Responder ao comentario
MAGOSTO 08
O día 10 de Novembro celebramos o magosto no patio do colexio.
Como xa ven sendo tradicional fixemos xogos: trompos, carreiras de castañas, canicas, bolos guiamos aros... e a continuación comemos as castañas ¡que boas estaban!.
A novidade deste curso foi un concurso de trompos:tratábase de ver quen o facía bailar máis tempo.A cousa estivo ben reñida e ao final os primeiros clasificados foron: Eloi Rodríguez Gómez , Borja Blanco Guzmán, Manuel Camino Nieves e Bruno Montes.
Se queredes ver todo o que fixemos facede clic no vídeo.