- EXPOSICIÓN: " RAMALLOS DE OUTONO"
O obxectivo desta exposición é amosar, por unha banda todos os elementos naturais propios desta época do ano como son froitos, froitas, cogumelos, hortalizas, follas..., e por outra banda ofrecer unha mostra das actividades máis representativas que se desenvolven na estación como son a vendima, a matanza do porco, e as festas e celebracións populares.
Os fondos serán aportados pola comunidade escolar, polo que ademais do profesorado, haberá que implicar ás familias na recollida de material. Pasarase unha circular, na que se solicitará a súa colaboración, aportando tanto os elementos naturais arriba citados como eses outros artificiais que tratan máis da parte antropolóxica da exposición. Neste caso, poderase contribuír con ferramentas e fotos antigas e actuais sobre a matanza, as festas como o magosto, a celebración de Santos, a recollida nos soutos...É importante que todos os materiais que se recollan en préstamo, leven a identificación do alumno/a, e a poder ser unha breve ficha onde figure a data, o lugar, descripción da escena (no caso das fotos), ou nome, ano, utilidade, descripción ou características...(no caso de ferramentas).
Paralelamente, farase unha recollida nas aulas de ditos, refráns, coplas, adiviñas, retahílas, trabalinguas, contos populares, lendas, receitas que versen sobre todo o relacionado co outono e os acontecementos que se desenvolven nesta época.
Elaboraranse plantillas diferenciadas por ciclos, nas que se escribirá o aportado e que se colocarán polos corredores da escola, para a súa difusión. No caso de textos máis longos como as lendas, contos ou receitas poderiase barallar a idea de facer plantillas maiores ou ben darlle un formato de libro.
Unha vez rematada a exposición, a idea é pasar toda a información a un libro monográfico sobre o tema.
Esta idea, pódese repetir con otras festas e celebracións que se dan noutras épocas do ano como o nadal, o entroido, a primavera...
Invítase ao alumnado a realizar obras de expresión artística, ben de pintura ou con outras técnicas de expresión plástica. No tocante á pintura, poderanse realizar obras individuais ou colectivas de creación propia ou con modelos ( a xeito de copistas), en distintos soportes e con diversos elementos.
Con elementos naturais, como castañas, follas, ramallos... poderán crear todo tipo de obras plásticas. Incluso, pódense atrever con algunha das partes do muro do patio.
Como vén sendo habitual, a víspera do día de San Martiño, celebraremos a Festa do Magosto.
Ao igual que outros anos, antes dese día os nenos e nenas traerán cabazas troqueladas e adornadas como se fan para Santos, para expoñer o día da festa.
Con anterioridade a ese día, invítase ás aulas a que realicen cartaces anunciadores da festa do Magosto.
Xa na propia xornada e tal como se vén facendo outros anos, realizaránse xogos populares, prepararase algunha cantiga, e como non, asaranse e comeranse castañas.
Estades todos convidados!!!!
http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/webantiga/uni/outono.html actividades feitas con Edilim sobre o outono.