Skip to Content

Curso 19-20

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA. 

Ao igual que todos os cursos, o 30 de xaneiro celebramos esta importante data con distintas actividades. Como xa sabedes, previamente e mentres traballamos contidos sobre o tema, deixamos as nosas pegadas feitas coa vosa colaboración,  polos corredores do colexio. O xoves e como colofón realizamos unha fermosa instalación entre todo o alumnado e profesorado, titulada: Enlazadas pola Paz, onde deixamos en pulseiaras de cores a nosa mensaxe e desexo para un mundo mellor, e intercambiamos por outra. Ademais no noso ciclo vimos algúns cortos sobre o tema e cantamos.

 Mirade aquí a xornada. 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO. 

O luns 25 de novembro, como vén sendo habitual, conmemoramos o día da Violencia machista cun feixe de actividades co obxectivo de sensibilizarnos e por en prácica que sementando a igualdade, cambiaremos  o mundo. En Educación Infantil, participamos nas activides conxuntas cos compañeiros e compañeiras de Primaria, onde escoitamos o manifesto lido por alumnas de 6º e cantamos a versión ao galego da canción A porta violeta de Rozalén e tan ben versioneada polo profe Óscar. Ademais o noso ciclo fixo unha grande porta violeta co lema Dálle un portazo á violencia e coas nosas mensaxes e proclamas para construír unha sociedade máis igualitaria. Clica aquí ou na foto para velo. 

 

 

 

GALICREQUES. O casamento da pulga e o piollo.

Como xa manda a tradición no primeiro trimestre asistimos sempre a unha representación do Festival Internacional de Títeres Galicreques,. Desta volta, poidemos gozar, moito, moitísimo coa CompañÍa La galera de lazotea e a súa representación dunha versión do conto popular de O casamento da pulga e o piollo. Unha mestura entre títeres e dramatización con música en directo. Abofé que nos gustaron ben. 

Mirade na foto ou aquí parte da sesión.

 

 

 

 

TITIRIBERIA

O xoves 14 de novembro asistimos a unha representación de títeres do Festival de Títeres Titiriberia organizado polo Concello de Teo no Auditorio da Ramallosa xunto cos nosos compañeiros e compañeiras do CRA. Nesta ocasión gozamos coa compañía  La Pícara locuela que nos amenizou con dúas pequenas representacións: El pícaro burlado e máis El panadero y el diablo.

Mirade na foto ou aquí parte desa representación. 

 

SAMAÍN E.I 19.

Inauguramos este curso coas actividades de celebración do Samaín. Logo dunha semana intensa de traballo sobre o acontecemento, a aportación das creativas e fermosas cabazas que as familias aportastes; rematamos no mércores 30 cunhas merendas terroríficas, un obradoiro de maquillaxe que metía medo e como colofón, unha actuación da perversa bruxa Maruxa que se quería conveter en boa e que unha vez conseguido o seu propósito, amenizounos cun conto e púxonos o fermoso vídeo e conto de Corre, corre, Cabaciña. Unha vez máis, grazas polas vosa aportacións.

Mirade na imaxe ou aquí a terrorífica xornada.

 

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut