esa experiencia.

Xa sabedes, premede aquí ou na foto para ver máis.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O venres 24, véspera da celebración do Día Internacionla contra a violencia machista, no cole deixamos a nosa pegada e o noso rexeitamento a esta lacra, cun feixe de actividades variadas. Tres nenas maiores, lenron un manifesto e todo o alumnado cantamos a fermosa canción dun grupo de mozas do IES de Cacheiras, titulada "Son muller" e co que veñen de gañar o premio na categoría xuvenil do concurso "Quero cantar" da Deputación da Coruña. A continuación, baixamos ao patio cuberto a colgar as nosas camisetas negras cos nosos desexos.

Para rematar, o alumnado de Infantil, asistimos a unha reprentación dramatizada de tres das nosas mestras do fermoso conto de Adela Turín, Artur e Clementina. Preme aquí ou na foto para ver unha selección dese día.

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O día 20 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA. Nós traballamos na aula sobre a efeméride e deixamos a nosa pegada cun material conxunto en caixas que recollían os dez dereitos básicos que debemos ter todaa as nenas e nenos do mundo. Premede aquí ou na foto para visualizalo.

 

 

MAGOSTO.

O venres 10 de novembro, celebramos a xa tradicional festa do magosto nas vésperas do San Martiño.

Pasámolo en grande! Compróbao clicando na foto ou aquí.

 

TÍTERES NO AUDITORIO DA RAMALLOSA.

O galo Quirico e os seus amigos. Compañía de Títeres 6 dedos. 

O xoves 9 de novembro, o alumnado de 6º de E.I., xunto cos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º e o alumnado do CRA, poido gozar e interactuar neste precioso expectáculo de títeres tradicionais. Esta actividade programada polo Concello de Teo, forma parte de un dos expectáculos do Festival de títeresTITIRIBERIA.

Aquí vos queda a mostra.

 

BENVIDAS E BENVIDOS!

Iniciamos este blog, co obxectivo de amosarvos todas as actividades de Educación Infantil que realizamos conxuntamente. 

Comezamos a nosa andaiana en outubro do 2017, coas terroríficas actividades que fixemos co gallo do Samaín.

Agardamos que sexa do voso interese.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/1521

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut