NOVAS ACTIVIDADES. E O CURSO VAI CHEGANDO A SÚA FIN!
XORNADA DE CONVIVENCIA CO ALUMNADO DE NOVO INGRESO DO CRA.
Un ano máis, démoslle a benvida os que serán os nosos e as nosas compañeiras para primeiro. Como sempre, realizamos unhas actividades lúdicas e divertidas de achegamento para irnos coñecenzo. Mirade aquí ou na fotografía que creativa xornada pasamos.
EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á ILLA DE CORTEGADA.
O martes 28 de maio, como xa ben sabedes polos comentarios dos vosos fillos e fillas, pasamos un día especial e distinto na nosa visita ao parque nacional á belísima Illa de Cortegada. Desde o traslado en zodiac, o paseo pola Illa descubrindo as súas características e os seus atractivos, o xantar de campo e os xogos ao pé do mar, todo nos emocionou e nos encantou.
Mirade aquí ou na foto unha escolma dese longo día.
QUEN TEN UN MESTRE ETNÓGRAFO?
Dentro das actividades programadas para o Día das Letras galegas, o alumnado de Educación Infantil poidemos aprender moitas cousas a través dunha teatralización posta en escena por Serafín Marcos, sobre a vida e a obra de Don Antón Fraguas, mestre, escritor, antropólogo e etnógrafo, homenaxeado deste ano pola contibución a recuperar, conservar e proxectar a memoria de Galicia.
Mirade aquí ou na foto, parte da representación.
ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS
De novo, polo tempo, tivemos que variar os plans e facer a celebración das Letras Galegas no colexio. Ben é certo, que o Xirimbao ofrece un entorno único pero o importante, é que as criaturas pasárono moi ben e poidémolo compartilo con vós, as familias. A xornada transcorreu entre un xogo de pistas onde tiñamos que atopar a Meiga e distintos xogos no patio cuberto coa regalía sempre apetecible dos hinchables.E non podía faltar a música!
Clicade aquí ou na foto para ver máis.